Dijo eu. ¿Ou non?

¿ALJO MÁIS? “¡VAYA USTED A SABER!”

rajoy-aznar1.jpg

O señor Rajoy acaba de declarar hoxe que para ser presidente do Goberno habería que esixir "algo más que ser mayor de edad y español". Non sei si eso se lle ocurrio a el só, ou foi cousa do outro.
Olvidouselle, a el e á súa sombra, citar un pequeno detalle: que, nunha democracia, ademais de español e maior de idade, tamén son precisos os votos dunha maioría suficiente.

Cousa que o noso presidente ten, mal que lle pese. E o señor Rajoy, tan listiño como é, non. Cousas da puñetera democracia, esto ya no es lo que era, con Franco no pasaban estas cosas...

A ninguén se lle escapa, nen mesmo ós que non temos máis méritos contraídos que os de ser maiores de idade e españois, que con esa estulticia o señor Rajoy tratou de insultar ó Presidente do Goberno. Pero máis aló diso, é unha pena, unha grande pena, que nonn tivera esa ocurrencia tan chusca cando se presentou a súa sombra, o xefe, para tal cargo: por moi permisivo que fose o filtro que propuxera don Mariano, houbéramos evitado oito anos nefastos na historia deste país.

Pero volvendo ó conto, púxenme a cavilar, que eu ás veces tamén cavilo, a que se referería o señor Rajoy con eso de "algo más". Porque a verdade é que non foi máis aló, deixounos a medias. Así que véxome na obriga de rogarlle algunha precisión adicional a tan capacitado personaxe, para que nos ilumine totalmente coa súa sapiencia:

  • ¿ Tería que esixirselle un sexo determinado ó candidato? Por exemplo, señor Rajoy: ¿podería unha muller ser presidenta, ou tería que ser home, coma vostede?.
  • ¿Sería a relixión un criterio a ter en conta? Por exemplo, señor Rajoy: ¿podería un ateo ser presidente ou ten que ser católico, apostólico, romano e neocon, coma vostede?
  • ¿Tal vez dependese da profesión que exercese? Por exemplo, señor Rajoy: ¿podería un simple mestre coma min chegar a presidente ou é preciso ser rexistrador da propiedade simple, coma vostede?
  • ¿Ou sería a ideoloxía unha limitación? Por exemplo, señor Rajoy, ¿podería un militante de esquerdas ser presidente, ou hai que ser da dereita (extrema) coma vostede?
  • ¿Quizás, xa por último, habería que ter en conta as inclinacións sexuais do aspirante? Por exemplo, señor Rajoy: ¿podería un homosexual (ou unha lesbiana) ser presidente ou tería que ser heterosexual...?

Pero non vou eu dedicarme somentes a meterlle o dedo no ollo con preguntas insidiosas, señor Rajoy, que non me gusta copiar; senón que fago aportacións, a ver se cunde o exemplo. Así que, Señor Rajoy, velahí vai a miña proposta para complementar as súas sabias declaracións. Propóñolle que non poidan ser candidatos á presidencia do goberno de España os que estén nalgunha das situacións que sigue:

  • Os que fosen elexidos para o cargo de secretario xeral do seu partido de forma "dixital", e non polas bases.
  • Os mentireiros compulsivos. Verbi gracia: os que dixeron un millón de veces que metemos a España na guerra de Irak porque o tirano daló tiña "armas de destrucción masiva".
  • Os mentireiros estúpidos. Por exemplo: os que din que centos de miles de toneladas de chapapote saíndo dun pecio no fondo do mar, veñen sendo aljo así como uns "hilitos de plastilina, tres o cuatro, que se solidificarán rápidamente"
  • Os mentireiros miserables. A saber: os que siguen dando a entender que o atentado do 11-M foi provocado por ETA, e que a saber que pasa cos do PSOE.
  • Os sinvergonzas carotas. Por exemplo: os que esixen ós demáis que fagan o que eles non fixeron nunca, e non lle conceden ós outros o dereito a facer o que eles fixeron.

Ó final vai resultar que non é tan mala a idea do señor Rajoy.
"¡Vaya usted a saber!"

