Archive for the 'Un sorriso, por favor' Category

CHIKILICUATRE

« 24 Maio 2008 | 12:42 | Un sorriso, por favor | 11 Comments »

Case mellor non dicir nada.

Si acaso que o do Fary vai ser que non.

Graciñas ó meu afillado Nando, sempre na fura de diante, como ten que ser.

Chuzame! chuzame -


AVISOS E COMUNICADOS

« 28 Febreiro 2008 | 0:22 | Un sorriso, por favor | 10 Comments »

Perdeuse a nena do conto de Mariano, Caperucita Roja y Gualda.

Falta do seu domicilio (Rúa dos Bispos, 69) dende hai unha semana, e Mariano, como vedes, quedou totalmente trasposto.

A rapaza é alta, forte, morena, sabe bailar sevillanas (e flamenco),  adora a El Fari, jústanlle os touros, é socia do Real Madrid, fala idiomas polos codos (injlés, francés, alemán e chino), ten tres títulos universitarios, leva un bonobús nos dentes, e cando bica é que bica de verdade (pero sacádelle antes o bonobús).

A última vez que a viron ía escapando do lobo marxista, envolta nunha bandeira española e cantando o "Cara el Sol" co brazo en alto.

Gratificarase con un escapulario coa imaxe de San Josémaría Escrivá de Balaguer (o outro Josémari aínda non foi canonizado)

ÚLTIMA HORA: non perdades o tempo buscándoa. Xa apareceu. Mellor dito, apareceron dúas, hai que joderse. A ver agora a quen lle damos o escapulario.

A NENA DE MARIANO (I): RAJOYDI 

A NENA DE MARIANO (II): CARMENCITA.

Chuzame! chuzame -


MINISTERIO DA FAMILIA

« 11 Xaneiro 2008 | 15:58 | Dijo eu ¿ou non?, Un sorriso, por favor | 6 Comments »

O anuncio feito onte por Mariano Rajoy da creación dun Ministerio da Familia non me colleu por sorpresa, porque fai tempo, dito sexa con toda a modestia, que teño información de primeira man no tocante a este asunto, e a outros moitos que iremos desvelando no seu momento, que agora non toca, jracias á miña amizade con Borja María Serrano del Real, importante dirixente xuvenil do partido da jaivota en Ferrolterra.

E máis, dende Ninsesabepuntocom estamos en condicións de ofrecer, como primicia informativa de primeira magnitude, a imaxe do candidato mellor situado para dirixir ese importante ministerio.

rouco.jpg

Refírome ó do primeiro plano.

O da dereita, atrás en sejundo plano, parece que vai para Director Xeral de Relacións Prematrimoniais, un chollo, claro.

Nihil Obstat, dijo eu.

¿Ou non?

Chuzame! chuzame -