Archive for the 'Música en clave de recordo' Category

O DISCO DA SEMANA SANTA: AVARÍAS INCÓMODAS

« 24 Marzo 2008 | 11:47 | Música en clave de recordo | 4 Comments »

O día 19 pola mañá apurei canto puiden para deixarvos o rejalo de pascua no meu almacén.

A iso das 11 estaba arriba o post e marchei de vacacións coa sensación do deber cumprido.

Pero á volta vexo que non hai nada, e entérome do problema. Así que volta a empezar.

Falábavos eu dun músico turco de orixe armenia que coñecín fai un par de anos, por medio dun mozo de Vigo, Lois Atanes, de profesión profesor de Filosofía e locutor de radio por afección, que dirixe con tino un programa emitido por Radio Ecca chamado "O Recanto do Corcovado", absolutamente recomendable para quen poida sintonizalo (trátase dunha emisora de ámbito local en Vigo)

Trátase de Arto Tunçboyaciyan fundador e líder da Armenian Navy Band, curioso nome para un grupo de música que podemos definir como de raíces, dijo eu. Na miña opinión Arto, extraordinario percusionista, é dono dunha voz verdadeiramente especial, chea de naturalidade e autenticidade, que chega directamente ó corazón do que a escoita.

O disco que vos deixo no almacén compreino fai aproximadamente un ano, aínda que foi gravado no 2004. Trátase de Sound of Our Life - Part One: Natural Seeds .

Espero que vos guste tanto como a min.

Déixovos estes vídeos de YouTube para abrir boca.

En primeiro lugar, filmado como un documental, a banda interpreta Ararat. Aí podedes ver a Arto coa súa típica boina.

¿Que vos parece Arto como percusionista?

E por último, esta curiosidade

Para saber máis:

Chuzame! chuzame -


LADY SOUL (1968)

« 21 Febreiro 2008 | 9:09 | Música en clave de recordo | 11 Comments »

Hoxe deixovos no almacén Lady Soul, disco gravado en 1968 pola gran Dama do Soul.

Aretha Franklin, a filla do predicador, foi o meu primeiro gran amor da música soul. Con ela e con Otis Redding entrei nese mundo do que xa non quixen saír máis. Non sei eu si será a mellor voz femenina (nejra ou branca) da historia da música moderna, pero eu sigo prendado dela 40 anos despois. Así que para min, que queredes que vos diga, é a mellor, a raiña indiscutible.

Lady Soul é o terceiro disco que gravou para a compañía Atlantic. Antes de "fichar" por esta compañía xa levaba gravados varios discos, eu diría que máis de 10, pois o primeiro de todos gravouno con tan so 14 anos, no ano 1956 e ata o ano 1965 seguiu gravando para a compañía CBS.

A primeira canción do disco é un dos seus grandes éxitos: Chain of Fools, de ritmo trepidante. Aparte dela, a min gústame especialmente o tema Come Back Baby, de Ray Charles, e A Natural Woman, composta por Carole King e o seu marido Gerry Goffin.

Como curiosidade podemos sinalar que no disco colaboran, entre outros moitos músicos, Eric Clapton á guitarra, e o malogrado saxofonista King Curtis. Facendo os coros están ás súas irmáns Emma e Caroline e o grupo The Sweet Inspirations.

Aquí vos deixo uns vídeos que atopei en YouTube e me gustaron.

I Say A Little Prayer (1970)

Respect (1990)

A Natural Woman, con Mariah Carey, Celine Dion, Gloria Estefan, Carole King e Shania Twain

Chain Of Fools (1993) con Smokey Robinson, Rod Stewart e Elton John

Chuzame! chuzame -


HISTORIA DE UNA ETIQUETA (1985)

« 11 Febreiro 2008 | 23:08 | Música en clave de recordo | 3 Comments »

Esta semana déixovos no almacén como disco da semana o primeiro dos dous LP's que inclúe o album que seHISTORIA DE UNA ETIQUETA publicou con ese nome no ano 1985. Trátase dunha recopilación de temas e grupos de rock hispano daqueles anos que gravaron na etiqueta Chapa Discos (SERDISCO).

O album vendérono acompañado dun libreto ou como queira chamárselle que resume a actividade desa lexendaria casa de gravación. Nos tempos de invasión do rock anglosaxón, nos que ninguén daba un peso polo rock autóctono, esta iniciativa tivo o seu mérito. E tamén o seu éxito. Algúns grupos dos que por alí pasaron chejaron a vender moitos discos, como foi o caso de Barón Rojo co seu Volumen Brutal.

Se tivera que facer unha seleción den entre os 12 temas que aparecen neste primeiro disco quedaríame con:

- Undécimo poder, de Bloque (do album Bloque, 1978).

- El Tren, de Leño, o grupo de Rosendo, polo que sinto unha especial simpatía (do seu single de ijual nome, 1980).

- Sábado Noche, de Moris, (do seu album Fiebre de Vivir, 1979. Aquí falei aljo deste arxentino que foi moi popular no seu tempo).

- Rock & Roll en la Plaza del Pueblo, da mítica banda Tequila (Matrícula de Honor, 1978). Ariel Rot e Julián Infante (morto de sida no 2000), fundarían máis tarde (1990), con Andrés Calamaro, o grupo Los Rodríguez.

Hoxe doume tempo de poñer a primeiro disco. Nos próximos días subirei o sejundo.

Entre tanto deixovos uns vídeos de propina que atopei en YouTube.

Tequila: Rock & Roll en la plaza del pueblo - Ariel Rot

Maneras de vivir: Rosendo e Luz Casal (a ver que vos parece esta versión)

Chuzame! chuzame -