Archive for maio, 2007

DÚAS FURNAS

« 27 maio 2007 | 8:40 | Dijo eu ¿ou non? | 9 Comments »

Hoxe teño un problema. Non vou ser capaz de votar o que quero.

Teño que elixir alcalde para os próximos catro anos na miña cidade, e teño unha candidata clara: Yolanda Díaz, de Esquerda Unida. Descartados os partidos da dereita (Independientes por Ferrol) e da dereitísima (PP) por motivos obvios, quédanme PSOE, BNG e EU. Pero so esta última formación se opuxo con forza á instalación da planta de Reganosa dentro da ría. Xa votei por eles nas anteriores municipais e non me defraudaron.

Polo tanto non hai razón ningunha para negarlle a miña confianza catro anos máis.

Pero logo veu o PP e veña a voltas con de Juana Chaos, con ETA, co terrorismo, e veña a acosar a Zapatero, e a dicir mentiras, e a insultar...É dicir, que converteu as municipais nunhas primarias das xerais.

E por si fora pouco apareceu por aí o Homiño acompañado do peor de si mesmo, por si non abondaba con el so...

E, claro, un empeza a darlle voltas ó conto, e a cavilar. E chega á conclusión de que hai que darlles a estes individuos o seu merecido. É dicir: zouparlles onde máis lles doe...

¡Dúas furnas! ¡Necesito dúas furnas!

Unha para votar por Yolanda, porque é a alcaldesa que quero para Ferrol, e outra para darlle o meu voto a Zapatero e que gañe o PSOE as eleccións, que é o que máis lles amolará a esta panda de impresentables que dirixen o PP.

Chuzame! chuzame -


VOTAREI POR E.T.A.

« 23 maio 2007 | 9:08 | Inventario de miserias | 7 Comments »

 Viñeta de Peridis en "El País" (23-05-2007). Pulsa nela para vela mellor.
votoaeta.gif
...e eu sen decatarme, pensando, paspán que sijo sendo, que ía votar para decidir quen gobernará en Ferrol nos próximos catro anos.

Pero o xefe do Palanganero, o palanganero de Bush fillo, acaba de proclamar onte que tódolos que non votemos PP, estaremos apoiando a E.T.A.

Así que o próximo domingo, cando meta a miña papeleta na furna, como non será do PP salvo que me leven fortemente maniatado e narcotizado e coa súa papeleta nos dentes, en realidade estarei votando a ETA... ¡Manda chover na Habana!

En realidade dixo tamén algunhas cousiñas máis, como que Zapatero está creando as condicións para provocar unha nova guerra civil, e cousas polo estilo. Foi en Calatayud e non sabemos se participara antes nunha cata ou dixo esas babosadas a pelo, sen dopaxe de por medio.

 Moitos diredes, e non vos faltará razón, que son mamarrachadas dun jilipollas que non sabe ben o que di, con cata previa ou sen ela...Pero eu, sempre me resisto a crer que o cerebro deste homiño presente permanentemente un encelograma tan plano. Ó contrario, síntome máis ben inclinado a pensar que calcula perfectamente o que di. É dicir: babosadas si, jilipolleces si, estupideces tamén, que non sabe expresarse doutro xeito como xa queda dito. Pero calculadas. Ou sexa, que o que verdadeiramente queda retratado é o seu pensamento real, a idea que ten dunha sociedade democrática.

Estamos pois, na miña humilde opinión, ante un homiño ó que a democracia non lle acae nada ben. Un prepotente nada recomendable. Un tipo perigoso.

Non direi eu que sexa un fascista ó estilo dos seus ídolos do pasado. Pero as similitudes son tan fortes e móstranse con tanta evidencia que será preciso un verdadeiro experto para que nos ilustre acerca das diferenzas que sen dúbida terán que existir.

Pero que pasan totalmente desapercibidas ós ollos dun profano coma min.

Chuzame! chuzame -


MÚSICA EN CLAVE DE RECORDO:O TWIST

« 20 maio 2007 | 15:03 | Música en clave de recordo | 7 Comments »

Os domingos non ven mal aljo de música. Reproduzco hoxe, con lixeiras variacións, un post (31-12-2006) do meu blog de música, inactivo fai un tempo.chubbychecker.jpg

Xa sei que é un simple baile, pero é moi especial para min. Todo ten a súa historia...

Recibiu este nome a comenzos da década dos 60 un baile de salón que se fixo enormemente popular. Chamouse así polo nome da canción que o fixo famoso: The Twist Chubby Checker, composto por Ballard no ano 1959 e gravado nese mesmo ano.Con este tema, Checker chegou en 1960 ó número un das listas de éxito nos Estados Unidos. Ademais ten o récord de ser o primeiro que conseguía este posto en dous anos diferentes, xa que de novo foi número 1 en 1962. Podedes escoitalo ó abrir a páxina de Checker, cousa que che recomendo, ou no reproductor, onde deixo seus dous máis populares no seu tempo: The twist e Let's Twist Again.

Dixen antes que este baile é moi especial para min, pola simple razón de que o twist era un baile que se bailaba "separado", e mesmo podía bailarse sen parella, ou con varias parellas facendo corro, etc. É dicir, que non era preciso saber pasos de baile e todo eso.

A min doume a vida, porque nos bailes "agarrados" era (e sijo sendo lóxicamente cada vez máis) un auténtico desastre. Así que o twist foi a miña salvación e mesmo cheguei a bailalo francamente ben.

Recordarei sempre a miña parella predilecta para bailar twist nas festas de Corme, unha rapaza que viña tódolos veráns, chamada Celsita (¿onde andará Celsita?), pecosa coma Rita Pavone (pequena e famosa cantante italiana dos 60 que, por certo, tamén gravou algún que outro twist, coma ese que subín o reproductor como curiosidade), e de rostro sempre ridente. Cando nas festas a orquesta tocaba un twist, sempre viña a bailalo conmigo e ata chegaban a facernos corro...Calquera que me coñeza agora pareceralle mentira, pero o certo é que eu tiña unha habilidade especial para este baile.

¿En que consistía o baile? Básicamente podemos dicir que non existían pasos establecidos (¡jracias a Dios para min!) e eso daba unha gran libertade de movementos ós bailaríns. O movemento básico era o xiro de cadera e dos pes. Procurarei poñer un vídeo, xa que unha imaxen vale máis que mil palabras. A ver se atopo o do baile de John Travolta con Uma Thurman na película Pulp Fiction.

A tolemia do twist chegou tamén a España e ós países de fala hispana: o grupo mexicano Los Teen Tops (e un dos seus compoñentes, Enrique Guzmán en solitario), Palito Ortega, o Dúo Dinámico , ¡Miguel Ríos! (teño o doble LP no que interpreta o twist con Enrique Guzmán: ¡Que noche la de aquel año!, 1987) , tocaron e bailaron twist.
Podedes escoitar algúns deles no reproductor.

Polo mundo adiante foron bastantes os intérpretes de twist: Little Richard, Chuck Berry Dick Dale & Del Tones, ... e os mismísimos The Beatles.

VÍDEOS
CHUBBY CHECKER: THE TWIST (1961)


CHUBBY CHECKER: THE TWIST (Acompañado de The Widcats, 1990)
(Onde houbo sempre queda...)

JOHN TRAVOLTA E UMA THURMAN BAILANDO TWIST EN "PULP FICTION"
Todo un espectáculo, dijo eu ¿Ou non? Así bailaba eu...jejejeje

THE BEATLES: TWIST AND SHOUT(en directo, 1963)

Chuzame! chuzame -