

A chamada Lei de Partidos tería os efectos positivos que se lle queiran atribuír pero dende o punto de vista xurídico, alomenos para un profano coma min, é un auténtico disparate. Unha lei redactada ex-profeso para impedir que un grupo poida participar na vida política non ten xeito. Nin dereito.
Agora vense os resultados cada día. O xuíz Garzón acaba de dictar un auto polo que lles prohibe ós de HB (perdoademe que lle chame polo seu nome) celebrar un mitín ou o que sexa en non sei onde. ¿Pero que ían facer nese mitín? Sejuramente o que se fai nos mitines: falar, berrar, ondear bandeiras, aplaudir...Iso sería todo. ¿Onde está o delito?
Pero non acaba aquí o conto. En realidade o xuíz ábrelle unha canceliña e dilles que si son bos e non pronuncian non sei que siglas, ou din non sei que cousas, entón si, entón poderán celebrar o mitin. "Si sois bueniños y no decís cosas feas, podéis reuniros y luego iros en paz. Palabra de juez. " Te alabamos señor...
É o final dunha resolución tan lóxica e fundamentada virá, dijo eu (porque isto é un auto xudicial e as cousas teñen que quedar moi claras), o Anexo I coas expresións malsonantes prohibidas para a ocasión: caca, pis, culo...
Pero como sempre quedarán dúbidas, imaxínome eu a Otegui no medio da faena, todo sudoroso, collendo o móvil para chamar a Garzón, todos en silencio por aquelo da cobertura: "¿Oye juez, "ahivalaostia" ya podemos decir o no?
Así que aquí temos a un xuíz decidindo que palabras, ou siglas ou o que carallo sexa, poden pronunciarse ou non nunha reunión, ou mitín ou como lle queirades chamar.
E ven a resultar que este feito, precisamente este feito, está no centro do debate político deste puñetero país e aparece en tódalas portadas. Xunto co do precio dunha taza de café que, por certo, eu tomo diarimente por 65 céntimos no meu centro de traballo (e xuro polos dentes de Ronaldinho que non sei o que custa nas cafeterías de Ferrol).
E claro os de HB encantados. Porque ¿por cantos lle vería saíndo unha campaña publicitaria destas dimensión? Por un pico, sejuro.
Vivimos nun país de tolos.
Dijo eu.
¿Ou non?
chuzame - 
