Archive for the 'Dijo eu ¿ou non?' Category

TALOJO, AMIJOS

« 2 Xullo 2008 | 9:05 | Dijo eu ¿ou non? | 7 Comments »

Aló vou, de cabezas.

Ás pedras da Arnela...

Á Furna do Osmo...

Ó Petón das Jaivotas.. á Ermida

A Roncudo

A Corme, meus amiguiños, voume pa Corme.

Desconexión total ata setembro.

Vémonos nos bares

Dijo eu

¿Ou non?

Chuzame! chuzame -


MIEMBROS Y MIEMBRAS

« 12 Xuño 2008 | 23:04 | Dijo eu ¿ou non? | 12 Comments »

A señora ministra tivo un lapsus, penso eu que sen maior importancia, que todos nos equivocamos a eito sin necesidade de ser ministros nin ministras. Tivo un patinazo, ía dicindo, cando falou de "miembros" e "miembras" do consello de ministros (e ministras).

Pero con tal motivo escoito pola radio unha serie de opinións que me parece que rizan o rizo.

A min isto da ijualdade entre o home e a muller cólleme tarde. Quero dicir que xa me justaría a min esa ijualdade cando era neno e tiña que facela cama, lavar a louza, barrer, coidar dos meus irmáns (e irmás), frejalo chan, pasarlle o ferro os paniños da barbería e mesmo ir botarlle auga á roupa que estaba ó clareo, que agora os máis novos non sei si saberán o que ven sendo iso, pero que a min, cando era neno, era o que máis me amolaba de todo...En fin, que quen me dera ijualdade, e que houbera unha irmá coa que repartir tarefas. Pero non houbo sorte.

Ou si. Porque tiven a enorme fortuna de que a miña nai non lle quedou outra , que eu era o primoxénito. E soubo facer da necesidade virtude. E ademais, vin na miña casa como unha muller barbeaba ós homes, cousa insólita naqueles tempos, sobre todo nunha aldea. E aínda máis na casa da miña avoa, onde eran dúas as barbeiras, que ata saiu no periódico como caso ben rechamante.

Quero dicir con todo isto que para min esas diferenzas entre homes e mulleres non existiron nunca. Nunca me sentín superior nin inferior, mellor ni peor, polo feito de ser home.

Pero iso non impediu que fose sempre ata o momento perfectamente consciente da discriminación brutal que padeceu a muller ata fai ben pouco, e mesmo siga a padecela sobre todo noutras latitudes. E que sexa perfectamente consciente do machismo que sije aínda vergoñentamente instalado en numerosos sectores da nosa sociedade. Unha das maiores lacras da nosa sociedade é precisamente ese que eu denomino "terrorismo machista" e que non sei por que carallo se dou en chamar "violencia de xénero". ¿De que xénero estamos a falar, polo amor de Deus?

E volvemos ó principio. Dicía unha comentarista pola radio que debería aceptarse o termo "miembra", para non discriminar ás mulleres. Non sei a santo de que; porque o normativo en castelán é falar de "el miembro" e "la miembro". ¿Por que se debe considerar que iso é discriminativo para a muller? ¿Acaso non se di en castelán, pola contra, "el periodista" e "la periodista", ou "el artista" e "la artista"? ¿Debemos considerar esas expresións como discriminatorias para os homes? E pola mesma regra de tres, ¿habería que falar de "artistos" e "periodistos"?

Eu son dos que penso que si, que é preciso coidar a lingua ó máximo para evitar utilizar expresións sexistas. Pero tamén que hai que ter sentidiño para non facer o ridículo.

E tamén penso que moitas veces, simplemente por ser políticamente correctos, caemos no esperpento. Así escoitamos constantemente a cantilena de "vascos e vascas", "galegos e galegas", etc. Cantilena que non me parece ben nin mal, senón todo o contrario, pero que habitualmente é o reflexo dunha actitude finxida e hipócrita.

Porque si de verdade o que de tal xeito se expresa pensase que iso é o correcto, deberían seguir falando todo tempo así. Verbi gracia:

Os nenos e as nenas ferroláns e ferrolás van ser convocados e convocadas para unha competición deportiva, na que poderán demostrar se están ben preparados e preparadas. "O que si están, sen dúbida, e moi ilusionados e ilusionadas", dixeron ante os periodistas e as periodistas os concelleiros e concelleiras encargados e encargadas de organizar o evento.

