Archive for outubro, 2006

EN DEFENSA DOS SEÑORES FRAGA E PIQUÉ

« 31 outubro 2006 | 16:28 | Dijo eu ¿ou non? | 2 Comments »


Para os que me coñecen decirlles que non, non toleei. Para os que no, que as miñas coincidencias ideolóxicas co PP son nulas. Resido nas antípodas.

Pero dende esa posición de discrepancia absoluta cos seus postulados políticos, quero manifestar públicamente a miña máis absoluta repulsa por dous feitos acontecidos últimamente que limitan a liberdade de militantes do PP. Refírome ó incidente que impediu a Fraga impartir unha conferencia na universidade de Granada e os acosos e intentos de agresión a Piqué en Cataluña.
E punto, como diría o propio Fraga. Non quero, nin debo, nin podo engadir ningún tipo de pero. Os feitos citados son de todo repudiables e ningunha circunstancia pode justificalos.
Dito esto, quero asimismo facer algunhas precisións.

É de destacar que os afectados recibiron as mostras de solidaridade dos seus contrincantes políticos. No caso de Fraga, As Xuventudes Socialistas , o presidente da Junta de Andalucía, o PSOE e, en fin, todos os grupos políticos, condenaron sen paliativos estes feitos. O Partido Popular refiriuse ós mesmos como un "atentado á democracia".
En canto ó señor Piqué,baste dicir que o PSOE expulsou fulminantemente ó lider das Xuventudes de Martorell por participar nos incidentes e que o propio Carod Rovira, tan denostado el, condenou os feitos sen pailiativos.. Personalmente escoiteille a Piqué declarar, a preguntas dun periodista, que recibira chamadas dos seus contrincantes políticos solidarizándose e interesándose polo seu estado.

Por último, recordemos que o Senado aprobou por unanimidade unha resolución de apoio a Fraga e Piqué polo acoso recibido.

Pero esto non sempre foi así.

Fai un tempo, Felipe González sufriu un boicot similar ó de Fraga nunha charla na universidad, pero ninguén do Partido Popular se manifestou en contra, que eu recorde, daqueles feitos. Ninguén dese partido chamou ó señor González para solidarizarse con el. Por contra o propio señor Fraga dixo, máis ou menos, que os gobernantes tiñan que estar ás duras e ás maduras. Vamos, que eso íalle no soldo ó señor González e que, xa se sabe, ajo y agua. En fin que o señor Fraga "comprendía" ós estudiantes como tempo atrás comprendera ós golpistas do 23 F, que sejún el eran "personas llenas de buena voluntad".

Recentemente o señor Bono e compañía foron empuxados, insultados, ultraxados e mesmo tiveron que ser protexidos para non ser agredidos por militantes do PP nunha manifestación que, ó final, víronse obligados a abandoar. Tampouco nesta ocasión o Partido Popular se posicionou contra os agresores. Houbo condeas a título individual, como a de Ruiz Gallardón, pero a postura "oficial" foi ben diferente. Os militantes non foron, dende logo, expulsados; e máis, foron tratados coma heroes por moitos dirixentes do seu partido que acabraon por transformalos de agresores en víctimas. O culpable resultou ser Bono, todo un provocador por ter acudido á manifestación...E quero recordar que os policías que detiveron ós agresores están procesados e os agresores libres de toda culpa.

Así pois, non pode o Partido Popular sentirse agora ofendido por feitos e circunstancias que, cando as sufren os demais, parécenlle razoables. Non lles asiste o dereito a queixarse cando lles parecía mal que se queixaran os demais. En consecuencia están deslexitimados moralmente para esixir nada a ninguén neste sentido. Como decía aquel cura, " meus amigos, hai que joderse e amar a Cristo".

Dijo eu.

¿Ou non?

Chuzame! chuzame -


POTIÑOS

« 24 outubro 2006 | 17:35 | Sempre no recordo | No Comments »

Preguiceiro, soñador, hipocondríaco, garatuxeiro, romántico, images.jpg
xeneroso…
Potiños era, sobre todo, unha boa persoa.

A súa ocupación primordial era o dolce far niente... E o tempo que lle sobraba, que era moito, empregábao en ler a Marcial Lafuente Estefanía, Keith Luger, Silver Kane, Clark Carrados, Zane Grey… Incluso ás veces lía novelas de amor de Corín Tellado. Pero como, sejún el dicía poñendo os ollos en branco e retorcendo nerviosamente o bijote, facíano chorar, non prodigaba demasiado ese tipo de lectura. En realidade, a súa especialidade eran as novelas do oeste, e o seu ídolo Marcial Lafuente Estefanía.

