Archive for xaneiro, 2008

INVENTARIO DE MALNACIDOS

« 29 xaneiro 2008 | 18:56 | Inventario de miserias | 11 Comments »

1

¿Que habería que facerlle a un individuo que despois de atropelar e matar a un fillo teu che reclama nos tribunais 20.000 euros para compensar os danos no seu coche?

Pois posiblemente pajarlle coa mesma moeda: abrirlle a cachola cunha rañeta, e presentar recurso contra el polos danos causados coa testa do animal ó impactar contra a ferramenta...

2, 3, 4...

Despois de tres anos de linchamento moral e profesional, o más puro estilo do maccartismo, no que participaron con envidiable euforia e notable saña dende a inefable Esperanza Aguirre, ata o terrorista radiofónico, adecuadamente esporeado  pola curia que lle da de comer, pasando polo señor Lamela e o ínclito Jota Pedro, resulta que nada era verdade: os médicos do Hospital de Leganés, empezando polo doutor Montes, non cometeron ningún tipo de práctica irregular.
A denuncia, anónima por certo, resultou ser fraudulenta, e fraudulento e inmoral todo o episodio que acabou onte coa declaración de inocencia total dos acusados.
Veredes como ningún destes tipos terá nin un pouquiño de decencia para pedir perdón.

Porque de onde non hai, non se pode sacar.

Chuzame! chuzame -


A MELLOR MANEIRA

« 26 xaneiro 2008 | 16:34 | Dijo eu ¿ou non? | 2 Comments »

Como morrer hai que morrer, que aquí non vai quedar ninguén nin para semente, a fin de contas o transcendente vai ser a forma. Porque nisto, como na democracia, as formas forman, valga a redundancia, parte da propia esencia das cousas; vamos, que son os miolos do asunto.

Eu pensei moitas veces nas diferentes posibilidades que se me poden presentar no momento de espichala definitivamente. E sempre concluín que a menos mala de todas sería facendo o amor, por empregar unha linguaxe casta e pudorosa, que estamos en horario infantil.

Pero en Craley, Pensilvania, descubriron unha maneira mellor. É dicir, introduciron, nunca mellor dito, unha variante que enriquece o pasamento de xeito excepcional: unha muller morreu facendo o amor co seu compañeiro, pero… ¡electrocutada! O orgasmo correspondente tivo que ser, por forza, de alto voltaxe, dificilmente alcanzable polos métodos mecánicos tradicionais.

Agora que analizando polo miudo a noticia un sinte unha certa decepción.

Porque resulta que a muller tiña 29 anos, e o marido utilizaba uns cables conectados á corrente eléctrica para estimulala. É dicir, que usando como mando a distancia un simple interruptor dos de toda a vida, agora si, agora non, agora un pouco menos, agora un pouco máis, pasaban o tempo de lecer un día si e outro tamén con esta trécola, e pajaban á Unión Fenosa de Pensilvania, a fin de mes, unha factura de moito carallo…

¡Como cambiaron os tempos! ¡Que marabilla isto das novas tecnoloxías, a pesares dos danos colaterais que se producen de cando en vez! ¡Que paspanciños éramos nos, vaia polo demo!

Agora que, ben pensado... ¡hai que joderse!, dijo eu.

Porque que e a esa idade teñan que recorrer a semellantes inventos para poñerse como unha moto non acaba un de entendelo nin moito nin pouco, por moi fríxida que fose a mulleriña, moi pequerrecha que a tivese o paisano ou por moi malas notas que sacase calquera dos dous na escola na asignatura de traballos manuais.

En primeiro lugar porque, aínda que non ouviran falar das 64 artes do Kamasutra, por aquilo de que cada día se le menos neste mundo, simplemente por medio do Google poderían ver nesta páxina, que ademais está en injlés, ata 101 maneiras diferentes de botar un casquete ó máis puro estilo tradicional, sen aditamentos, colorantes nin conservantes (nin falla que lles fai), ilustradas unha por unha, para principiantes...

E dijo eu que probando e probando, entre todas elas ijual atoparían unha ou dúas que fixeran innecesario o uso de enerxías alternativas para estes mesters, colaborando así de paso, á loita contra o cambio climático e evitando accidentes por electrocución, dificilmente reversibles. Que o peor que lle podería pasar sería partir unha perna se escollían unha posición das cualificadas como de dificultade superior... Como vedes, todo eran vantaxes.

En sejundo lugar porque neste mundo globalizado hai que estar ó loro, non podemos permanecer alleos ó que pasa ó noso derredor. E esta desafortunada parella non cabe dúbida de que estaban ensimismados no seu e non vían máis aló de Craley, Pensilvania.

trespenes.jpg Doutro xeito terían que saber que en Indonesia, sen ir máis lonxe, seica hai unha curandeira que é capaz de alargar o pene a discreción, é dicir, á gusto do cliente (ou da clienta, que será a que decida tamén en Pensilvania), polo módico prezo de 100 euros. Esta benefactora ofrece a posibilidade de escoller, de entre os tres modelos que vedes na foto, aquel que vaia mellor coa idiosincrasia do necesitado…

Así que mira ti por onde, sejuramente, puido esta parella norteamericana (non si por que, pero estas cousas sempre pasan na terra do tío Sam) evitar incomodidades e desgustos, de paso que disfrutaba dun viaxe de turismo a Indonesia. Que ó mellor, cun aparello novo, sobraba a forza electromotiz externa.

Co que quedaría demostrado que viaxar enriquece o espírito, e pode moi ben darlle, de paso, gusto ó corpo.

Dijo eu

¿Ou non?

Chuzame! chuzame -


666: O DISCO DA SEMANA

« 21 xaneiro 2008 | 19:03 | Música en clave de recordo | 5 Comments »

No almacén quédavos o disco dsta semana, un disco que me atrevo a calificar de importante dentro da música moderna, ainda que reconozco que non é facil de meterlle o dente.

Trátase do 3º (¡e último!)LP do grupo grego Aphrodite’s Child. É posible que o se nome non vos diga nada, sobre todo a xente moza, pero se vos nombro a Demis Roussos ou a Vangelis xa vos situaredes máis. Foron eles dous, en compañía de Loukas Sideras, os fundadores do grupo en 1967.

O disco que vos presento foi gravado, na súa versión definitiva dun doble LP, en 1971.
Para saber máis acerca do grupo e do disco, atopei estes sitios pola rede:
- Na Wikipedia
- Nunha páxina chamada Maticornio
- Nun blog chamado La llama sónica

Para mostra do disco, un botón.

Chuzame! chuzame -