Archive for the 'Memoria histórica' Category

MEMORIA HISTÓRICA

« 30 Outubro 2007 | 21:27 | Memoria histórica | 14 Comments »

A causa é a número 1137-37, de Asturias.

O xuízo, "Sumarísimo de Urgencia nº 4744"

A condena, "pena de muerte".

O delito, “rebelión militar”.

Nos arquivos militares da VII Rexión Militar permanecerá para sempre arquivado o sumario polo que un tribunal militar de Oviedo sentenciou a morte ó meu pai, xunto a outros moitos máis.

Non me sirve de consolo que no ano 1957 fora indultado, mesmo aínda que no escrito de solicitude de indulto o Fiscal Xurídico Militar da VII Rexión recoñeza expresa e textualmente:

“En la declaración de hechos probados contenida en los Resultados del fallo, no se atribuye al interesado, a juicio de este Ministerio, participación en actos de crueldad, muertes, violaciones, profanaciones, latrocinios ni otros que excediendo del propósito subversivo, acusen calificada perversidad”

¡Propósito subversivo, proclaman os subversivos!

Así que a min non me vale esta Lei da Memoria Histórica. Non está mal, pero non me vale. Non me vale esta nin ningunha outra que non anule, por ilexítimo e ilegal, o sumario polo que foi condenado meu pai.

Porque os xuíces que o xulgaron eran os subversivos, os tiranos, os ilexítimos, os ilegais, os represores, os inimigos da liberdade. Os xuíces que o xulgaron eran, nunha palabra, os que terían que ser xulgados e condenados.

E era meu pai o que loitaba contra a subversión fascista, en defensa da República, da legalidade, da lexitimidade. 

En defensa da liberdade, da que, coma tantos outros, tan pouco pudo disfrutar na súa vida.

Como fillo del que son, síntome con dereito a esixir que se faga xustiza dunha vez por todas. Non me importa ter esperado toda a miña vida, e a el tampouco lle importará esperar aljo máis, agora que por fin xa é libre para sempre.

Pero quero que cada quen ocupe o lugar da historia que lle corresponde.

Dijo eu.

¿Ou non?

Chuzame! chuzame -


HASTA SIEMPRE COMANDANTE

« 8 Outubro 2007 | 21:09 | Memoria histórica | 5 Comments »

che2.jpgAsasinárono fai 40 anos, pero segue vivo.

Na foto aparece morto, ou ó mellor no momento en que lle pegan o tiro de gracia. É unha das fotos finais do Comandante, que estaban en poder dun militar colombiano dende 1967.

Pero o Che, 40 anos despois, segue vivo.

Ninguén se acorda, pola contra, do nome (sejuramente o sarxento Mario Terán ) dun dos soldados que aparece na foto, o que pensou que acababa coa súa vida; nin tampouco do axente da CÍA que dirixiu toda a operación, nin siquera do tiranuelo presidente que ordenou o que lle ordearon que ordease dende Washington: matar ó home.

Porque claro está, criminales tenos a CÍA a milleiros, como tamén soldados que obedezan ordes de calquer tipo, e presidentes hainos no mundo a moreas, Bolivia tivo nada menos que 84. ¿Pero quen se acorda dos seus nomes?

Todos os protagonistas do crimen, vivos ou mortos, morreron na memoria da xente.

Pero o Che, que pensaron matar fai 40 anos, pervive na memoria para sempre.

Velaí tendes é o veredicto da historia.

¡Ata sempre, comandante !

