Non sei eu se vos pasa o que a min, que ás veces vólvome tolo con este conto de convertir arquivos dun formato a outro.
Pois ben, atopei por ahí adiante esta Indispensable recopilación para convertir arquivos . O autor da entrada aclara que o único que fixo foi traducir a información deste outro sitio que parece ser o recopilador orixinal desas 101 Tools to Convert Video, Music, Images, PDF and More...
Estou sejuro de que aí atoparedes a aplicación ou o programa preciso para poder realizar calquer tipo de conversión de arquivos de texto, de imaxe, de música ou de vídeo.
Como aportación propia, navegando pola rede atopei esta xoia que incorporei de inmediato á miña lista de favoritos. Trátase de Youconvertit e non sei como se lle escapou a esa xente.
Neste sitio o proceso e sumamente simple. Escribimos a nosa dirección de correo, subimos o arquivo que queremos convertir (podemos subir ata 5 dunha vez), o programa detecta o formato do arquivo en cuestión e danos as diferentes alternativas de conversión. Despois de realizar a conversión recibiremos o cabo dun tempo no noso buzón o link dende onde poderemos descargar o arquivo convertido.
Máis ou menos isto tamén se pode facer en Zamzar ou en Media Convert, dúas das mellores opcións "todoterreno" que aparecen na lista das 101 ferramentas. Pero é que, ademais, en Youconvertit podemos convertir os vídeos escribindo a dirección URL correspondente, é dicir, que poderemos facilmente convertir e gardar no noso ordenador os vídeos de YouTube, Google Vídeo ou Metacafe, por exemplo.
Por se todo iso non fose suficiente tamén poderemos utilizar Youconvertit para enviar arquivos de gran tamaño (de ata 1 giga), e dispón dun impresionante conversor de unidades.
chuzame -