Archive for novembro, 2006

¿GAIVOTAS OU BUITRES CARROÑEROS?

« 19 novembro 2006 | 11:12 | Manda chover na Habana | 1 Comment »

O Partido Popular acaba de editar un vídeo para denunciar o estado de caos e inseguridade que asola o país dende a chegada ó poder de Zapatero.

Esto da utilización das novas tecnoloxías para convencer ó personal das virtudes propias ou dos defectos alleos, non é novo. Fai ben pouco, CIU lanzou outro ó "mercado" no que calquera se podía enterar do mal que o fixeran os do tripartito. No lle debeu de dar moito resultado, porque o tripartito segue, pero ese é outro cantar. Antes, fai uns meses, o PP do País Vasco sorprendíanos a todos cun vídeo no que, para homenaxear a Miguel A. Blanco, viamos como arredor da rosa do PSOE iba aparecendo a serpe de ETA. Mensaxe emitido: socialistas=etarras=asasinos de Miguel. E nesas seguen máis ou menos. E o propio PSOE, fai xa un tempo publicou o famoso vídeo do doberman, que no seu momento pareceunos soez, chabacano, equivocado e insultante, pero que, visto o visto, era máis ben light ...

Escoitei onte dicir a un responsable do PP que o vídeo era necesario para "ilustrarnos" (a nos, ós deslustrados) acerca da situación de inseguridade alarmante na que vive o país, que, xa se sabe, está a piques de romperse polos catro costados. Así, as imáxenes, axudarían ás persoas pouco informadas a coñecer a dura realidade do desgoberno socialista en materia de seguridade. Ata aquí, todo normal, repugnante pero normal. Nada novo.

A novidade é que (¡vaia por Dios, que horror de cálculo!), moitas das imáxenes que se esolleron para tal fin corresponden á etapa do goberno popular, entre elas, por exemplo, un atentado etarra. Esto xa é un salto cualitativo en relación ós vídeos anteriores. É dicir, que para facer ver á xente ó abismo ó que nos conduce Zapatero, o demo maior do reino, ó PP parécelle ben utilizar imaxes de cando eles mesmos gobernaban i eran os responsables do que nelas podemos ver. Esto clamalcielo, pero é unha proba inequívoca de que o PP rebasou xa calquer límite, deixa o sentidiño definitivamente pola popa e, a partir de agora, máis que nunca, todo vale. Preparémonos pois para o que nos espera.

E dijo eu que, postos a poñer imaxes do pasado eu noto algunhas ausencias que lle poderían axudar ó PP nos seus fins: por exemplo, poderían poñer unha secuencia da carga policial na Coruña contra o público que se concentraba para protestar contra o outro que era recibido con tódolos honores por Paco Vázquez, despois da desfeita do Prestige. Ou as cargas policiais na universidade de Barcelona; ou mesmo aquela enternecedora escea nun mitín do PP na que a masa dominante "invitou" a salir do recinto a un rapaz que protestaba contra a guerra de Irak; ou aquela impagable frase do outro de "había un problema, lo hemos solucionado", pronunciada despois de drogar a un grupo de emigrantes e metelos nun avión de volta ó inferno. Ou mesmo a foto do trío das Azores que, dígase o que se diga, é a antesala dos atentados do 11 de marzo... Que, por certo, tampouco estaría mal incluir imáxenes dese día, como colofón e resumo da era do outro no vídeo de marras.

Pero faltaba o "más difícil todavía". E o PP, sempre disposto a superarse, reservou a guinda para o postre: encargoulle a Aceves que presentara o vídeo. Así pudemos disfrutar da imaxe de ver ó responsable da seguridade do goberno do outro presentar un vídeo con imáxes violentas acontecidas cando el era ministro de interior, para "ilustrar" ós cidadáns acerca da inseguridade producida polos que agora gobernan...

Manda huevos que diría Federico Trillo.
Carota, carota, que diría Manolo Castelo se se tratase dun árbitro de fútbol anticasero en Riazor.
Miserables, dijo eu.
¿Ou non?

Chuzame! chuzame -


¡ACIDO BÓRICO, QUE VEÑEN AS CUCARACHAS!

« 15 novembro 2006 | 21:46 | Manda chover na Habana | No Comments »

O PP vai a solicitar unha comisión de investigación polo conto do ácido bórico. En serio, menos coñas. A ver que o repito: ó PP resúltalle moi, pero que moi, sospeitoso que na casa dun etarra e na dun alqaedo aparecera ácido bórico...

A partir de aquí, a cousa está clara, din os dirixentes peperos que están que botan por fora: etarras e alqaedos prepararon en amor e compañía o atentado. Dirixidos, claro está, por sociatas resentidos dende o cárcere. Sejuramente Rafael Vera, sejindo instruccións de Felipe González.
Calquera persoa con aljo de sentidiño, poderialle decir a Zaplana, alomojor, e mesmo a Acebes se chejase o caso, aljo así coma:

Pero porelamordelcielo, tíos, xastá ben co tema do ácido bórico. Non vos dades conta do ridículo espantoso que estades a facer, se todo dios ten ácido bórico na casa, joder, que serve para matar cucarachas e sacar o cheiro dos pes, que miña sojra dende que o usa ata lle cheiran a jloria os callos (dos pes, claro, que ós outros séntanlle mellor os cominos)...Pero se é moito máis doado facer estoupar unha tonelada de ladrillos do 8 usando como carburante auja bendita, e sen mecha, que facer reventar unha botella de ácido bórico, que nin con jasolina arde... ¿como cojones sejides con ese conto a voltas? Queldemoniomelleve, se non tendes menos luces que un semáforo en ámbar, enlosdíasdemivida, parade xa tíos...

