
¡Joder, que tropa!
Moita xente sorpréndese da actitude cerril e reaccionaria dos máximos representantes da Santa Igrexa Católica Apostólica e Romana deste puto país, no tocante a materia de Educación para a Cidadanía que figura no currículo da nova Lei de Educación.
A min persoalmente o que me sorprende é que a xente se sorprenda...
Dijo eu se non será que a sorpresa da xente poida deberse ó descoñecemento dos obxectivos da propia materia, dito sea con tódolos respectos. Ou, o que xa sería moito peor, ó descoñecemento da maneira de obrar da propia Igrexa Católica. Porque sendo conscientes desto último (e aí temos a historia para refrescarnos a memoria) a pouco que repasemos o currículo da nova materia, deixarán de sorprendernos as parvadas que na súa contra propalan os monseñores de todo tipo de pelame.
É certo que ditos obxectivos poden ser asumidos sen problemas por calquera persoa demócrata e respectuosa cos dereitos dos demais. Pero penso que seríamos moi pouco realistas, e aljo parvos, se pensásemos que se poden atribuír eses adxectivos á institución que nos ocupa. Pensemos por un momento en Monseñor Rouco Varela e xa entenderemos o que quero dicir.
Efectivamente, resultaranos moi difícil pensar que xente desa ralea, para non ser demasiado ofensivo, poida “ Asumir a pluralidade das sociedades actuais recoñecendo a diversidade como enriquecedora da convivencia e defender a igualdade de dereitos e oportunidades de todas as persoas, rexeitando as situacións de inxustiza e as discriminacións existentes por razón de sexo, orixe, crenzas, diferenzas sociais, orientación afectivo-sexual ou de calquera outro tipo, como unha vulneración da dignidade humana e causa perturbadora da convivencia”, tal como se persegue nun dos obxectivos xerais da materia en cuestión.
Nunca estarán de acordo con iso: vai en contra dos principios da propia institución, sobre todo no tocante á discriminación en razón de sexo; e fixeron tropecentas manifestacións contra a igualdade de dereitos dos homosexuais... ¿Ou xa non nos acordamos?¿Como van aceptar iso? Faltaría más…¿De que nos sorprendemos pois?
Non menos sorprendente resultaría ver os bispos deste país defender como obxectivo a lograr aquel que fai referencia a “Adquirir un pensamento crítico, desenvolver un criterio propio e adquirir habilidades para comunicar as propias ideas e defender as propias posicións en debates, a través da argumentación documentada e razoada, así como para escoitar e valorar as razóns e argumentos dos outros”.
¿Como lles vai a interesar a estes tipos que a xente teña un pensamento crítico? ¿Estamos tolos ou que? Nos, ó peor, si; pero eles non. Nin tontos.
E así sucesivamente, todos e cada un dos obxectivos que se propoñen para a Educación para a Cidadanía (respecto das diferenzas; actitude respectuosa rexeitando estereotipos; coñecer e valorar os dereitos humanos; asumir a pluralidade da sociedade; defender a igualdade de dereitos e oportunidades sobre todo entre os homes e as mulleres; coñecer os fundamentos do modo de vida democrático; ser conscientes das causas que provocan a violación dos dereitos humanos, a pobreza e a desigualdade; coñecer e analizar as principais teorías éticas que máis contribuíron ao recoñecemento das liberdades e dos dereitos das persoas, ...) resultan moi pouco atractivos cando non absolutamente inasumibles para unha institución que fundamenta o seu poder na ignoracia da xente, e chocan frontalmente cos seus intereses.
Que non son precisamente, claro está, (ó mellor non resulta ocioso recordalo) os de salvar almas para o ceo...
Así que a min a reacción desta tropa causoume calquera cousa menos sorpresa.
Outra cousa é que sexamos plenamente conscientes da cara dura que teñen. Sabendo como saben, que poden, cos nosos cartos, ensinar ás súas doutrinas nos centros públicos, dentro dun estado teoricamente aconfesional, por riba queren impedir que se ensine o que a eles non lles justa...¡Manda chover na Habana!
Pero ¿acaso debe sorprendernos o descaro desta xente a estas alturas do século XXI?
Veña home, non lle demos voltas, non busquemos explicacións compasivas, non sexamos optimistas, inxenuos, ilusos ou parvos. Perdamos toda esperanza.
Son así. Non lle hai que facer.
Mellor dito si, aljo si. E eu xa o fixen.
chuzame -