Archive for novembro, 2007

SEMÁFORO EN VERDE.

« 28 novembro 2007 | 23:04 | Un sorriso, por favor | 9 Comments »

Leo na prensa que non sei onde atropelaron a unha pobre velliña que cruzaba tranquilamente  un semáforo en verde, como ten que ser. Quero dicir como ten que ser en verde, non que a atropelaran.

Era un semáforo deses que está simultaneamente en verde para os cidadáns de a pe e en amarelo para os automobilistas, xa me entendedes.

Persoalmente a min nunca se me ocorrería, en estado de sobriedade, cruzar ningún semáforo desas características estando en verde. Máis sejuro, e moito máis emocionante, é xogar a ruleta rusa cun revólver de 2 balas.

Non vos riades, que podo argumentalo. Veredes: cando está o semáforo en verde, temos a irresponsable tendencia a decidir que podemos cruzar sen máis, porque é o noso dereito, faltaría máis, e os automóbiles "teñen" que parar, que remedio lles queda.

Pero habitualmente, neste tipo de semáforos, é xusto ese o momento que aproveita o automobilista para decidir, pola súa parte, que lle da tempo a pasar antes de que ti cruces e, polo tanto, a ver para que coño vai ter que perder o seu preciado tempo deténdose sen motivo real aprente, coa de cousas que ten que facer ó chejar a casa.

Normalmente o desenlace é que ningún dos dous cumpre co seu propósito, cos conseguintes desperfetos para ambos... pero, claro está, sempre levando a peor parte o peón, como en boa lóxica cabe esperar, que casos contrarios son moi pouco abundantes na historia das comunicacións terrestres. Porque, ademáis, xa se sabe que, como dicía un da aldea de miña sogra falando das bondades de ter un sejuro de automóbil, "matas unha jaliña, matas un porco, matas a dios, paja o sejuro".

Por outra parte, cando están en vermello, sempre cruzamos con moito máis sentidiño, poñendo toda a nosa atención no que estamos a facer, extremando ó máximo as precaucións, mirando e remirando para un lado e para o outro. O resultado dun traballo tan minuciosamente planificado non pode ser outro que o éxito na empresa. Así que a travesía acaba normalmente sen incidencias dignas de mención, salvo aljún bucinazo de condutores desaprensivos, que sempre hai de todo.

Así que o sensato é cruzalos en vermello.

Dijo eu.

¿Ou non?

Chuzame! chuzame -


¿VIOLENCIA DE XÉNERO?

« 26 novembro 2007 | 23:55 | Dijo eu ¿ou non? | 5 Comments »

Isto da semántica da para moito.

Ás veces, todo depende non do que se diga, senón de como se diga.

Así vimos fai pouco como os duques de Lugo non se separaban, coma o resto dos matrimonios que acaban ben (Woody Allen dixit: "Hai matrimonios que acaban ben, e outros que duran toda a vida", ou aljo así) senón que o seu era un "cese temporal da convivencia"...

Se unha bomba lanzada con toda a mala hostia cumpre coa súa misión e arrasa con todo o que encontra ó seu paso, iso son "danos colaterais". É dicir, a culpa non é da bomba, nin de quen a lanzou, senón dos que estaban alí.

Así, con estes e outros disfraces e circunloquios varios estamos a construír un mundo artificial, que corremos o perigo de confundir co real.

E ben sabido que miles de toneladas de chapapote eran como "unos hilillos de plastilina"; os americanos non invadiron Irak, senón que o "liberaron"; a xente glamourosa non caja, simplemente "defeca"; en Guantánamo emprégasen "métodos de persuasión", non se tortura; na posguerra española non se asasinaba, levaban a xente de "paseo"; os nejros son individuos "de color"; se unha empresa despide a todo dios, trátase dunha "regulación de emprego"; cando a economía vai mal, non é que haxa perdas, senón que hai un "crecemento negativo"; os inmigrantes que son explotados coma miserables, simplemente sofren "precariedade laboral"; "neutralizar" é mazar a hostias no mellor dos casos; os israelís cometen asasinatos, pero "selectivos", o que parece ter menor importancia; e, cando nos convén, a determinadas ditaduras chamámoslle "democracias tuteladas"...

Algúns destes eufemismos poden ser soportables en ocasións para evitar que certos castos oídos sufran máis do necesario con aquilo de caca, pis, culo...

Pero en asuntos de certa importancia deberíamos ser precavidos e non deixarnos engaiolar pola careta da semántica. Deberíamos ter moito coidado en chamar ás cousas polo seu nome.

Hoxe quero referirme a ese drama que día tras día estamos a padecer neste puto país, esa sangría insoportable e permanente. Estou a falar, claro está, do asasinato de centos de mulleres a mans dos seus verdujos.

E a esa traxedia estamos a chamala "violencia de xénero", como se o criminal fora o epiceno, o neutro, o común ou o ambiguo. Cada vez que a escoito, e esoitoa tódolos días, cabréame esta expresión tan pouco afortunada.

