Phoenix Criminal Lawyer

Blog Search

Calendario

Agosto 2017
M T W T F S S
« Xan    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Artigos recentes

Primeiro cheguei a cabrearme, que por veces nunca acaba un de acostumbrarse á estupidez humana. Logo esta xente de Se lo que nos figestes déronme a clave e cheguei a conclusión que o mellor que un pode facer é tomalo de coña.

Pero os de Se lo que nos figestes nos últimos 525 anos non poden estar en todo; e a pesares de que son un sitio altamente recomendable onde os haxa, lugar no que tamén atopei este Alalá e outras moitas cousas moi enriquecedoras (agradézolle na alma á miña irmá Nela que me puxera na pista, Neliña, ti si que estás en todo), non repararon, penso eu, nun aspecto da chapuza ao que eu lle viña dando voltas nos últimos días.

Non sei se vos decatariades, pero a chapuza é manifestamente susceptible de ser empeorada, xa que non aborda como é debido tres aspectos transcendentais da educación dos nosos púberes, a saber:

  • Que idioma, ou idiomas, deben usarse nas clases dos diferentes idiomas, valga a redundancia.
  • En que idioma, ou idiomas, deben impartirse as “marías”.
  • En que idioma, ou idiomas, debemos os docentes, chegado o caso,  dirixirnos aos discentes, e viceversa, no recreo ou tempo de lecer, aquel período de tempo dentro do horario escolar que algún outro cerebriño da consellería ou do ministerio, xa non recordo ben,  denominou no seu día como “segmento de ocio”…

Así que, despois de bastante elucubrar, non vaiades pensar que parir chorradas é tan doado (e si non preguntade na Consellería de Educación), aquí está o meu graíño de area para complementar definitivamente a famosa enquisa, que deste xeito enriquecida pasaría a ser por dereito propio a nai de tódalas enquisas, polo menos.

APARTADO A / SEPARADO A

1. En que lingua(s) preferiría que o seu fillo/a cursase o inglés de cada curso? /¿En que lengua(s) preferiría que su hijo/a cursase el inglés de cada curso?

  • Castelán /Castellano
  • Español / Español
  • Luns e mércores en castelán e martes e xoves en español  /Lunes y miércoles en castellano y martes y jueves en español.
  • Luns e mércores en español e martes e xoves en castelán / Lunes y miércoles en español y martes y jueves en castellano.

2. En que lingua(s) preferiría que o seu fillo/a cursase o francés de cada curso? / ¿En que lengua(s) preferiría que su hijo/a cursase el francés de cada curso?

  • En normando / En normando
  • En calabrés / En calabrés
  • En bretón / En bretón.
  • En sardo / En sardo
  • En corso / En corso
  • En swahili /En swahili
  • Outras posibilidades: indicar (pero sen pasarse que nos coñecemos, vermellos, máis que vermellos) /Otras posibilidades: indicar (pero sin pasarse, que nos conocemos, rojos, más que rojos)

APARTADO B/ SEPARADO  B

1. En que lingua(s) preferiría que os profesores/as se dirixiran ao seu fillo/no segmento de ocio? / ¿En que lingua(s) preferiría que os profesores/as se dirixiran ao seu fillo/a no segmento de ocio ?

  • Sempre en castelán / Siempre en castellano
  • Indistintamente en castelán ou en español /Indistintamente en castellano o en español.
  • En castelán e en francés e/ou inglés / En castellano y en francés y/o inglés
  • Cuarto e metade / Cuarto y mitad
  • Tanto che me ten / Tanto te me tiene

APARTADO W   / SEPARADO W

1. Que “marías” preferiría que o seu fillo/filla cursase en castelán? / Que “marías” preferiría que su hijo/a cursase en castellano?

  • Todas / Todas
  • Maiormente todas / Mayormente todas
  • Case todas / Casi todas
  • Máis ou menos case todas/ Más o  menos casi todas
  • Todas menos unha  (ou dúas)/ Todas menos una (o dos)

2. Que “marías” preferiría que o seu fillo/filla cursase en galego? / Que “marías” preferiría que su hijo/a cursase en gallego?

  • Ningunha / Ninguna
  • Pito pito, gorgorito / Silbato, silbato, gorgorito.
  • María Auxiliadora /María Auxiliadora
  • María da O / María de la O
  • María Santísima /María Santísima

Agora en serio, falando de todo un pouco, hai que joderse con estes tipos.

Dijo eu.

¿Ou non?

7 Responses to “ A ENQUISA ”

  1. # 1 barreira Says:

    Esto a min pareceme unha perda de tempo. E un derroche de cartos tamén.
    En fin, ao darlle moito a lingua (organo insertado nalgún buraco da faciana) en campaña electoral, é o que resultado que dá.
    Saudos.

  2. # 2 marinela Says:

    aí falta un apartado fundamental:
    -en q linguas quere q lle rife ao seu fillo??/en q lenguas quiere q le sortee a su hijo?

  3. # 3 Ninsesabe Says:

    ¡Cajonodemo! ¡Xa sabía eu que faltaba algo! Moi ben, Neliña, moi ben, si señora.

  4. # 4 Alberte Says:

    O deste inquérito para o ensino galego é como o da uralita para a construción. Unha chapuza, vamos.

  5. # 5 Alfredinho Says:

    Pra min a palabra a usar é \indignante\… pero penso que a vou ter que usar moito nos vindeiros 4 anos, así que vouna aforrar, porque ó fin e ó cabo… El pueblo de la marisquería de Madrid ha decidido que gobierne el Partido Popular

  6. # 6 Karlosman Says:

    Eu xa pensara en dedicarlle unha entrada a esta “enquisa”, pero se lle pode meter o dente desde tantos ángulos que non sei por onde empezar. Unha boa opción é esta: tomala a cachondeo. Se algún día atopo folgos igual me poño…

  7. # 7 Zeltia Says:

    ostris, non vira a enquisa esta!, está cojonuda, co añadido de nela, xa, para patentala!