A causa é a número 1137-37, de Asturias.
O xuízo, "Sumarísimo de Urgencia nº 4744"
A condena, "pena de muerte".
O delito, “rebelión militar”.
Nos arquivos militares da VII Rexión Militar permanecerá para sempre arquivado o sumario polo que un tribunal militar de Oviedo sentenciou a morte ó meu pai, xunto a outros moitos máis.
Non me sirve de consolo que no ano 1957 fora indultado, mesmo aínda que no escrito de solicitude de indulto o Fiscal Xurídico Militar da VII Rexión recoñeza expresa e textualmente:
“En la declaración de hechos probados contenida en los Resultados del fallo, no se atribuye al interesado, a juicio de este Ministerio, participación en actos de crueldad, muertes, violaciones, profanaciones, latrocinios ni otros que excediendo del propósito subversivo, acusen calificada perversidad”
¡Propósito subversivo, proclaman os subversivos!
Así que a min non me vale esta Lei da Memoria Histórica. Non está mal, pero non me vale. Non me vale esta nin ningunha outra que non anule, por ilexítimo e ilegal, o sumario polo que foi condenado meu pai.
Porque os xuíces que o xulgaron eran os subversivos, os tiranos, os ilexítimos, os ilegais, os represores, os inimigos da liberdade. Os xuíces que o xulgaron eran, nunha palabra, os que terían que ser xulgados e condenados.
E era meu pai o que loitaba contra a subversión fascista, en defensa da República, da legalidade, da lexitimidade.
En defensa da liberdade, da que, coma tantos outros, tan pouco pudo disfrutar na súa vida.
Como fillo del que son, síntome con dereito a esixir que se faga xustiza dunha vez por todas. Non me importa ter esperado toda a miña vida, e a el tampouco lle importará esperar aljo máis, agora que por fin xa é libre para sempre.
Pero quero que cada quen ocupe o lugar da historia que lle corresponde.
Dijo eu.
¿Ou non?
chuzame -