Chuzame! chúzame -

DON JOSÉ MANUEL, MESTRE DE CORME

ESCOLA DE CORME
Ese que vedes á dereita da foto é Don José Manuel, o meu mestre de Corme. Un pouco á esquerda estou eu, co número 32, e cun libro de Carlos V na man que me rejalara ese día, e que aínda conservo.

Don José Manuel era mestre. Nada máis e nada menos que un mestre. Dos de antes.

Non quere esto decir que os de agora non sexan mestres, nen tampouco que sexan malos mestres, que ninguén se sinta ofendido. Pero os mestres de antes, cando eran bos, moi bos, como don José Manuel, o meu mestre de Corme, eran moito máis que mestres. Todo mundo sentía por el un profundo cariño e era considerado como unha autoridade intelectual e moral irrefutable. Éramos nenos, e facíamos travesuras, faltaría máis; pero nunca vin a ningún neno faltarlle ó respeto a don José Manuel, tal era a súa autoridade moral. O que el dicía iba a misa.

Don José Manuel era un adiantado do seu tempo. Pola súa metodoloxía e pola súa actitude cara os alumnos. Sempre cariñoso, nunca perdía a compostura, sempre de bo humor, nunca berraba...E por suposto, nunca se lle pasaba pola cabeza pegar ós seus alumnos. Esto que agora parece tan normal, naqueles tempos de "la letra con sangre entra" era excepcional: a cousa máis natural do mundo era que os mestres pegaran ós seus alumnos. Pero don José Manuel era un home especial.
Recordo catro cousas que non esquencerei nunca da escola de Corme: o caderno de rotación, as saídas polas tardes, os regalos que recibimos ese día da foto e o queixo e a leite que tomábamos ó recreo. Pero eso queda para outra ocasión.

Hoxe quero recordar un feito que retrata perfectamente a don José Manuel como unha persoa excepcional.

Dixen antes que nunca vin a don José Manuel pejarlle a un neno. E é certo que eu non...Pero un rapaz aljo maior ca min, que foi alumno de don José Manuel un par de anos antes, e que agora é pediatra en Vigo, díxome este verán en Corme que el si que viu un día a don José Manuel pejarlle a un neno. E cando mostrei a miña incredulidade, contoume o que vos relato a continuación:

Un día don José Manuel, que despois de todo era humano, perdeu os nervos cun rapás que lle estaba amarjando o día e non paraba de facer falcatruadas. E nun momento de debilidade, arreoulle unha labazada nos beizos. Só unha.

Por un momento, toda a clase quedou no máis absoluto silencio, que nunca tal cousa viran. Ó neno parou. Sorprendido, mirou para don José Manuel como non querendo dar crédito, pero nen sequera chorou, que non fora para tanto. E ahí parecía que ía quedar o conto.

Pero ó día seguite pola mañá, don José Manuel díxolle ós rapaces: " Recoged las cosas, que hoy vamos de paseo". Todos quedaron aljo sorprendidos, porque eses paseos eran sempre vespertinos. Pero recolleron os trebellos e aló foron, detrás do mestre cara Corme (a escola estaba na entrada do pobo, na curva do Chalé, ó fondo da praia da Arnela).

Pouco a pouco foron decatándose de que o paseo era atípico. Entraron no pobo e subiron cara o Jafote (ou a Riloa, agora non recordo ben), e entón xa todos viron que ía á casa dos pais do rapás da labazada...
Cando chejaron á porta, o mestre chamou e saiu o pai do neno. E alí mesmo, diante de tódolos rapaces da escola, don José Manuel dirixiose ó pai máis ou menos nestes términos:

- Vengo a decirle que ayer le pegué una bofetada a su hijo.
- ¡E moitas máis que merece ese desjraciado, que non fai nada bó, delle, delle, por min non se preocupe, ainda que lle parta o lombo, máis lle vou a...!- empezou a dicir o pai.
-No, no - interrompiulle o mestre - Lo que quiero decirle es que nunca debí hacerlo, que con la violencia jamás se consigue nada. Y he venido aquí para pedirle disculpas por ello.

Así falou don José Manuel, o meu mestre de Corme, diante de tódolos seus alumnos , dándolles a todos eles, pero sobre todo tamén ó pai, unha lección que de sejuro non esqueceron na vida.

