Esa foto que vedes forma parte da campaña electoral do partido de extrema dereita
Democracia Nacional, pero ven podería ilustrar a nova proposta do PP no tocante a inmigración.
A dereita española, máis ou menos extrema, mostra claramente a s súa patiña da xenofobia por debaixo da porta do liberalismo: Mariano quere obrigar ós emigrantes a firmar un contrato para poder quedar entre nos.
Ven sendo o "¡Compórtate o lárgate!" que din os de DN. E Mariano cópialles a idea, para o que, polo que se ve, non tivo que facer grandes esforzos.
Hai que recoñecer, de entrada, que as cousas van a mellor dende aquilo que dixera o seu xefe, o bijotes, de “Teníamos un problema y lo hemos solucionado”… ¿recordades?
Agora non. Agora a cousa vai polo seu, como ten que ser. O inmigrante firma un contrato comprometéndose a acatar as nosas leis, as nosas costumes e o noso idioma
A cousa ten o seu aquel, porque ós españolitos non nos oblijan máis que a cumprir as leis, que xa non é pouco, dijo eu. E daquela, ¿non é dabondo con que os inmigrantes cumpran escrupulosamente as nosas leis? Pois non, polo que se ve, vaia prejuntas máis tontas que se me ocorren hoxe.
Así que, a fin de contas, temos sorte os indígenas. Pero todo se andará.
En relación as costumes, aí si que me armo un lío do carallo. Para empezar non sei ben o que quere dicir a expresión “nuestras costumbres”, e dame a min que vos non me seredes tampouco de moita axuda. Pero non vos preocupedes, que acabo de oír con estes meus pavillóns da orella ou auditivos, palabrita del niño Jesús, que crearán unha especie de comisión que terá a misión (¡toma pareado!) de establecer con claridade cales son as nosas costumes e cales non poden ser consideradas como tales. Así que a cousa é ben doada: elaborar o listado, copiar e pejar, imprimir, fotocopiar, venderlle a fotocopia ós interesados (1 € estaría ben) e listo. Actualizala cada trimestre, por exemplo, que sempre pode haber novidades nun mundo tan cambiante, e xa.
E lojo está o do idioma, que tamén pode traer cola. Porque, ¿que idioma terá que aprender un inmigrante en Cataluña? ¿O español? ¿O catalán? ¿Os dous? Traballo non terán, pero aprenderán a pedilo en varios idiomas, xa veredes.
En fin, que queredes que vos dija, a cousa presenta aínda aljunhas imprecisións que irán pulindo o equipo de asesores do PP, que para iso cobran.
Pero o verdadeiramente novidoso é o do contrato.
Debo dicir que tan pronto escoitei a proposta acordeime, inmediatamente, doutro contrato que eu tiven que firmar si quixen ser mestre de escola, aquel polo que xuraba acatamento os Principios do Glorioso Movemento Nacional, 9 creo recordar. As cousas, xa vedes, non cambiaron tanto como podería parecer.
Supoño que xa terán pensado como diferenciar os que cumpran o contrato daqueles outros que sexan acusados de non cumprilo, mentres se inicia o proceso da súa expulsión definitiva do paraíso. Suxírolles un brazalete cunha marquiña, que ben podería ser unha cruz de seis puntas e podería chamarse a "estrela de Mariano"...
Esta medida pode moi ben ser un primeiro paso para solucionar o problema dos inmigrantes, eses tipos noxentos e miserables que se amorean en embarcacións de merda e aventúranse a cruzar o océano para chejar mortos de fame e de todo, ás nosas costas. Que non sei eu por que carallo se empeñan en vir tocarnos o zoco, hai que joderse con esta tropa, en vez de quedar nos seus países morrendo de fame tranquilamente.
Nun futuro poden extenderse estas medidas, correxidas e aumentadas, a todo o mundo. E se a cousa non acaba de callar, sempre podemos facer aljo parecido ó que propuxo o animaliño dos Estados Unidos, aquilo de talar os bosques para acabar cos incendios forestais...
É dicir, organizar unha conferencia ou aljo así para ver a maneira de acabar coa fame no mundo polo expeditivo método de aniquilar ós famentos. Non é nada novo para nos, que por aquí sabemos fai tempo que morto o can acabouse a rabia.
Estou ansioso por ver que teñen que dicir os bispos da Santa Madre Iglesia Que Los Parió, os nonseicomochamalos da Conferencia Episcopal, acerca de todo isto. Sejuramente pensarán que no fondo estalles ben empregado. Por nacer pobres e miserables.
Que se jodan.
Dijo eu.
¿Ou non?
chuzame - 
ticiparon con envidiable euforia e notable saña dende a inefable Esperanza Aguirre, ata o terrorista radiofónico, adecuadamente esporeado pola curia que lle da de comer, pasando polo señor Lamela e o ínclito Jota Pedro, resulta que nada era verdade: os médicos do Hospital de Leganés, empezando polo 