Pero as cousas son como son, e non como parecen, din os do PP. ¿E como son, dijo eu?
¿Pero lojo ti non les a Jota Pedro (Zola), o loitador pola libertade de expresión en forma de piscina?
Pois ahí está, ahí está, ahí está...toda, todita la única verdá.
Grosso modo:

Etarras, alqaedos, altos membros da policía, aljún xuiz e membros do PSOE resentidos (con Felipe á cabeza, claro), puxéronse dacordo durante moito tempo para derrubar o goberno do bijotes. E planearon estoupar varios trens a tal efecto, pero facendo crer a xente que só foran os alqaedos, que tontos de todo non son.
Todos os preparativos tiveron lugar cando Mariano e Acebes eran ministros do interior, pero ambos nin se enteraron porque foron traicionados polos altos dirixentes que eles mesmos nombraran, e que resultaron ser todos eles uns traidores que nin que foran sociatas. Pode que Vera tivera que ver no asunto.
Roubaron os explosivos e puxéronos nos trens. Pero tiveron bo cuidado de non usar os habituais de ETA, que son cabróns, pero non tontolabas.
Chejado o día, unha morea de policías corruptos, en vez de axudar na hecatombe, dedicáronse a eliminar probas: cambiaron unha mochila, manipularon teléfonos, fixeron as do demo cunha furgoneta, etc.
Acebes, o probiño, sejía sen enterarse, vilmente enganado polos sus subordinados, que menuda panda de cabróns que nombrara no seu día.
De tódolos xeitos el xa dixo dende o principio que fora ETA, ainda que todos os informes apuntaban para o outro lado. Pero, listiño que é o Angelito, el xa se dou conta de que os informes estaban amañados...
Finalmente un xuiz corrupto, ó servicio de Rafael Vera e Felipe González, elaborou un sumario de tropecentas mil páxinas tendo bo cuidado en omitir os numerosos indicios que apuntan a ETA.
Eso sí, o moi cabrón incluíu no sumario un informe elaborado polo CNI en tempos do bijotes, que vincula os atentados coa entrada de España na guerra de Irak. ¡O que demostra que o CNI tamén estaba compinchado!...

Pero todo eso por fin agora vaise descubrir tirando do fío do ácido bórico, o das cucarachas.

Eu por si acaso, tirei un frasquiño que tiña ó mar, non vaia selo demo...
Entrarán cucarachas polas tuberías, pero prefiro as cucarachas de sempre a estas de novo cuño que nos están envenenando a convivencia.

Chuzame! chuzame -


POÑÉDELLE VOS O TÍTULO…

« 12 novembro 2006 | 20:59 | Manda chover na Habana | 2 Comments »

cabroncete1.jpg

¡Aquí mando eu e ó carallo!, parece dicir John Bolton, o embaixador do Imperio ante a ONU. E ó millor é o que está dicindo...

Hoxe vou ser breve, entre outras cousas porque non está o alcacén pa jaitas.Nótese a autoridade do tipoO Consello de Seguridade sa O.N.U. (ou Inseguridade, non sei ben) acaba de rexeitar unha resolución de condea a Israel, presentada por Qatar (curiosamente o único país árabe do Consello) pola atrocidades cometidas hai uns días en Gaza. O Tío Sam púxolle o veto (esta es la trixésimo-primeira vez que o fai) co que queda meridianamente claro, por se había dúbidas, quen é o xefe do cotarro, o protector e o cómplice-colaborador do terrorismo israelita. Pero tampouco tódolos demáis, incluindo a Unión Europea, vexo eu que fixeran moitos esforzos por sacar adiante a condea. Nin observo un movemento de repulsa do mundo "civilizado" contra Israel.

Entendámonos ben: non era unha declaración propoñendo sancións, nen sequera leves, senon condeando (suavemente) a barbarie. Querían tirarlle un pouquiño das orellas sen máis.

Viña sendo aljo así como así como:

"A ver tíos, tende aljo máis de cuidado co que facedes, joder, non vos pasedes tanto, que eso de despanzurrar nenos e mulleres está moi mal visto, que lojo sale na televisión, e vense pernas e brazos por aquí e por acolá, e tripas reventadas, e cabezas esfoladas, e mulleres berrando coma tolas, que hai que ver como berran esas condenadas por calquer cousa, que poñen a un dos nervios, nin que as estivesen matando... E xa sabedes como son de sensacionalistas estos putos periodistas, e claro cheja a hora de comer e veña a dar a tabarra no telediario, hai que joderse, que lle sacan a un o apetito e as veces nen apetece o marisco. Así que non o tomedes a mal, pero temos que propoñer unha condea, pequeniña pero condea, sen que se note moito, nada importante, sen sancións nin nada, máis que nada para xustificar os salarios que cobramos, que senón vai dicir a xente que estamos aquí rascando os collóns e que todo nos importa unha merda. E ó final poden chejar a pensar que a ONU no serve máis que para protexer ós fortes e machacar ós débiles, e que para ese viaxe que o demo me leve se se precisaban alforxas, e que case sería mellor cerrar o chiringuito e vender os pisos a unha inmobiliaria, que menudo pastón que íamos a sacar, que poderíamos axudarlle ó Tío Sam a invadir Irán e todo... E a ver como lles explicamos que eso é mentira, e que nos estamos aquí para manter a orde no mundo, tratando por ijual a uns que outros, traballando coma nejros e sacrificando as nosas vidas en beneficio da humanidade..."

Pois nin eso. Non houbo maneira.

Este mundo é unha merda.

Dijo eu.

¿Ou non?

Chuzame! chuzame -