Archive for xullo, 2007

TALOJOAMIJOS

« 4 xullo 2007 | 15:57 | Dijo eu ¿ou non? | 15 Comments »

CORME DENDE A PRAIA DA ERMIDAVerán2006_Corme (35)

...e amijas.

Chejaron ás vacacións.

Neste tempo desconecto de internet e derivados.

Así que jraciñas polas vosas visitas e comentarios ó longo do curso (xa se sabe que os que traballamos na ensinanza medimos o tempo por cursos, e non por anos).

Non sei para vos, pero para min a experiencia foi positiva.

Paseino ben, que era do que se trataba. E sobre todo disfrutei arreo visitando os blogs amijos que fun coñecendo ó longo do tempo.

E aprendín. Aprendín cada día aljo novo, de cada un dos sitios que visitaba e de cada un dos visitantes que deixaba un comentario.

"Vacaciones los cojones es mejor trabajar" rezaba unha canción do grupo Aerolíneas Federales.

Esperemos que estiveran errados...
RONCUDO
Cruces en Roncudo

Chuzame! chuzame -