Así que Potiños, máis interesado nas novelas que na propia vida, era un ser encantador e fantasioso, que sempre estaba disposto a facer un favor, pero que ás veces tiña que facer certas falcatruadas para sobrevivir decentemente. Como aquela ves na que, sejún din as malas lenguas, lle comprou un martelo a Pedro, o da ferretería da Ponte, por dez pesos e foillo vender do trinque a Mato, o ferreiro, que lle dou por el cinco pesos…Claro que a Pedro quedoullo a deber.
Ainda que, todo hai que decilo, Potiños sempre acababa pajando as súas deudas. Así que o nejocio do martelo só lle serviu pa saír do paso nun momento de apuro, e, a fin de contas, como lle soe pasar a tódolos inocentes, saíu perdendo. Porque Potiños, no fondo, era moi inocente.

Pola nosa casa viña tódolos días. Bueno, tódolos días menos cando lle daba a neura e se metía na cama, enfermo de morte, cousa que ocurría con certa frecuencia. Pero salvo eses días nejros, que todos temos na vida, sempre viña polo menos dúas veces no día: unha pola mañá e outra pola tarde. Entraba na barbería retorcendo o bijote e alí se sentaba sen presa, parolando e parolando sen descanso, contando chistes e lerias cheas de picardía, repasando a vida social do pobo con ironía e bo humor. Nunca se cansaba de falar. E miña nai escoitábao cunha media sorisa nos beizos e con aquela paciencia infinita que tanto boto de menos.

De vez en cando vendíalle calquera cousiña á miña nai: uns pendentes, un anel, mesmo unhas manciñas das que lle sobraban...E sempre, no tempo delas, traía os bolsillos da chaqueta cheos dunhas mazás reinetas …¡Que mazás! Non esquencerei nunca o ulido daquelas mazás dun aspecto e dun sabor coma non volvín a ver na vida. Potiños presumía de que as da súa horta eran as mellores da Ponte, e eu penso que non esaxeraba moito neso, con permiso das da casa de Valiña que pouco ou nada lle tiñan que envidiar. Nunca cobrou nada por elas, nin ainda cando máis precisado de cartos andaba.

A min, que naqueles tempos ía para porteiro de fútbol, explicábame como debe un bo gardaredes despexar un balón con elegancia: cos cóbados, como facía Juanito Acuña, dicía el que tamén fora porteiro…E poñíase de pé, coas pernas abertas e as mans apoiadas na cintura, facendo ese xesto de xirar o corpo para darlle ó balón cos cóbados... Nunca o esquecerei.

Houbo un tempo no que miña nai, ademais de barbeira, facía de libreira. Tiña cinco fillos e un marido chatarreiro, e pola semana a barbería non era moita cousa, así que había que espabilar. Non é que tivera unha librería, pero vendía e cambiaba novelas e tebeos nun curruncho ó lado da barbería: El Capitán Trueno, El Jabato, Roberto Alcázar y Pedrín, El Guerrero del Antifaz…
Nesto do cambio de novelas tiña miña nai moitos clientes fixos cada día, porque claro, cambiar era moito máis barato que comprar, e os tempos non estaban para excesos nin alejrías pecuniarias... E polo prezo dunha podías ler catro ou cinco. Pero ningún era tan bo cliente coma Potiños: non había día que salise da barbería coas mas valeiras. Máis que ler, devoraba novelas.

Un día chejou á barbería todo axitado.

-¡Chela, Chela! Xa está. Voume a facer rico. Vou escribir unha novela.

Hai que aclarar que Potiños sempre andaba coa teima de facerse rico. Pero rico, rico. Sempre andaba dándolle voltas en busca da maneira máis axeitada de conseguilo (sen traballar, claro) e facíanos a todos partícipes dos seus proxectos millonarios.

Durante dous días non vimos a Potiños pola Trabe. Estaba encerrado na casa escribindo unha novela, do oeste por suposto, coma as do seu ídolo Marcial Lafuente Estefanía.

Ó terceiro día apareceu de novo pola barbería.

-¿Qué Potiños, como vai esa novela? –díxolle miña nai, que cando quería era moi mala, e sempre moi retranqueira.

