Tres curas cristiáns

Confeso humildemente que non son un experto na materia, pero teño entendido que segundo a doutrina e as crenzas do cristianismo chejará un día no que Cristo volva á terra, que xa fai falta ter janas de "marcha" para decidir viaxar a un sitio tan pouco recomendable, tendo todo o espazo infinito á súa disposición.
Ninguén soubo explicarme nunca con exactitude cando ocorrerá tal acontecemento, nin en que condicións regresará, nin onde se instalará, nin outros detalles menos transcendentes pero que a min déronme moito que cavilar cando era neno, como por exemplo, como vestiría, si se afeitaría ou deixaría barba ou e en que traballaría. Posto a non saber tampouco comprendo que máis barbaridades temos que cometer os humanos para esgotar a súa paciencia e se decida tomar cartas no asunto.
Pero cando os tempos fosen chegados e tome a decisión, aconséllolle humildemente que teña moito coidado no sitio que escolla para residir. Non vaia selo demo que veña a parar, por esas cousas do destino, ó territorio de monseñor Rouco Varela, porque daquela pódelle pasar como ós curas da parroquia de San Carlos Borromeo, de Entrevías, Madrid: que o boten a boinazos do sitio.
Refírome ós curas da "igrexa roxa" de Vallecas, cerrada por orden da superioridade incompetente, supoño que en nome de Deus (que como dicía Mamá Lela, " a Dios, que Dios lle de paciencia"). A estes curas exemplares, ós que había que facerlles un monumento permanente dentro dos nosos corazóns, o señor Rouco acaba de dicirlles que xa poden ir cerrando o chiringuito, que non se axustan ós parámetros oficiais, porque, entre outras cousas, din a misa de calle (non todo de seguido, senón en roupa de calle, vamos, quero dicir) e dan a comuñón con rosquillas...¡Vade retro!
A marabillosa tarefa destes curas segue ó pé da letra as ensinanzas do evanxeo, e non se diferenza en nada á que desenvolveu Cristo cando estivo na terra. En poucas palabras trátase de poñerse de parte dos máis necesitados, dos ex-presidiarios, dos drogadictos, dos inmigrantes dos rapaces da rúa...
Monseñor Rouco cerra a parroquia, disque polo asunto das rosquillas e outras jilipolleces parecidas. Aljún mal pensado, que de todo hai na viña do señor, dirá aquilo de que si perdoan, protexen e rehabilitan a curas pederastas (por poñer un exemplo de actualidade) ¿como non poden perdoar un tema tan banal? Pero, evidentemente, unha cousa é abusar de rapaces indefensos, durante anos e anos, e outra ben diferente dar a comuñón con rosquillas...
Pero eu si que non comulgo con rodas de muíño con esta xente. A min que non me veñan con trécolas. A causa ten que ser outra. Non pode ser que sexan tan estúpidos.
Dijo eu si non terá máis que ver co mal exemplo que estaban a dar estes curas, sempre rodeados de xente de mal vivir. Veña tódolos días, en plan tocahuevos, axudando ós máis necesitados, dándolle de comer, axudándolles a buscar traballo, buscándolle onde dormir...Non vaia selo demo que a xente empece a pensar que isto é o que temos que facer todos os demais, debeu pensar monseñor Rouco que, ás veces, polo que se ve, tamén pensa.
E cortaron polo san.
Destas cousas sabían moito Ellacuría ou Monseñor Romero.
Precisamente por iso os mataron.
Dijo eu.
¿Ou non?
AUDIO
chuzame - 