Archive for febreiro, 2007

JAIVOTAS

« 27 febreiro 2007 | 18:06 | Inventario de miserias | 5 Comments »

987.gif

UN

Aproveitando a morte da militar galega Idoia Rodríguez en Afganistán, Mariano Rajoy saiu ós medios de comunicación para atacar ó Presidente do Goberno. Todos sabemos, e mesmo el se encarga de recordalo, que as tropas españolas foron aló co apoio do PP, pero diso parece esquencerse Mariano, que máis da, e ijual, o caso é meter caña... Morreu unha rapaza: pois imos ver se sacamos tallada do asunto. Aquí podedes escoitalo.

DOUS

Soraya Sáenz de Santamaría é unha rapaciña moi espilida que ascenciu fai pouco ó staff direxente do PP. Tan noviña que mesmo parece de Nuevas Generaciones. Pero é lista coma un allo, aprende axiña. Aínda estaba quente o corpo de Idoia cando saiu á palestra para dicir que esta rapaza morta en Afganistán "merece la cruz con distintivo rojo y que el gobierno debería dársela y si no lo ha hecho debe explicar por qué no lo hace". Podes escoitar aquí a intervención completa.

TRES

O señor Feijóo parecía que ía ser un tipo sensato que se ía alonxar das directrices de Génova e da FAES. Pero a foto apagando un ¿incendio? no verán coa mangueira dos tomates, zapatiños brancos e camisa Armani, foi un aviso para navegantes.
Agora acaba de declarar que dende que gobernan os sociatas e os bloqueiros os machistas matan máis que antes ... Declaracións que retratan perfectamente a quen as emite. Así que todo vale. Perdamos, pois, toda esperanza.

EPÍLOGO

No porto de Corme, coma en tantos outros, abundan moito as jaivotas.

Dende sempre é de todos coñecido que se trata de aves carroñeras.

Ás veces, cando ás ves revolotear todas alborozadas por riba da porquería, mesmo parece que se alimentan de merda...

Dijo eu.

¿Ou non?

ACABANDO CON SENTIDO DO HUMOR.

Antes de publicar este post fixen o meu paseo diario polos blogs que frecuento. Atopei este vídeo no blog de a randeeira, que, dito sexa de paso, vos recomendo encarecidamente.

E polo mesmo precio este outro, moi breve, que non precisa, tampouco, máis comentarios.

Chuzame! chuzame -


TRIBUNAL ¿CONSTITUCIONAL? (II)

« 25 febreiro 2007 | 11:40 | Manda chover na Habana | 2 Comments »

laicismo.JPG

Sinto unha profunda envidia dos franceses que xa pasan do século de laicismo. Estamos pois a máis de cen anos de distancia de París.

Teoricamente vivimos nun país aconfesional.

Teoricamente.

Para o noso Tribunal Constitucional, non.

María del Carmen Galayo Macías, profesora de relixión, foi despedida por divorciarse.

O Tribunal Constitucional acaba de darlle a razón ós seus patróns (patróns a medias, que os cartos para pagar poñémolos nos vía presupuestos do Estado) ó considerar o despido procedente.

Leo no País o seguinte:
El Constitucional, en sentencia de la que ha sido ponente su presidenta, María Emilia Casas Baamonde, dice que, puesto que la enseñanza religiosa va más allá de la transmisión de unos determinados conocimientos, la capacitación para impartirla "puede, con toda probabilidad, implicar un conjunto de exigencias" que desborden las limitaciones propias de "una empresa al uso". De este modo, para adquirir la citada idoneidad puede pedirse que "los profesores que se destinan a la enseñanza de la religión en las escuelas, incluso en las no católicas, destaquen por su recta doctrina y por el testimonio de su vida cristiana".

A cacería está aberta.

Titulei un comentario anterior como Tribunal ¿Constitucional? querendo con esa interrogante poñer de manifesto as miñas dúbidas acerca da súa independencia e, xaquelogo, acerca da súa propia constitucionalidade.

Despois desta sentencia xa non me quedan demasiadas dúbidas. Estou cheo de escoitar eso de "acato a sentencia pero non a comparto". Persoalmente nin a acato nin a comparto. É dicir, acátoa porque non me queda outra, pero paréceme unha aberración que lexitima unha situación claramente contraria ó principio constitucional de que todos somos iguais ante a lei. A partir de hoxe iso xa non é así, porque a min non me poden despedir por divorciarme e a esa profesora si.

Toda esta situación, así como o feito de que estes profesores entren no ensino público "pola cara" mentres que outros pásanas canutas para poder acceder, ten a súa orixe nunha situación anacrónica de simples solución.

A situación anacrónica é que se imparta a relixión, algo que pertenece á esfera do privado, nos centros públicos.
A solución, moi simple, que deixe de impartirse. Que cada confesión ensine a súa doctrina nos seus templos. Punto final.

Por certo: ¿a ninguén se lle ocurriu recurrir ós membros do tribunal que profesen a relixión católica? Porque neste caso parece evidente que son xuíces e parte: teñen que dirimir nun conflicto de intereses sendo unha das partes unha institución á que eles pertenecen.

Dijo eu.

¿Ou non?

Chuzame! chuzame -


LIBERTADE DE EXPRESIÓN

« 23 febreiro 2007 | 22:18 | Dijo eu ¿ou non? | 7 Comments »

O meu irmán Pompi acaba de chamarme para prejuntarme se sabía onde se pode atopar a entrevista xa famosa por non ser emitida de Quintero a José María García.

Tiña pensado poñelos mañán, pero un irmán é un irmán, así que aquí van.

¿Por que? Pois porque, aínda que ben sabe Deus que José María García non foi nunca santo da miña devoción, moito menos me justa a censura de calquera tipo.

Así que aquí tendes a entrevista completa que non foi emitida.

Póñovos aquí o primeiro e o último e enlaces para os outros 7 que están en YouTube.

NOTA: No meu post Traxicomedia en dous actos (10-02-2007), explícovos como podedes baixar eses vídeos para o voso ordenador.

Primeiro vídeo

Último vídeo.

Chuzame! chuzame -