Archive for maio, 2008

PESTOL

« 30 maio 2008 | 9:59 | Manda chover na Habana | 3 Comments »

A verdade é que o anuncio está ben feito, pero cada vez que o vía poñíame dos nervios...

Afortunadamente rectificaron as imaxes para adaptalas á realidade deste puto mundo no que nos tocou vivir.

(Gracias a Nela, a miña irmá, que está en todo)

Chuzame! chuzame -


CHIKILICUATRE

« 24 maio 2008 | 12:42 | Un sorriso, por favor | 11 Comments »

Case mellor non dicir nada.

Si acaso que o do Fary vai ser que non.

Graciñas ó meu afillado Nando, sempre na fura de diante, como ten que ser.

Chuzame! chuzame -


FALOU A VACA…

« 21 maio 2008 | 21:34 | Dijo eu ¿ou non? | 1 Comment »

...e dixo ¡muuuuuuuuuuuuuuuú! Como non podía ser doutra maneira, claro está.

Así que jracias á iluminación do divino, xa Mariano está en condicións de poñer en práctica o método de selección máis axeitado para o formar o seu equipo á fronte do partido. Non pensedes vos que a idea motriz é tan fácil de descubrir, pero para iso teñen no PP a FAES e o Homiño que a dirixe. O conto ven sendo, basicamente, escoller ós mellores. Como vedes, un concepto nada fácil de asimilar para a maioría dos mortais. A ver se toma nota tamén Luis, e non se lle pasa pola cabeza chamar á selección ós do Celta, por poñer un exemplo.

Cando escoitei semellante parvada e aqueloutro de que "antes y ahora" ven sendo "siempre", expresada coa solemnidade propia dos homes que destacan pola súa arrogante estupidez, púxenme a cavilar, que ás veces ata eu cavilo, nas causas que levaríann ó Homiño a darlle consello tan superfluo ó seu antigo palanganero. E chejei a aljunhas conclusións que, de xeito desinteresado, poño á vosa disposición.

A ver.

Se o Homiño pensa que necesita ilustrar a Mariano no sentido de que debe escoller ós mellores antes que ós peores, é porque pensa que Mariano non sabe que son mellores os mellores que os peores, non sei si me explico. E si pensa que Mariano non sabe tal cousa, e que está convencido de é tonto do cu, polo menos.

Pero claro, isto lévanos inmediatamente á conclusión de que, fai uns anos, o Homiño en vez de escoller a un dos mellores para sucedelo, escolleu a un paspán irrecuperable.
E, consecuentemente o Homiño tamén ten a cualidade da jilipollez intrínseca, ademais doutras moito peores e que agora non veñen ó caso. Porque podendo escoller a un dos mellores para sucedelo, escolleu a un estúpido que non sabe que hai que coller ós mellores antes que ós peores.

En fin, vaia lío ¿nonsí?

Pero é que ademais ¿de onde vai sacar Mariano ós mellores, si xa tódolos mellores formaron parte do equipo do Homiño?

Recordemos:
Alvarez Cascos, o cazador do quinto pino, Aceves e Zaplana, os do ácido bórico (sin descartar outras vías de investigación), Federico Trillo, o da illa Perejil e do Jakolev ou como se escriba, Ana Palacios, a que nos anunciou as bondades da invasión de Irak porque ía baixar o petróleo (¡que visión de futuro!), o aqueloutro das vacas tolas e aqueloutra do osiño de porco no caldo, e tantos e tantos outros que farían a lista interminable… Por non falar do propio Homiño, que ainda hoxe afirma aló onde lle prejuntan, que a desfeita de Irak era necesaria. Que xa fai falla ser estúpido, ou malnacido, ou as dúas cousas e aljunha máis, para sejir afirmando semellante atrocidade.

En fin, que os bos todos están co Homiño, ainda que non sairan na foto das Azores. Así que a Mariano non lle queda outra que coller ós peores.

Pero peor, o que se di peor, non sei eu se o dará feito o probe de Mariano.

Dijo eu.

¿Ou si?

Chuzame! chuzame -