Xa sei que é inútil nadar contra a corrente, pero eu propoño que nunca máis utilicemos esa eufemística expresión e si en cambio a que verdadeiramente describe este problema nacional, un dos peores que pode padecer calquera sociedade: terrorismo machista.

Dijo eu.

¿Ou non?

Chuzame! chuzame -


GRANDE…TRAPALLADA

« 23 novembro 2007 | 13:33 | Manda chover na Habana | 5 Comments »

capaz_pedir_perdon.jpgLíbreme o demo de dicir unha soa palabra contra o xuíz Grande Marlaska.

En todo caso son outros, con máis autoridade e coñecementos ca min, os que din que sufre de paranoia, cualificación que non penso entrar a valorar (a non ser que se me obrigue por forza), dada a miña nula formación no eido da medicina en xeral, e da psiquiatría en particular.

Nin sequera me atreverei a afirmar, como sosteñen algúns, que navega moi escorado cara estribor, porque polos mares da política (que non da xustiza), cada quen é moi libre de seguir a demora que considere oportuna. E disque nesa deriva anda, con toda lexitimidade.

Por iso tampouco direi que xa non me sorprende, metidos nesta area, ningunha sentencia que poida emitir, e iso que xa van unhas cuantas merecedoras de ser recibidas con, alomenos, certa precaución.

O que si direi, xa era hora de que dixera aljo, é o que xa sabedes todos. E diredes vos, e teredes razón, que para ese viaxe escusadas alforxas.

Pero é que iso é a noticia, que demostrado queda, para este home, que no asunto do Jakolev, ou como se escriba, os feitos probados non son constitutivos de delito. Que dijo delito, nin falta, nin siquera en grao de imprudencia.

Aclara o xuíz na súa sentencia que, iso si, son feitos “graves”, que se produciron “daños morales”, que as identificacións fixéronse en base a criterios "ajenos a una mínima seriedad"... pero que todo iso carece da máis mínima importancia, foi aljo "inane, inocuo o intrascendente", sin relevancia penal de ningún tipo. Como quen mexa na tapa do retrete sin querer, vamos, dijo eu, máis ou menos.

É dicir, aquí non pasou nada. E sejuramente tampouco pasaría se por un casual chejaran a enterrar a aljún militar vivo por fatal equivocación.

Tampouco é que isto me resulte especialmente novidoso, tendo en conta que xa non pasara nada do outro mundo antes, no momento da contratación dun avión que era unha auténtica pota vella, porque, Marlaska dixit, o Ministerio de Defensa non estaba obrigado a verificar o estado do avión que contrataba...

Sonche cousas que os leigos na materia non chejamos a comprender nin ben nin mal. Loxicamente, porque se o entenderamos, aínda que só fose un pouco, deixaríamos de ser leigos, e pasaríamos a ser calquera outra cousa sejuramente moito peor.

Eu, por unha vez, prefiro nin siquera imaxinar, por respecto ás víctimas, a escena do ocorrido nese preciso momento, histórico, no que se decide que non se ía cometer falta nin delito aljún, nin siquera en grado de imprudencia.

Ese momento no que se acorda, por exemplo, non facer as probas do ADN, porque o tempo apremiaba, e nos funerales ía estar o Borbón...

Eso si, todo sin mala intención, que non pasaba polos miolos do heroe da Isla Perejil (sejuramente, á vista dos resultados, asesorado por Blanquita,) outra cousa que boas intencións. Que por aljo é membro honorario da Obra do Señor e sométese, de bo grado, a flaxelacións sen conto cada Xoves Santo, ou cada Venres Santo, non sei ben, ou os dous días, ou toda a semana... E, se por min fora, todo o ano, tiñan que deixarme a min o látijo, había de quedar esplendoroso, que non ía ser eu tan educado como foron os familiares con el, díjocho eu.

Non quero nin pensar como tivo que ser a indecente trapallada. O feito de que non atinaran en ¡ningunha! das 30 identificacións escapa a comprensión de calquera humanoide ou asimilado. Sobre todo tendo en conta que os turcos, que non son, precisamente, unha potencia científica de primeira línea, tiñan correctamente identificados as 32 víctimas restantes.

Pois ben, todo este procedemento, que daljunha forma hai que chamarlle, non merece ningún tipo de sanción, porque, segundo o xuíz, que é o que sabe, que para iso estudou unha morea de anos e aprobou unhas oposicións, non houbo "mala intención"...

Que xa me explicaredes a min, si tendes o que hai que ter, que tipo de argumentos xurídicos tivo que empregar, e en que probas se baseou, para poder ditaminar, sen poñerse colorado, semellante estupidez.

E poñela por escrito nun folio de papel.

Polo tanto, xa sabedes, non pasou nada, todos inocentes, e aquí paz e despois gloria.

En realidade, para ser precisos, todos, todos, o que se di todos, non. Porque a Audiencia Nacional si que dictou sentencia condenatoria: contra a Asociación de Familiares das Víctimas.

¡Manda huevos!

Chuzame! chuzame -