
Dende fai un tempo un fascista incendia as mañáns da radio dende a cadena da COPE, coa aquiescencia e o apoio da Santa Madre Iglesia Católica Apostólica e Romana. Digo fascista sin entrecomillar poque iso é este alacrán disfrazado de periodista.
No seu programa este terrorista das ondas insulta e amenaza a todo o que non comulga coas barbaridades que propaga, e verte amenazas gravísimas sen descanso. Custa traballo crer que non haxa por aí ningún xuíz que tome cartas no asunta, agora que hai outro terrorista condenado a 12 anos por escribir amenazas. Este individuo repugnante fai todo canto pode por envenenar a convivencia. Como exemplo último o do outro día, que escoitei pola noite en La Noche de Eva Hache. Decía este energúmeno:
Pero es que a estas alturas, con España deshaciéndose, con millón y medio de españoles en la calle con su bandera llorando al oír el himno todavía los de la derecha no entienden que tienen que dar un paso adelante y poner contra la pared a los de la izquierda
Máis ben, penso eu, que lle gustaría vernos contra o paredón, como dixo a continuación Quequé...Se non víchedes o programa podedes velo aquí. Recoméndovolo encarecidamente, que tomar as cousas con sentido do humor sempre axuda.
O verdadeiramente grave desto non é todo o que queda dito senón que todo eso goza do beneplácito da Iglesia Católica. Non acerto a comprender como poden os obispos apoiar a semellante porcallento moral, poñendo á súa disposición un púlpito tan importante, e a continuación lanzarnos sermóns dende os outros púlpitos. Se o manteñen no posto é poque lles convén, polo que sexa, e acabo de enterarme de que lle renovaron ata o 2008. Como premio, sejuramente. Así que non me veñan con contos: ós obispos toda esta merda parécelles ben.
Leo agora no País que Buenafuente rechaza un premio porque tamén llo dan a este individuo, Na entrevista afirma Andreu:
"Ante la libertad de premiar, está la libertad de rechazar el premio, y este Micrófono de Oro lo rechazo porque no quiero estar en el mismo palmarés que un personaje cuya concepción de la radio es por completo ajena a la mía. yo respeto mucho esta profesión, y la forma que tiene esta persona de llevarla a cabo me ofende. No es la radio que a mí me gustaría para este país. Se puede optar por la descrepancia en silencio, pero yo he optado por decir en voz alta que no soporto estos premios salomónicos que tratan de honrar colores imposibles. Así tratan de decir que todo vale, y poco a poco se va pudriendo el periodismo. Y quería dejar clara mi discrepancia. En voz alta. "
Ben feito, Andreu. Isto é o que terían que facer tódolos premiados, e entón o xurado tería máis cuidado para outra vez. Non é de recibo que tipos da calaña de Jiménez Losantos reciban premios de ningún tipo a non ser o de Fascista do ano. Pero surxe unha pregunta inquietante: ¿que individuos forman esta asociación que consideran que este fascista merece un premio?.
O premio é o Micrófono de Oro da Federación de Asociacións de Radio e Televisión, da que é presidente de honor Luis del Olmo. Dixen eu: manda carallo con del Olmo, que baixo acabou caendo. Pero non. Rectifico encantado. Acabo de escoitar este audio na Cadena Ser no que Luis del Olmo deixa ben ás claras o que pensa, e polo que di non vai a ser el dende logo o que esté presente cando lle den o premio.
Luis del Olmo fai uns anos que non é santo da miña devoción. Pero quero felicitalo pola súa actitude. E ata é posible que volva a escoitar Onda Cero como fixen fai uns cuantos anos.
Noraboa a ambolosdous: a Andreu Buenafuente e a Luis del Olmo.
Chapeau, e a ver se cunde o exemplo.
chuzame -