- ¡Boh! Nada, Chela, non podo sejir. Levo dezasete páxinas e xa os matei a todos…

Ahí acabou a aventura literaria de Potiños.

Un día Potiños dixo que xa estaba canso de vivir e que ía a morrer. Pero desta vez ía morrer de verdade, sen contos, sen trampa nin cartón.
Era a finales de agosto. Así que non atopou millor día para morrer que o martes da Barquiña. E durante dúas semanas díxolle a quen quixese escoitalo que morrería o útimo día da festa.

O luns pola noite tivo que ir o médico á súa casa. As súas irmáns non comprendían como se puxera tan grave de repente. O martes a febre pasou dos 40 graos, e ninguén daba unha perra pola súa vida. Parecía que Potiños ía saír coa súa.

Pero non. Pasou o día e, pouco a pouco, foise recuperando.

Pasados os anos, ainda lle dou dou tempo de casar e finalmente, morreu cando lle tocou, como todo o mundo.

Non sei por que, pero cando cheja o outono sempre me acordo de Potiños.
E paréceme que estou ulindo aquelas reinetas, que daba xenio velas.

Chuzame! chuzame -


O XEFE DA(S) FA(LANGE)ES(PAÑOLA)

« 22 outubro 2006 | 21:41 | Para olvidar axiña | No Comments »

Houbo un día no que dixen basta. Foi o día decidín que non quería saber nada máis deste homiño da foto, que dajunha forma hai que definilo. Foi cando dixo aquelo de que eramos "perros que ladran su rencor por las esquinas". Así falou o presidente dunha nación referindose a uns ciudadanos que, simplemente, exercían o seu dereito a manifestarse. Quedou claro que lle viña moi ancha a democracia a este individuo. Nunca entendín como un home desa calaña pudo chejar a ser presidente dun país civilizado, habendo, como hai, na dereita española tantas persoas decentes e competentes. Así que aquel día foi o punto final: nunca máis volvín a velo nin oilo. Se o nombraban no telediario, cambiaba de canal, se estaba escoitando a radio e falaban del, apajaba o aparello. Para min morrera o bicho. Pero o correo electrónico resucitouno. Chejoume un email coa noticia do incidente con Marta Nebot. Este pobre home, que o mesmo fala catalán na intimidade que texano cos pes enriba da mesa do seu amigo ianqui, que saiu moi juapo na foto das Azores, este home de sonrisa de hiena e bijotes hitleriano-chaplinescos , este homiño que, como decía non sei quen, é un nejocio redondo compralo polo que vale e vendelo polo que el pensa que vale...este home, en fin, acaba de demostrar que tamén é un perfecto macho ibérico. Xa con anterioridade tiña dado mostras inequívocas do seu pensamento troglodita. Nunha ocasión, respondendo a un cuestionario, dixo que o que máis lle gustaba dos homes é que foran "responsables" (coma el, claro) e das mulleres, que foran "mulleres, mulleres". Coma o café pero en muller. Responsable ou non, intelixente ou torpe, boa profesional ou mala, sincera ou mentireira, culta ou ignorante, egoísta ou solidaria... eso non importa: a muller, que sexa muller muller. E que deixe as cousas importantes para o home. Como ten que ser. Así que non é de extrañar que lle metera o bolígrafo polo escote a Marta Nebot. E se non houbera xente nese momento, ia enterarse esa periodista de merda. ¿E que foi o que tanto irritou ó cavernícola da FA(lange)ES(papñola)? Pois que ela lle prejuntara aljo relacionado a cando lle cahmou a ETA "Movemento de Liberación do Pobo Vasco" (pouco despois, por certo, de que os etarras asasinaran a Miguel Ángel Blanco). E claro, eso a el, nestes momentos nos que está ocupadísimo intentando que fracase como sexa o proceso de paz (¡canta falta fai un morto! Veña, a rezar...), jodiolle moito. Porque como ademais resulta que ETA temén cometeu o atentando do 11-M non lle justan prejuntas deste tipo, nos ha jodido, porque el non nejociou con ETA, como está facendo o miserable de Z-ETA-P... É unha pena que non reaccionara a periodista como tiña que ser: dándolle unha boa labazada a semellante porcallento moral. Pero bueno, tal vez pensaría Marta que cando non se teñen juantes pode resultar moi desagradable meter a man sejún en que sitios... Dijo eu. ¿Ou non?

Chuzame! chuzame -