Archive for the 'Manda chover na Habana' Category

PESTOL

« 30 Maio 2008 | 9:59 | Manda chover na Habana | 3 Comments »

A verdade é que o anuncio está ben feito, pero cada vez que o vía poñíame dos nervios...

Afortunadamente rectificaron as imaxes para adaptalas á realidade deste puto mundo no que nos tocou vivir.

(Gracias a Nela, a miña irmá, que está en todo)

Chuzame! chuzame -


GRANDE…TRAPALLADA

« 23 Novembro 2007 | 13:33 | Manda chover na Habana | 5 Comments »

capaz_pedir_perdon.jpgLíbreme o demo de dicir unha soa palabra contra o xuíz Grande Marlaska.

En todo caso son outros, con máis autoridade e coñecementos ca min, os que din que sufre de paranoia, cualificación que non penso entrar a valorar (a non ser que se me obrigue por forza), dada a miña nula formación no eido da medicina en xeral, e da psiquiatría en particular.

Nin sequera me atreverei a afirmar, como sosteñen algúns, que navega moi escorado cara estribor, porque polos mares da política (que non da xustiza), cada quen é moi libre de seguir a demora que considere oportuna. E disque nesa deriva anda, con toda lexitimidade.

Por iso tampouco direi que xa non me sorprende, metidos nesta area, ningunha sentencia que poida emitir, e iso que xa van unhas cuantas merecedoras de ser recibidas con, alomenos, certa precaución.

O que si direi, xa era hora de que dixera aljo, é o que xa sabedes todos. E diredes vos, e teredes razón, que para ese viaxe escusadas alforxas.

Pero é que iso é a noticia, que demostrado queda, para este home, que no asunto do Jakolev, ou como se escriba, os feitos probados non son constitutivos de delito. Que dijo delito, nin falta, nin siquera en grao de imprudencia.

Aclara o xuíz na súa sentencia que, iso si, son feitos “graves”, que se produciron “daños morales”, que as identificacións fixéronse en base a criterios "ajenos a una mínima seriedad"... pero que todo iso carece da máis mínima importancia, foi aljo "inane, inocuo o intrascendente", sin relevancia penal de ningún tipo. Como quen mexa na tapa do retrete sin querer, vamos, dijo eu, máis ou menos.

É dicir, aquí non pasou nada. E sejuramente tampouco pasaría se por un casual chejaran a enterrar a aljún militar vivo por fatal equivocación.

Tampouco é que isto me resulte especialmente novidoso, tendo en conta que xa non pasara nada do outro mundo antes, no momento da contratación dun avión que era unha auténtica pota vella, porque, Marlaska dixit, o Ministerio de Defensa non estaba obrigado a verificar o estado do avión que contrataba...

Sonche cousas que os leigos na materia non chejamos a comprender nin ben nin mal. Loxicamente, porque se o entenderamos, aínda que só fose un pouco, deixaríamos de ser leigos, e pasaríamos a ser calquera outra cousa sejuramente moito peor.

Eu, por unha vez, prefiro nin siquera imaxinar, por respecto ás víctimas, a escena do ocorrido nese preciso momento, histórico, no que se decide que non se ía cometer falta nin delito aljún, nin siquera en grado de imprudencia.

Ese momento no que se acorda, por exemplo, non facer as probas do ADN, porque o tempo apremiaba, e nos funerales ía estar o Borbón...

Eso si, todo sin mala intención, que non pasaba polos miolos do heroe da Isla Perejil (sejuramente, á vista dos resultados, asesorado por Blanquita,) outra cousa que boas intencións. Que por aljo é membro honorario da Obra do Señor e sométese, de bo grado, a flaxelacións sen conto cada Xoves Santo, ou cada Venres Santo, non sei ben, ou os dous días, ou toda a semana... E, se por min fora, todo o ano, tiñan que deixarme a min o látijo, había de quedar esplendoroso, que non ía ser eu tan educado como foron os familiares con el, díjocho eu.

Non quero nin pensar como tivo que ser a indecente trapallada. O feito de que non atinaran en ¡ningunha! das 30 identificacións escapa a comprensión de calquera humanoide ou asimilado. Sobre todo tendo en conta que os turcos, que non son, precisamente, unha potencia científica de primeira línea, tiñan correctamente identificados as 32 víctimas restantes.

Pois ben, todo este procedemento, que daljunha forma hai que chamarlle, non merece ningún tipo de sanción, porque, segundo o xuíz, que é o que sabe, que para iso estudou unha morea de anos e aprobou unhas oposicións, non houbo "mala intención"...