E así mo contou, emocionado, un rapás que estuvo alí aquel día.

Xa me diredes se teño razón ou non cando dijo que don José Manuel era un home especial.

Nunca o esquecerei. E ás veces, cando penso nel, énchenseme os ollos de bágoas.

Chuzame! chúzame -

A SOMBRA DO BIJOTE É ALARJADA

Hoxe publica El País unha viñeta de Forges moi ilustrativa, como todas ás deste galego xenial. É esta que reproduzo aquí:

forges.jpg

Fixádevos como se lle quedou a cabeciña ó pobre catedrático de lóxica.
Lóxico.
Eso pasalle por parvo, por intentar comprender "lóxicamente" un comportamento que non responde a parámetros "lóxicos", senón utilitarios.
Eu, que non son catedrático de lóxica nin de nada de nada, entendo todo perfectamente, perdóneseme a chulería. E voullo explicar a ese probiño catedrático da viñeta a ver se lle volven os miolos ó seu sitio.

1. É certo que o PP tamén nejociou con ETA. É certo que o bijotes nesa nejociación acercou presos e denominou á banda como "movimiento de liberación nacional". É certo que non pasara antes polo congreso para que lle autorizara a iniciar o proceso. É certo que o PSOE, non lle pediu explicacións en ningún momento, e apoiouno sempre. É certo que cando se rompeu a tregua e ETA volveu a matar, Almunia (secreatario xeral do PSOE) saiu inmediatamente a dicir que "el único responsable es ETA y el gobierno cuenta con todo nuestro apoyo". É certo que, cando se convocou a manifestación para protestar polo asesinato que rompeu a tregua, o PSOE acudiu a ela sen condicións de ningún tipo.

2. É certo que o presidente Zapatero nejociu con ETA . É certo que Zapatero non acercou presos e que sempre lle chamou a ETA polo seu nome. É certo que el sí pasou polo congreso que autorizou o inicio do proceso. É certo que a oposición, o PP, sempre lle estivo pedindo explicacións, acusándoo de "traicionar a los muertos" e non apoiou o proceso en ningún momento. É certo que cando ETA volveu a matar, Mariano non saliu a dicir que o único responsable era ETA; antes ben ó contrario, o PP recrudeceu a súa campaña de acoso e derribo contra Zapatero.

3. É certo que o PP (e os obispos) acudiron a tódalas manifestacións (cinco) dos últimos tempos convocadas pola AVT . É certo que non houbera ningún atentado con mortos antes de ningunha delas. É certo que en ninguha delas figuraba no lema a palabra "libertad". É certo que en todas elas se berraron cousas noxentas e miserables, verbi gracia: "Zapatero, vete con tu abuelo", "Zapatero asesino", "ZETAP", e outras lindezas polo estilo.

4. É certo que asociación de ecuatorianos e os Sindicatos convocaron para onte unha manifestación contra ETA. É certo que foi convocada porque ETA rompeu a tregua colocando un coche bomba na T-4 de Madrid e matando así a dúas persoas. É certo que o PP, a AVT, o alcalde de Madrid e a Presidenta da Comunidade non acudiron á manifestación. É certo que no lema figuraba a palabra "libertad", engadida a última hora porque o PP decía que non acudiría se non aparecía esa palabra. É certo que na manifestación non había pancartas como "Aznar asasino" ou "Mariano, que te den por el..." nen outras polo estilo.Só miles de pancartas coa palabra "PAZ. É certo que se convocou outra gran manifestación en Bilbao. É certo que a esa manifestación non acudiron nin o PP nin HB

Así pois, dende un punto de vista lóxico que é o que lle interesa ó catedrático de Forges, podemos concluir e concluímos o seguinte:

1. O que de verdad lle preocupa ó PP é volver a subir ó machito. O terrorismo interésalle como medio para lograr tal fin.

2. En consecuencia, utiliza todo canto pode ese tema para desgastar ó goberno.

A sombra do bijote é alarjada e Mariano está pejado nela con Lotite (polo menos). Aló el.
Pasarán xuntos a formar parte da historia da infamia deste país.

Dijo eu

¿Ou non?

Chuzame! chúzame -

Ninsesabepuntocom is powered by Wordpress | WordPress Themes