É ben sabido, tanto polos que traballamos nisto da educación como polos que pasaron polas aulas e chejaron ó último curso, o denominado PREU aló polo pleistoceno, COU no siglo pasado e 2º de BAC na actualidade vixente…e ben sabido, ía dicindo, que este derradeiro curso, no que os alumnos deben enfrontarse ás probas de selectividade se queren acceder á Universidade, é moi curto. A proba é que estes días están acabando xa as clases. Así que o temario condénsase, por forza, de maneira máis que notable.
Precisamente debe ser por iso que algunha cachola presuntamente pensante da Consellería de Educación, que polo visto non tiña outra cousa mellor en que empregar o seu tempo, sentiu a irresistible necesidade de chamar a atención. E pensou que para iso non sería mala idea suprimir unha hora nas clases de historia de 2º de BAC e a cambio aumentala en Relixión.
Tendo en conta que o comentario de texto histórico ou filosófico, é unha das probas da selectividade, e que a Relixión non se ten en conta en ningún sentido dende o punto de vista académico, tamaña estupidez non ten ningún tipo de explicación, e xa non digamos nada si tal explicación pretende ser racional… Que isto non o entende nin dios, por moito que se esforce.
Así que temos que concluír aljo que por outra parte veño observando dende fai un tempo nos eventos consuetudinarios, como dicía aqueloutro, que me acontecen no centro de traballo: que na consellería de educación, mentes pensantes, o que se di pensantes, brillan pola súa ausencia. Estoume a referir, claro está, ós cerebritos que toman as decisións nos máis altos niveis, que é onde hai, polo que se ve, sobresaturación de incompetentes.
Se vai ser isto o que debemos esperar dun goberno de esquerdas, xa podemos perder toda esperanza.
O malo do asunto é que non vexo eu a quen se lle pode confiar a papeleta do voto, si estes paspáns toman este tipo de decisións segundo eles para mellorar o ensino. Decisións que, por outra parte, cheiran que apestan ó incienso da sacristía.
Como dicía aquel cura amijo meu (que eu tamén teño amijos curas): ¡hai que joderse y amar a Cristo!
Dijo eu que aljo de razón tiña.
¿Ou non?
chuzame -