Phoenix Criminal Lawyer

Blog Search

Calendario

Xuño 2017
M T W T F S S
« Xan    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Artigos recentes

Ao señor Rouco este conto dos crucifixos parécelle fatal.

E iso que aínda non sabemos ben como vai quedar a proposta que se votou no Parlamento, que nin eles mesmos se poñen de acordo, que xa dixeron que xo e que arre uns e os outros. E non se aclaran nin moito nin pouco.

Que si afectará soamente as escolas públicas,  que si tamén ás que non o son (pero cobra de papá Estado coma se o foran), que si a todas, que si a ningunha. Como dicía aquela amiga miña de Bilbao, lo más seguro es que quién sabe…

Pero por si acaso, o señor Rouco apresurouse amablemente a ilustrarnos acerca do correcto funcionamento da democracia, non vaia selo demo que nos desencamiñemos ás primeiras de cambio:

“La democracia funciona con la libertad, no con la imposición; facilitando el que se pueden ejercer los derechos y no limitándolos”

Ante tamaña clarividencia, quen pode dubidar da iluminación do Espíritu Santo, polo menos?

Pero, ¿e logo o Parlamento?, poderíades preguntarlle vos, se cadra.

Pois xa volo digo eu sen axuda do Espíritu Santo nin nada: unha panda de roxos  (e algún masón polo medio).

E a  o Tribunal de Estrasburgo? , seguirá preguntando algún pesado por aí adiante.

Pois está claro que, ademais de todo iso, os seus sete xuíces son, un detrás do outro,  miopes de solemnidade .

Se non fora porque un empeza a estar cheo destas caralladas resultaría mesmo entenrecedor  escoitar aos dirixentes da organización máis facha e menos democrática do mundo, esa na que os xefes nomean ao seu antollo aos que posteriormente elixirán aos novos xefes,  impartir leccións de democracia sen pestanexar nin mostrar manifestación externa algunha do máis mínimo rubor.

Claro está que porque non coñecen a vergoña.

¿Pero que carallo saberán estes tipos de democracia si na puñetera vida a practicaron?

Dijo eu.

¿Ou non?

¡Última hora!: un reportero de Ninsesabepuntocom infiltrado na Conferencia Episcopal está en condicións de filtrar a proposta que tan digna institución vai presentar ao Presidente do Goberno, en busca da concordia neste asunto (coma en tantos outros).
Vai ti a saber se aceptará ZP.

crucifijo_escuela(Tomado de El chiste de Mel)

8 Responses to “ LECCIÓNS DE DEMOCRACIA ”

  1. # 1 Artabria Says:

    Dende logo a frase de Rouco é boísima, lástima que sexa o primeiro en incumplila…

  2. # 2 Chousa da Alcandra Says:

    A Monseñor ultimamente case lle cae todo mal. E como o mal e o ben á cara se ven…, ven se ve que non ten boa cara o de Vilalba. Un par de chupitos despois de xantar, ademáis de facilitar a dixestión, axudan a dixerir outras realidades.
    Saúdos dende a Chousa

  3. # 3 Pablo Says:

    Hai tres semáns estuven 7 días en Galicia. Un deses días fun pasalo a Santiago de Compostela. Cando entrei na cidade o primeiro que me recibiu foi un cartel deses de propaganda de 15×15 metros que poñía, en letras ben grandes, “Cope, somos libres”. E despois lin no “Pais” que o PP lle sacaba 3 puntos de ventaxa ó PSOE nas enquisas… Agora estou de volta en Holanda e quero pensar que iso non o vivín en realidade, que foi un pesadelo deses cabróns que aparecen de mes en cando para recordarlle a un os propios medos.

    Un saúdo.

  4. # 4 Toño Randeeira Says:

    Espeña declarase estado laico, pero na “intimidade” segue a ser un estado confesional ao máis puro estilo islamita

  5. # 5 Zeltia Says:

    oes, pois a mín a solución del chiste de mel paréceme obvia, que máis queredes! querédelo todo carallo, descreídos, ateos, comunistas!
    qué mal fará un crucifixo pequecho nas aulas dun país en donde a enseñanza e laica!

  6. # 6 Zeltia Says:

    apeeeeertas!

  7. # 7 Pobreloko Says:

    e digo eu…igual que é unha agresión quitar os crucifixos, o será censurar os velos e demáis simbolos doutras relixións?Nese caso, benvidas sexan cruces e luas…do contrario, co frio que vai, dan para unha bonita fogata

  8. # 8 Zeltia Says:

    veñoche felicitar por teres cumplido un aniño máis!
    :-)