Hasta siempre, Comandante

Algunhas páxinas de interese

  • Revista Social. Sitio arxentino adicado ó Che no que atoparás de todo: fotos, cancións, vídeos, documentos. Para poder acceder a eles é preciso rexistrarse, pero ese proceso apenas dura un minutiño. Merece a pena.
  • Che, guía y ejemplo Outra páxina con moita documentación sobre o Che (Non se visualiza ben co navegador Firefox, é preciso entrar co Explorer)
  • 100 imágenes del Che.Blog de vídeos e fotos adicado ó Che.
  • Radio Blog Che Guevara: colección de audios relacionados co Che para esoitar en Radio Blog.
  • Diario del Che en Bolivia: podes descargarlo en formato PDF
  • Bolivia. Diario de lucha. Curiosa páxina sobre o Che.
  • Hasta la victoria siempre. Outro sitio interesante que ten, entre outras cousas, un epistolario do Che.
  •  

    Enlaces directos a algúns vídeos que me gustaron

 

Chuzame! chuzame -


30 ANOS DESPOIS…

« 15 Xuño 2007 | 20:08 | Memoria histórica | 8 Comments »

1.jpg

O ano non empezara nada ben: o 24 de xaneiro, un grupo ultra asasina a cinco avogados laboralistas de Comisións Obreiras no número 55 da rúa de Atocha de Madrid.

Apenas un mes despois o Partido Comunista de España solicitou ser legalizado. Pero o que sería legalizado, o 18 de febreiro, foi o Partido Socialista Obrero Español. Nese momento tódolos partidos políticos, excepto o PCE, xa eran legais.
O 1 de abril desapareceu en España a censura de prensa. Finalmente, o 9 de abril, venres santo para máis inri, foi legalizado o Partido Comunista. Faltaban pouco máis de 2 meses. Foi un momento crucial. Creo que vos resultará interesante ver como o conta Carrillo, entre outros.

Juan Carlos iba ser o Rei de España, pero ata un mes antes das eleccións o seu pai, don Juan, non renunciara ós dereitos á coroa. Fíxoo o exactamente o 14 de maio.

E así chegou o 15 de xuño e con el as primeiras eleccións democráticas despois de 42 anos.


Así foi como puden votar por primeira vez na miña vida, ós 29 anos, cando o meu fillo maior, o sociólogo, tiña dous aniños; e para que nacera o pequeno, o licenciado en historia do arte, faltaban outros dous...

Sejuramente porque tiven tanto que esperar para meter unha papeleta nunha furna en libertade, non entra nos meus cálculos deixar de facelo no que me quede de vida...

Naqueles anos, unha canción de Jarcha converteuse nun símbolo dos novos tempos...Do que tamén pretenderon apropiarse, non fai moito, os de sempre, os donos de todo.

Polo demais, o mundo seguía xirando. Uns viñan e outros marchaban. Pero aquel ano deixáronnos nada menos que Elvis, Groucho, María Callas, Charlot, Machín...

No cine estreouse a saga sejuramente máis famosa da súa historia, Star Wars, con un éxito sen precedentes.

E o español Aleixandre levou o Nobel de literatura.

A min xa me gustaba a música casi tanto como agora...En España triunfou aquel ano un grupo do que se dou en chamar jazz-rock, Chicago , co tema If You Leave me Now , que foi o single máis vendido do ano. Pero a min gustáronme máis Hotel California dos Eagles, , ou Europa, de Carlos Santana.


Aquel ano tamén soaroncon forza, entre outros, Supertramp, Jesse Green, Electric Light Orchestra, Bee Gees, Donna Summer, Sex Pistols, , Manhattan Transfer, Lluis Llach (o seu album Campanades a morts ocupou o número 8 en ventas, algo verdadeiramene sorprendente...), Pablo Abraira , Roberto Carlos, Jean Michel Jarre (conservo Oxygene 4), Fleetwood Mac ( un grupo do que sen dúbida se acordará o meu irmán Pompi...¡aínda lle teño algún single deles!), Rod Stewart, Barbra Streisand, Billy Joel, Thelma Houston, Laurent Voulzy (un francés que tivo enorme éxito coa recopilación Rockcollection)...

¡E o Atlético de Madrid gañou a Liga!

Voces da transición: atopei esa páxina que pode resulta de interese polos documentos sonoros que contén. Están en formato RA, correspondente ó programa Real One Player.

Chuzame! chuzame -