Dijo eu. ¿Ou non?

MENÁNCARO

menancaro.jpg

O Concello de Ferrol aprobou onte nun pleno polémico a sectorización de Menáncaro. Este proxecto ten 3 expedientes da Xunta en contra, pero iso parece importarlle pouco ó noso alcalde. Así que un monte en gran parte de dominio común vai ser expropiado para facer nel chalés de luxo e non sei cantas cousas máis, incluído un centro comercial.

A cousa ven de lonxe, concretamente do Plan Urbanístico do ano 2000, co BNG e o PSOE no goberno; nese plan aprobouse, por unanimidade, a reualificación dese entorno como solo rústico, apto para urbanizar. Así que agora esta esquerda que tanto berra debería acordarse daquel día en que baixaron os pantalóns.

Como acaban de facer, por certo, no asunto de REGANOSA entrando polo aro de xeito escandaloso e autorizando a ubicación no fondo da ría desa bomba permanente simplemente por favorecer intereses privados. Só nos queda IU. Que conte co meu voto .

Onte o alcalde, sabedor da que lle podía caer encima, non deixou entrar os veciños no pleno. Deixou entrar, pero un pouco, sen pasarse. Así que a oposición reclamoulle que deixara entrar á xente, que os plenos son públicos. O alcalde dixo entón que non cabía máis xente, pero a oposición recordoulle que o día da súa toma de posesión "la plaza estaba abarrotá" porque deixara entrar a todo fillo de veciño.

Finalmente, ante a súa negativa, os grupos opositores abandonaron o pleno. E así puideron aprobar a desfeita de Menáncaro en menos de que canta un galo.

Curiosamente gran parte do terreo onde se van a construír eses chalés de luxo son de Juan Fernández (Independentes por Ferrol), aquel Conselleiro de Industria, en tempos de Manoliño, que se esqueceu de face-la declaración da renda durante 5 anos consecutivos, manda carallo, que cousas pasan, que non sabía o pobre home que tiña que facela. E claro, non lle pasou nada, que xa prescribira o conto cando se descubriu, como ten que ser.

"Me cajo na cona que os botou", dixo unha vez un mariñeiro de Ribeira cando foi o dos "cuatro hilitos".

Hoxe acordeime del porque, ó mellor, tiña razón este home e hai que poñerse así.

Dijo eu

¿Ou non?

Para máis información acerca desta desfeita:

Chuzame! chúzame -

BILBAO-NEW YORK (ATALLO)

googlemaps.jpg

A mellor forma de viaxar é planificando antes ben a viaxe. A tal efecto dispoñemos de ferramentas de gran utilidade con esto das novas tecnoloxías e internet.
Unha delas é Google.

GUÍABURROS

1. Entra en Google Maps

2. Pulsa en "Cómo Llegar".

3. Escribe Bilbao en "Dirección de origen", e New York en "Dirección de Destino"

4. Pulsa na etiqueta da dereita "Cómo llegar" para ver os resultados.

5. Fíxate ben na instrucción número 25.

6. Non te rías e ponte ó chollo. Si eres de Bilbao serache máis doado, xa se sabe...Despois de todo, cinco mil e pico de kilómetros non é tanto. Mellor dito non é nada...

(Xentileza do meu afillado, el Fer, alias Alapadedió, que está en todo)

Chuzame! chúzame -

ARMAS PARA TODOS XA

20070417elpepivin_5jpg.gif
Agora todo o mundo trata de buscarlle unha explicación mirando cara o mesmo sitio: o rapaz estaba tolo, pasaba 70 millóns de horas diante do ordenador, non tiña amigos, tiña unha personalidade psicótica, sentíase desprezado...

Os especialistas pretenden así convencernos de que esas cousas pasan porque sempre hai aljún tolo que lle da por aí, como a outros lles da por pintar nas paredes ou coleccionar tortillas… Pero esa explicación, na miña opinión, é manifestamente mellorable. E, ademais, de ser certa, ¿cómo se entendería entón que un desequilibrado mental puidera ter dúas armas? ¿E que nos EEUU danlle as armas ós tolos así, sen máis?¿Que Estado é ese que lle facilita armas ós individuos potencialmente perigosos sen o máis mínimo control? ¿Non será entón tamén responsable, por omisión, da desfeita?

Eu debo confesar que non entendo nin un pouco así de psiquiatría. Sejuramente por iso, porque son un ignorante contumaz e perseverante na materia, resístome a aceptar as explicacións que non contemplen o aspecto social das cousas. Nunha palabra: que deberíamos analizar os feitos máis ben dende a socioloxía que dende a psiquiatría.

E cavilo que hai que escaravellar moito no tecido social americano para tratar de comprender como é posible que exista unha corrente de opinión fortemente implantada que resume a súa argumentación no tema das armas de fogo en, entre outros, os dous aspectos que lle escoitei expoñer a un representante da National Rifle Association (podes chamarlle as pestes a estos auténticos terroristas dende aquí mismo) a raíz da traxedia:

1. Que é unha estupidez botarlle a culpa ás armas e á facilidade para conseguilas, porque as armas por si soas son inofensivas; os que matan son os homes.
E as mulleres, diría eu, que aljunha ó mellor tamén hai.
Semellante estupidez non merece máis comentarios.

2. Que a proba de que as armas non son malas é precisamente a matanza ocorrida. Porque se tódolos estudantes tiveran armas, sejuramente NON estaríamos agora lamentando a matanza.

Claro. Así, cando lle dese o ataque de tolemia ó tolo correspondente, non lle valerían as pistolas, e tería que coller unhas granadas para ceibalas dende a porta da clase. E preventivamente, os estudantes deberían ir armados de bazookas polo menos. E...

Estaríamos como na xenial viñeta de Roto en "El País".

Que digo estaríamos. Xa estamos.

Dijo eu.

¿Ou non?

Chuzame! chúzame -

Ninsesabepuntocom is powered by Wordpress | WordPress Themes