Phoenix Criminal Lawyer

Blog Search

Calendario

Agosto 2017
M T W T F S S
« Xan    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Artigos recentes

Non vos alarmedes: é en Chile.

Con esto do feisbúk un coñece xente de polo mundo adiante sen saír de diante do ordenador.

Así foi como coñecín a un chileno co que entablei unha boa relación.

Este home acábame de deixar no meu muro a seguinte mensaxe:

MIRA AQUI EN CHILE VAN A CONSTRUIR UN MUSEO PARA LA MEMORIA, QUE EXPONE LAS ATROCIDADES DEL RÉGIMEN MILITAR, CUÉNTAME SI EN ESPAÑA EXISTE ALGO PARECIDO.

Tendes que axudarme.

A ver como lle explico eu a este home que aquí, en España, o que queren é meter no cárcere ao xuíz ( ao único xuíz) que se atreviu a iniciar unha causa contra os crimens do franquismo.

Por prevaricación.

Este conto non ten xeito.

Dijo eu.

¿Ou si?

7 Responses to “ MUSEO DA MEMORIA HISTÓRICA ”

  1. # 1 barreira Says:

    Non sei se o hai ou non, pero debería. Pódeslle dicir que temos unha lei da memoria histórica pola que se fai todo o posible para reparar os danos causados por outros. Ainda que eu non a comparto ao 100%, xa que o de cambiar nomes das calles e demais chorradas (que supoñen un gasto importante) non me quitan a dor de cabeza. Si fora gratis pareciame moi ben, pero coido que hai moito onde gastar os cartos e non en lavados de cara que non van cambiar nada.
    Saudos.

  2. # 2 Toño Randeeira Says:

    O mundo do revés!

  3. # 3 Larvós Says:

    A verdade é que dá vergoña contalo. É posíbel que, dentro duns anos, cando esta triste Hespaña evolucione o suficiente, teñamos que construir dous museus: un da memoria histórica, e outro da vergoña histórica. Por que iso, vergoña, é o que damos.

    Saúdos

  4. # 4 marinela Says:

    dille q nós non temos, pero q se lle vale en portugal…jeje
    alí si q teñen, o museu da resistencia de peniche, cárcere onde estiveron presos moitos dos opositores ao réxime
    vamos, é como se aquí fixeran un museo da memoria histórica en carabanchel, ou algo así…
    xusto o q piden estes!!:http://salvemoscarabanchel.blogspot.com/

  5. # 5 O Raposo Says:

    ESte país non ten remedio. O final vai resultar que Franco foi un benefactor, que os fusilados e desaparecidos foron unha especie de control de poboación para ben da sociedade, e que Garzón é o malo, malísimo o que hai que meter na cadea.
    O dito, o mundo o revés.

  6. # 6 Carlos Sousa Says:

    Que vai haber museo, se malamente deixan exhumar as tumbas, para entregalles os corpos ás familias.

    Seguimos sendo un país de fachas, aproba foi este domingo.

    Un saúdo.

  7. # 7 vakastolas Says:

    Ou a denuncia contra o historiador Dionisio Pereira… unha vergoña, non sei se é mellor facerse o sueco ou facerse sueco.