Phoenix Criminal Lawyer

Blog Search

Calendario

Agosto 2017
M T W T F S S
« Xan    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Artigos recentes

Xa se sabe que o que non  morre sempre aparece.

E mesmo os que morren resucitan.

Disque.

E resucitei co conto do Alakrana.

Debo confesar que estou perplexo. Eu, que me consideraba curado de espantos.

E tan perplexo estou que non dou feito poñendo en orden as miñas ideas, ou mellor dito as miñas dúbidas.

Interrogante tras interrogante amoréanse un tras outro nos meus miolos sen solución de continuidade e, claro está, sen resposta lóxica ningunha.

Porque para min é totalmente nova esta expresión de “xestionar” un secuestro. Eu pensaba, imbécil de min, que nun secuestro o único que non podía facer un Estado democrático era ceder ao chantaxe.  Así que xa vedes que equivocadiño estaba…

Nunha próxima entrega formularei todas as miñas preguntas sobre o tema, a ver se me axudades a entender algo.

Agora voume centrar no que dixo don Mariano, o negociador, experto en resolver conflitos de todo tipo, como seguramente recordaremos todos por estes lares. Aquí o tendes, pletórico:

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/KRno9rGIXow” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]

Así que a cousa foi moi malamente, é dicir, casi que malamente de todo: pesimamente.

Pero claro, tendo en conta que todos os mariñeiros están nas súas casas sans e salvos cabe preguntarnos como cualificaría don Mariano o asunto se houbera, por exemplo, un par de vítimas entre a tripulación.

Claro está que o asunto sería entón peor que pésimo ¿Por exemplo superpésimo?

¿E si en vez de dous mortos fosen 10? ¿Superhiperpésimo?

¿E se morresen todos menos un par deles? ¿Supermegapésimo?

¿E se morrese todo quisque e por riba se afundise o barco e houbera un tsunami que arrasara a costa de Somalia  de arriba abaixo?

Seguramente que a cousa sería entón supermegahiperpésima. Pero non de todo, de todo, de todo…que as cousas sempre poden ir a peor.

Pero resulta que este homiño, aínda que pareza mentira, xa estivo no goberno de España.

E vexo en Escolar.net que houbo un momento, aló polo ano 2001, no que tivo que “xestionar” un secuestro.

E o devandito secuestro durou 373 días. Efectivamente, máis de un ano.

Aquí vos deixo os enlaces para a vosa comodidade.

Rajoy promete presión “absoluta” sobre Georgia para la liberación de los españoles secuestrados

La pesadilla de Temiño y de Rogríguez Cabal duró 373 días en la lejana Georgia.

Esto si que é “xestionar” un secuestro de forma óptima.

5 Responses to “ PESIMAMENTE ”

  1. # 1 Toño Randeeira Says:

    Rajoy xa demostra tódolos días que é incapaz de xestionar o seu propio partido. Aínda é peor Fernández de la Mesa que fala de improvisación e non se acorda do Prestige

  2. # 2 Zeltia Says:

    pois eu case vou esperar que resolvas tí todas as túas dudas, nolas contes, e así xa teño o traballo feito… (que non estou para romper a cachola)

    xa case tiña esquecido o camiño cara o teu blog, de vir tantas veces e topar a porta pechada

  3. # 3 vakastolas Says:

    Isto é resucitar. Agardamos as preguntas (creo que de difícil resposta e máis aínda para os desentendidos en xestións de todo tipo, coma é o meu caso). Saúdos e benvido ao mundo dos vivos.

  4. # 4 Barreira Says:

    Canto tempo carallo!!!!. Pois a ver si preguntas mais a miudo.
    O de xestionar secuestros que llo conten ás familias dos secuestrados ou aos propios secuestrados.
    Saudos.

  5. # 5 F. Míguez Says:

    ¡Pois é bo que vostede resucite, e que con vostede traia a memoria, que falta fai!