Despois dunha farsa de xuizo, plagado de incidentes e mesmo de crímenes, sen a menor
das garantías, finalmente foi executado en Bagdad un criminal, un dos peores do século XX.
A acusación que pesaba sobre el era moi grave: mandou executar a máis de 140 persoas acusándoas de preparar un atentado contra a súa persoa. Pero fixera moitas outras atrocidades, polas que non estaba sendo ¿xulgado? nese ¿tribunal?. Posiblemente a peor de todas a utilización de gas mostaza contra a población indefensa kurda, ocasionando máis de cinco mil mortos.
Con motivo da súa execución quero manifestarme de novo en contra da pena de morte, esa atrocidade inhumana inxustificable dende calquera punto de vista. En primeiro lugar dende o punto de vista dos creentes, por aquelo do quinto mandamento. Pero tamén dos que nos declaramos agnósticos, porque matar nunca soluciona nada e coloca ó executor á altura moral do executado.
Neste caso en concreto é curioso ademais como se aplica a hipocresía e a doble vara de medir: fumigar con gas mostaza é unha atrocidade, ninguén o duda, pero non superior á de arrasar o mercado de Bagdad ás doce do mediodía con bombas de racimo. Non vou a insistir en datos, somentes un: dende que os ianquis invadiron Irak van 150.000 mortos civís. Non o digo eu, nen unha fonte de información nada sospeitosa de antiamericanismo: é o resultado dunha investigación científica de profesores dunha universidade americana.
E dijo eu: ¿se Saddam Hussein debe colgar dunha corda ata morrer por matar a 150 persoas, por que non facer o mesmo con George Bush responsable directo de mil veces máis mortos?
En certo modo tiveron sorte, permítaseme o sarcasmo, os kurdos, que ven ó final como o seu asasino é axusticiado; non así o resto dos irakís, que ainda van ter que darlle ás jracias ó Tío Sam pola desfeita.
A xusticia, repito, non existe.
Dijo eu.
¿Ou non?
chuzame - 