¿Hai por aí algún miembro, miembra, miembrillo ou miembrilla que esté disposto ou disposta a soportar semellante tortura?

Síntoo moito, pero conmijo que non conten.

Dijo eu.

¿Ou si?

Chuzame! chuzame -


MEME: PASSION QUILT

« 6 Xuño 2008 | 14:34 | Dijo eu ¿ou non? | 9 Comments »

Van a pensar Pablo e Silvana que a súa invitación caeu en saco roto.
Pero equivócanse radicalmente.
Antes ben ó contrario, levo xa uns cuantos días dándolle voltas ó conto dese meme de marras, porque, por non entender, non entendo nin o título (xa sabedes o meu nivelón de injlés). Pero o que ten que ser ten que ser, así que aí vai, e permitídeme escoller varias imaxes, que unha soa non é nada.

Nihil novum sub sole
O primeiro que quixera transmitir ós meus alumnos e que abandonaran esa idea, tan estendida como profundamente equivocada, de que estamos constantemente descubrindo o mundo, que o único importante é o moderno, e que os que nos precederon eran parvos de remate. Completaría esta reflexión enriquecéndoa cunha preciosa frase de Ambrose Bierce, escritor norteamericano que foi, polo que se ve, un home sabio:
Non hai nada novo baixo o sol, pero ¡cantas cousas vellas hai que descoñecemos!

Caminante no hay camino, se hace camino al andar
Dixo Machado, o mestre por excelencia.
Caminante, no hai camino, sino estelas en la mar
Quixera transmitirlle ós meus alumnos a idea de que, cando se enfronten a algo novo na vida, cando se atopen nunha encrucillada, moitas veces non terán ningún camiño marcado, e terán que aventurarse a iniciar un novo camiño. Así son as cousas, así teñen que ser, así deben ser.

Mi patria es mi infancia

Quería dicir Rilke, dijo eu, que a infancia ven sendo ese eslabón da cadea que engancha a nosa vida co noso pasado. Iso todo que fai que, a fin de contas, sexas quen eres e non outro calquera. A evocación da propia infancia fainos ser conscientes da nosa petenza a esa cadea que nos une ó pasado e que se prolongará, sejuramente, no futuro. No meu caso, a barbería da miña avoa, a escola de don José Manuel, os contenciosos Ribera-Jibaje, a Furna do Osmo, o camiño do Mal Paso, as pedras da Arnela, o calexón da Man Peluda, o Petón das Jaivotas, os cines de Virloto e de doña María, a Solaina, o petón Froito... A miña nenez en Corme, nunha palabra.

Eu penso que ese territorio sentimental é a verdadeira patria, e dende logo, a min é a única patria que me iteresa. As outras patrias, estados, territorios ou nacións, non espertan en min o máis mínimo interese e, se por min fose, desaparecerían do mundo bandeiras, himnos e fronteiras. E os mapas pintados de cores. Dito sexa todo isto co maior dos respectos para todo o mundo.

Dixo unha vez Vázquez Montalbán: "La patria de cada uno es la infancia en el sentido moral y cultural. En el sentido físico, las cuatros esquinas en las que se ha meado"
Pois iso.

Vuestros hijos no son hijos vuestros...

Vosotros sois el arco desde el que vuestros hijos,
como flechas vivientes, son impulsados hacia delante.

Este precioso, e preciso, texto de Khalil Gibran debería ser de lectura obrigada para tódolos pais do mundo, pero eu conformaríame con que o leran os pais dos meus alumnos. Se ese nutrido grupo de pais e nais, que se empeñan de xeito tan tenaz como inútil facer dos seus fillos unha mala fotocopia súa, chegasen a comprendelo e a asumilo, a educación daría un salto formidable , e todos saeríamos beneficiados: os fillos dende logo, os pais ainda que non o crean, e, de rebote, os mestres.

Pois aló foi. Traballo feito. E costou, non pensedes.
Pásolle o testijo ó Raposo, a Carlos, á Pícara de Allegue, a Dorvisou, e a Suso Lista, todos eles mestres ainda que non o sepan.

Normas do meme:
Postear unha imaxe ou facer/tomar/crear unha propia que capture o que máis TE APASIONE que sexa aprendido.

  • Darlle á imaxe un breve título
  • Titular o post “Meme: Passion Quilt”
  • Enlazar esta entrada
  • Incluir enlaces a 5 ou máis maestros ou persoas que transmiten coñecemento.
Chuzame! chuzame -