Phoenix Criminal Lawyer

Blog Search

Calendario

Agosto 2017
M T W T F S S
« Xan    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Artigos recentes

Os medios de comunicación divulgan hoxe dúas noticias, ben diferentes entre sí, seino eu, que me chamaron a atención. Coma nos chistes clásicos, unha é boa, e a outra mala. Alomenos para min.

Empezamos, claro está, pola boa.

Nada menos que o Hospital Clinic, a Universidade de Barcelona e o Instituto de Salud Carlos III  presentaron onte no Colexio de Médicos de Gijón, un estudio sobre «Cerveza, dieta mediterránea y enfermedad cardiovascular». A conclusión é que os consumidores habituais de cerveza de forma moderada (disque como máximo tres cañas diarias, terei que facer  un pequeno esforzo para alcanzar o consumo óptimo) presentan  por esa causa “hábitos dietéticos más próximos a la dieta mediterránea y reúnen menos factores de riesgo cardiovascular que las personas abstemias”.

Modestamente debo dicir que eu xa cheguei fai tempo a esa conclusión. Era imposible que co ben que me senta a caña das 13:30 na Despensa  Galega (agora chamada La Bellota, que cambiou de donos pero non de filosofía) tivera ningún tipo de efecto pernicioso para o meu organismo.

Incluso escribín unha entrada neste conto na que defendía a miña filosofía vital (se algo che senta ben no momento de consumilo non pode ser malo para o organismo) basándome no argumento, incuestionable polo que se ve, de que a comunidade científica vai vindo pouco a pouco ao rego: as sardiñas primeiro (¡pobre Mámá Lela, miña sabia avoa, cantas perdiu de comer pola iñorancia dos médicos), despois o xamón, logo o chocolate, a continuación o viño tinto e finalmente a cerveza foron pasando de ser productos malditos a ser casi, casi, de consumo obrigatorio parfa aqueles que decidan vivir saludablemente. Calquera día incorpóranos ao catálogo de medicamentos…

Como eu xa tomo de todos eses manxares sempre que podo e me apetece, espero que agora descubran as bondades do viño branco. Porque o tinto béboo por prescripción  facultativa (¡e agora tamén a cerveza!), pero o branco, de momento, por intuición…¡e por puro vicio! Pero xa veredes como o tempo hame dar a razón.

E agora a noticia mala.

Perdamos definitivamente toda esperanza: no Purgatorio tamén hai lume.

¡Cajonodemo!

Parece ser quer é un lume interno, pero lume a fin de contas. E aquí si que se me escazolan todos os meus proxectos de futuro a medio e longo prazo.

Porque claro, ao Limbo non estaría de todo mal, pero non podo ir  porque resulta que o liquidaron (¿recordades?)  fai xa catro anos. Queda pois definitivamente descartado.

O do Ceo xa nin pensalo. Como comprenderedes, co meu currículum non teño a máis mínima opción. Pero a decir verdade, tampouco é que me apeteza moito, dito sexa sen ánimo de despreciar. Aquelo ten que estar “petado”  de curas e demais beatería, xente en estado de meditación contemplativa permanente e rezando a diestro e siniestro (con perdón). Non se me ocorre nada interesante para pasar o tempo nese lugar tan divino.

E claro, o Averno ten o seu aquel: por moito que Víctor Manuel diga eso de que “en el Infierno no se está tan mal”, a verdade é que debe facer un  calor do carallo. Por unha parte mesmo me apetecería, porque alí deben estar empadronados os tipos (e tipas) máis intereantes que pasaron por este puto mundo. Pero e que…¡A min a calor mátame!  Así que, de poder ser, preferiría outra cousa, que non penso eu que mereza tanto lume despois de todo.

En fin, que me quedaba o Purgatorio, unha solución cómoda e intermedia polo menos para ir tirando mil ou dos mil aniños, e lojo xa veríamos.

Pero con esto do lume interno que acaban de descubrir xa non sei que pensar.

Cando eu era neno estas cousas estaban moito máis claras: o Limbo era o Limbo e só podían entrar nel os que morrían sin bautizar nin cometer pecado ou os que naceran antes de Cristo, que sería unha putada mandalos ao Inferno, por moito que pecaran. O Ceu era o sitio da felicidade eterna e infinita. O Inferno estaba cheo de caldeiras ardendo nas que se chamuscaban por toda a eternidade todo tipo de esquerdistas (masóns, comunistas e demais roxería), baixo a supervisión de Pedro Botero. E no Purgatorio, ainda que te metían para que purgases os teus pecados, non había ningún tipo de lume, interno nin externo (nin mediopensionista).

Pero xa vedes como, ata o inmutable cambia. Vivir para ver, que decía o outro.

Ainda que tamén pode ser que se confundira o Papa, que ás veces xa ten ocurrido. Ou que os instrumentos de verificación da realidade física do Purgatorio utilizados polos científicos do Vaticano estean aínda pouco perfeccionados. Ao mellor, o  que a el lle parece un lume interno non é máis que algún tipo de ardor menos metafísico e máis prosaico e propio da natureza humana. Poñamos por caso un ardor de estómago, ou unha esofagitis,  que a mín ás veces pásame. Ou, sen ir máis lonxe, un sofocón por mor dun exercicio físico violento, que a min xa non me pasa pero a vos pódevos pasar, se cadra.

E a fin de contas si só se tratase diso ou aljo semellante (esperemos a ver en que queda o conto) e me deixasen levar unhas cerveciñas para refrescarme, agora que son boas…¡apúntome!

Dijo eu.

¿Ou non?