A Unión Europea acaba de lanzarlle un durísimo ultimátum a China con este conto da ceremonia de inauguración dos Xogos Olímpicos. Veulle a dicir, máis ou menos, que como non sexan sensibles co tema dos dereitos humáns, van a saber o que vale un peine. Ou sexa, que se van a cabrear moitísimo, pero moitísimo moitísimo, e mesmo vanse poñer a xurar en hebreo, polo menos.
É, ó mellor, se os chinos se poñen moi chulos, nin siquera van a ceremonia de marras, aínda que teñan que perder a comida da inauguración. Non se trata dunha resolución de obrigado cumprimento, pero os europeos cando nos poñemos serios somos capaces de calquer cousa. Así que xa poden os chinos poñerse a temblar de medo.
A min todo isto paréceme unha carallada. Aparte dunha enorme hipocresía, claro está. Porque si verdadeiramente o que queren e darlle unha lección a China, e zouparlle onde máis lle doe, o que teñen que facer é, supoño eu dende a miña ignorancia , deixar de comerciar con ela. Ou sexa, un boicot tipo Cuba, por exemplo. Supoño que tan dictadura será unha como a outra. Xa non dijo eu de invadila como fixeron con Irak...
Pero claro, dando unha voltiña pola rede podedes averiguar, se sodes curiosos, que dende que Deng Xiaoping comenzara a chamada "apertura", aló por 1978, o comercio bilateral UE-China multiplicouse por 40...Pecata minutaSegundo estes datos que podedes atopar facilmente, no ano 2004 chegaron ós 170.000 millóns de euros, que eu xa me perdo con estas cifras de tantos ceros. Nos últimos anos numerosas empresas da Unión Europea realizaron fotísimas inversións en China, por un promedio que anda polos 4.200 millóns de dólares anuais, con unha IED europea que supera os 35.000 millóns de dólares naquela colosal dictadura (acábome de enterar de que estas siglas queren dicir Inversión Estranxeira Directa, ou sexa, colocación de capitales a longo plazo noutro país).
E todo isto, claro está, sabendo perfectamente que naquela brutal dictadura os dereitos dos cidadáns pásanos polo arco do triunfo.
Así que dame a min que a sangue non vai chejar ó río e Quevedo tiña razón cando dixo aquelo de poderoso caballero es don Dinero.
Dijo eu. ¿Ou non?
chuzame -