Phoenix Criminal Lawyer

Blog Search

Calendario

Agosto 2017
M T W T F S S
« Xan    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Artigos recentes

Ao señor Rouco este conto dos crucifixos parécelle fatal.

E iso que aínda non sabemos ben como vai quedar a proposta que se votou no Parlamento, que nin eles mesmos se poñen de acordo, que xa dixeron que xo e que arre uns e os outros. E non se aclaran nin moito nin pouco.

Que si afectará soamente as escolas públicas,  que si tamén ás que non o son (pero cobra de papá Estado coma se o foran), que si a todas, que si a ningunha. Como dicía aquela amiga miña de Bilbao, lo más seguro es que quién sabe…

Pero por si acaso, o señor Rouco apresurouse amablemente a ilustrarnos acerca do correcto funcionamento da democracia, non vaia selo demo que nos desencamiñemos ás primeiras de cambio:

“La democracia funciona con la libertad, no con la imposición; facilitando el que se pueden ejercer los derechos y no limitándolos”

Ante tamaña clarividencia, quen pode dubidar da iluminación do Espíritu Santo, polo menos?

Pero, ¿e logo o Parlamento?, poderíades preguntarlle vos, se cadra.

Pois xa volo digo eu sen axuda do Espíritu Santo nin nada: unha panda de roxos  (e algún masón polo medio).

E a  o Tribunal de Estrasburgo? , seguirá preguntando algún pesado por aí adiante.

Pois está claro que, ademais de todo iso, os seus sete xuíces son, un detrás do outro,  miopes de solemnidade .

Se non fora porque un empeza a estar cheo destas caralladas resultaría mesmo entenrecedor  escoitar aos dirixentes da organización máis facha e menos democrática do mundo, esa na que os xefes nomean ao seu antollo aos que posteriormente elixirán aos novos xefes,  impartir leccións de democracia sen pestanexar nin mostrar manifestación externa algunha do máis mínimo rubor.

Claro está que porque non coñecen a vergoña.

¿Pero que carallo saberán estes tipos de democracia si na puñetera vida a practicaron?

Dijo eu.

¿Ou non?

¡Última hora!: un reportero de Ninsesabepuntocom infiltrado na Conferencia Episcopal está en condicións de filtrar a proposta que tan digna institución vai presentar ao Presidente do Goberno, en busca da concordia neste asunto (coma en tantos outros).
Vai ti a saber se aceptará ZP.

crucifijo_escuela(Tomado de El chiste de Mel)

O señor Bilbao Orozco, xefe de máquinas do Alakrana, acaba de declarar, primeiro na COPE e logo en Antena3, entre outras moitas “lindezas”, que a xestión do goberno para liberar o barco foi  “asquerosa”.

Demostra con iso, entre outras moitas cousas, ser un home moi pouco agradecido.

Gustaríame dicirlle ao señor Bilbao Orozco o que penso, non da súa persoa, que sei que fago mellor  calando, senón do secuestro e da xestión do goberno, que parece ser que é o único que fixo todo mal neste embrollo.

Eu penso que este goberno, que tanto el despreza, mobilizou, acertada ou erradamente, tódolos recursos que considerou necesarios co único obxectivo de conseguir a  liberacióne da tripulación do barco. E que iso debería bastar para que as críticas que lexitimamente estime oportuno facerlle  non fosen tan ruíns.

E penso, ademais,  que debería estar moi contento e razoablemente tranquilo.

Moi contento, porque está san e salvo xunto aos seus, e non tódalas persoas que foron secuestradas neste país poden, desgraciadamente, dicir o mesmo.

E razoablemente tranquilo, porque si no futuro volvera a poñerse a fronte das máquinas dun  barco e tivera a mala fortuna de ser de novo secuestrado, este goberno, ou calquera outro, volvería a facer todo canto estivese nas súas mans por liberalo.

Mesmo que navegase baixo non se sabe moi ben que bandeira…

E aínda que optase, coma neste caso, por ir pescar moi lonxe da zona de seguridade establecida polas autoridades encargadas de protexelos, aumentando desta maneira os riscos, en aras duns maiores beneficios económicos.

Para ser máis exactos, dentro da Zona Económica Exclusiva de Somalia.

O que por certo ven sendo, nin máis nin menos, un acto de piratería…

Dijo eu.

¿Ou non?

Xa se sabe que o que non  morre sempre aparece.

E mesmo os que morren resucitan.

Disque.

E resucitei co conto do Alakrana.

Debo confesar que estou perplexo. Eu, que me consideraba curado de espantos.

E tan perplexo estou que non dou feito poñendo en orden as miñas ideas, ou mellor dito as miñas dúbidas.

Interrogante tras interrogante amoréanse un tras outro nos meus miolos sen solución de continuidade e, claro está, sen resposta lóxica ningunha.

Porque para min é totalmente nova esta expresión de “xestionar” un secuestro. Eu pensaba, imbécil de min, que nun secuestro o único que non podía facer un Estado democrático era ceder ao chantaxe.  Así que xa vedes que equivocadiño estaba…

Nunha próxima entrega formularei todas as miñas preguntas sobre o tema, a ver se me axudades a entender algo.

Agora voume centrar no que dixo don Mariano, o negociador, experto en resolver conflitos de todo tipo, como seguramente recordaremos todos por estes lares. Aquí o tendes, pletórico:

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/KRno9rGIXow” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]

Así que a cousa foi moi malamente, é dicir, casi que malamente de todo: pesimamente.

Pero claro, tendo en conta que todos os mariñeiros están nas súas casas sans e salvos cabe preguntarnos como cualificaría don Mariano o asunto se houbera, por exemplo, un par de vítimas entre a tripulación.

Claro está que o asunto sería entón peor que pésimo ¿Por exemplo superpésimo?

¿E si en vez de dous mortos fosen 10? ¿Superhiperpésimo?

¿E se morresen todos menos un par deles? ¿Supermegapésimo?

¿E se morrese todo quisque e por riba se afundise o barco e houbera un tsunami que arrasara a costa de Somalia  de arriba abaixo?

Seguramente que a cousa sería entón supermegahiperpésima. Pero non de todo, de todo, de todo…que as cousas sempre poden ir a peor.

Pero resulta que este homiño, aínda que pareza mentira, xa estivo no goberno de España.

E vexo en Escolar.net que houbo un momento, aló polo ano 2001, no que tivo que “xestionar” un secuestro.

E o devandito secuestro durou 373 días. Efectivamente, máis de un ano.

Aquí vos deixo os enlaces para a vosa comodidade.

Rajoy promete presión “absoluta” sobre Georgia para la liberación de los españoles secuestrados

La pesadilla de Temiño y de Rogríguez Cabal duró 373 días en la lejana Georgia.

Esto si que é “xestionar” un secuestro de forma óptima.