
Non esperaba eu moitas novidades na manifestación de onte contra o goberno despois das 5 anteriores, se levo ben a conta. Esperaba máis ou menos o de sempre, e así foi. Son ese tipo de xestos e actitudes que a min recórdanme ó NO-DO ... A saber:
- Milleiros de bandeiras españolas, o himno español ó final... España é nosa (quérennos dicir), e vos estádela gobernándoa de forma ilexítima (quérenlle dicir o PSOE)
- Os insultos a Zapatero. Mellor escoitádeos aquí. Non me digades que non vos entra un escalofrío pola espalda. Eu sinceramente sinto medo. Xa sei que a xente moza rírase de min; pero eles non recordan os tempos do NO-DO, e sejuramente tampouco estaban por aquí o 23-F. E aljúns dos que estaban onte por alí, sí que estaban, xa o creo que estaban.
- A presenza da plana maior do PP, todos aqueles que lle chamaron no seu día "pancartero" a Zapatero, co bijotes ó frente, vivir para ver. Incluído, esta vez si, o alcalde que xa parece que renunciou definitivamente ó sentido común. ¿As eleccións están cerca e París ben vale unha misa, ou é que nos equivocáramos con el?
No obstante houbo dúas novidades en relación con anteriores manifas.
Unha delas chusca, o toque folclórico: apareceu por alí un ecuatoriano dunha asociación fantasma, creada ós poucos días do atentado, e que, no momento da súa creación contaba con cero asociados. Cero patatero, como lles justa tanto dicir... Por se quedaba aljunha duda ben se ve que aquí vale todo.
Pero a outra, verdadeiramente deixoume patidifuso. Foi nos discursos finales. Máis ou menos todos se despacharon a gusto, pero o profesor Mikel Buesa dixo algo que non sei eu si se daría conta de que o estaba dicindo, ou polo contrario sabíabo ben. Textualmente:
"El terrorismo es política"
Eu non daba crédito ó que oía, pero iso dixo, palabrita del niño Jesús, que despois volvino a oír outra vez máis, e hoxe pola mañá mesmo alguén o comentou tamén pola radio: el terrorismo es política. Manda chover na Habana. ¡Pero que iñorante son eu, léveme o demo! ¡Canto me queda por aprender de profesores coma o señor Buesa!
As conclusións que se desprenden desa frase son espeluznantes pero eu prefiro non ir máis aló, que me coñezo, e lojo dijo cousas que non quería, e polas noites durmo mal, que me entran remordementos. Así que,deixo ó voso bo criterio que saquedes as conclusións pertinentes.
Estou farto de ouvir que en España non existe un partido da extrema dereita, que iso foi un gran mérito do señor Fraga, e que iso nos diferenza doutros países europeos. Quero dicir claramente, dunha ves por todas, que non participo desa opinión. Non existirá como partido, pero é que non é necesario porque están perfectamente integrados no Partido Popular. Cada día, polo que se ve, son máis e copan os postos da dirección do partido.
Como exemplo aí tedes ó da foto.
Fixádevos a identificación que se establece na pancarta que está detrás del: ETA, Zapatero e o PSOE ven sendo o mesmo; eles son os que están detrás do 11 M.
Todo esto claro, nunha bandeira española, que a identidade ten que quedar clara, que eles ¡¡¡non son nacionalistas!!!, que os nacionalistas son os malos, os asasinos vascos ou os insolidarios cataláns.
É diante, en primeiro plano, o muñidor de toda esta ¿política?: un saco cheo de resentemento, con bijote.
chuzame - 