Que xa me explicaredes a min, si tendes o que hai que ter, que tipo de argumentos xurídicos tivo que empregar, e en que probas se baseou, para poder ditaminar, sen poñerse colorado, semellante estupidez.

E poñela por escrito nun folio de papel.

Polo tanto, xa sabedes, non pasou nada, todos inocentes, e aquí paz e despois gloria.

En realidade, para ser precisos, todos, todos, o que se di todos, non. Porque a Audiencia Nacional si que dictou sentencia condenatoria: contra a Asociación de Familiares das Víctimas.

¡Manda huevos!

Chuzame! chuzame -


EU TAMÉN TIVEN UN SONO…

« 16 Novembro 2007 | 15:27 | Manda chover na Habana | 18 Comments »

Onte tiven un sono inquietante, sin chejar ó nivel dos de Manoliño, o de Villalba. Permítideme que vos faja partícipes das miñas aventuras oníricas.

Resulta que, non sei como, pero alí estaba na consulta dun cardiólogo. Recordo que estaba en bañador, cunhas aletas enormes que apenas me deixaban camiñar, e nunha bolsa do Corte Inglés levaba as gafas e o tubo de bucear. Aínda ben non me acabara de sentar e espetoume:

-Pues nada de playa, eh, tiene usted que operarse del corazón urgentemente
-¿Pero como o pode saber vostede, si nin sequera me auscultou?
- Por su cara. Vaya inmediatamente al cirujano cardiovascular.

Manda carallo, pensei eu, como adiantaron as probas diagnósticas, saben o que teño e o que deixo de ter simplemente mirándome á cara, hai que joderse, a ciencia avanza que é unha barbaridade, tiña razón Mamá Lela...

E aló fun a toda hostia, ó cirurxián cardiovascular, que tamén falaba castelán, non sei por que, ou si, vaya usted a saber…

Este sejundo doutor aparecía coa cabeza como cuberta por un fino pano de liño, ou ó mellor era de plástico fino, coma o da canción que se escoitaba naquel momento nun xiradiscos que había aló lonxe, no fundo da consulta...Consultorio que viña sendo unha sala enorme, sen apenas máis mobiliario que a mesa do doutor, de teito altísimo, no centro do que penduraba unha insignificante lámpada de baixo consumo, OSRAM para máis detalles, que non debía ser de máis de 10 ou 12 watios, porque proxectaba unha profunda sombra do corpo do médico sobre a o cristal que cubría a mesa.

Así que, por moito que o intentaba, non lograba adiviñar os trazos do seu rostro; cando falaba, notábase como se movían aló dentro os labios por debaixo do pano, pero iso era todo, non podo dar ningún detalle da súa faciana. No obstante, aquel tono de voz sonábame tan familiar...

- Efectivamente, tiene razón mi colega, su cara lo dice todo. Pero le advierto que la operación es sumamente complicada.-
-¿Pero teño que operarme solo pola cara?
- Por la cara no, que le va a salir en un pico…Como comprenderá, este tipo de operaciones no entra por la Seguridad Social, hasta ahí podríamos llegar...
- Non importa, teño cartos a mazo – dixen, mentres pensaba que a ver como coño facía para pajar a operación e poder sejir xojando ó xadrez, jracias ó meu combo-R...
- Bien. Como le decía, la operación es muy, muy, complicada.
- Explíqueme os detalles, por favor.
- Bueno, tenemos que abrirle el pecho con una sierra circular especial, quitarle el corazón y limpiárselo con Fairy, porque está muy sucio y para eso no hay nada mejor. Hemos probado otros productos, pero ni de lejos se obtienen resultados similares. Luego tendremos que abrirlo con un abrecartas, extraer unas cuantas fibras musculares que tiene encogidas y estirarlas una a una con unas pinzas de depilar. Después las uniremos de nuevo con una grapadora. Y ya está. Esto nos llevará aproximadamente una semana, porque son muchas las fibras encogidas.
- ¿E mentras, como fajo para sejir vivindo?
- ¡Ah! bueno, eso es lo más sencillo de todo. Si todo va bien, al quitarle el corazón le conectaremos los vasos sanguíneos a un mp3 de última generación, con gigas de memoria más que suficientes para aguantar el tiempo necesario. Podrá hacer vida completamente normal.

E nese momento o doutor empezouse a rir coma un tolo, xesticulando aparatosamente cos brazos, quitou a máscara con un xesto brusco e berrou:

- ¡¡Pero no descartamos otras líneas de investigación!!

Agora xa sabía porque me resultaba familiar aquela voz entrecortada.

Podo xurarvos que espertei empapado en suor frío.

¿Alguén pode axudarme a interpretar o sono?

Chuzame! chuzame -