Phoenix Criminal Lawyer

Blog Search

Calendario

Xuño 2017
M T W T F S S
« Xan    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Artigos recentes

O señor Bilbao Orozco, xefe de máquinas do Alakrana, acaba de declarar, primeiro na COPE e logo en Antena3, entre outras moitas “lindezas”, que a xestión do goberno para liberar o barco foi  “asquerosa”.

Demostra con iso, entre outras moitas cousas, ser un home moi pouco agradecido.

Gustaríame dicirlle ao señor Bilbao Orozco o que penso, non da súa persoa, que sei que fago mellor  calando, senón do secuestro e da xestión do goberno, que parece ser que é o único que fixo todo mal neste embrollo.

Eu penso que este goberno, que tanto el despreza, mobilizou, acertada ou erradamente, tódolos recursos que considerou necesarios co único obxectivo de conseguir a  liberacióne da tripulación do barco. E que iso debería bastar para que as críticas que lexitimamente estime oportuno facerlle  non fosen tan ruíns.

E penso, ademais,  que debería estar moi contento e razoablemente tranquilo.

Moi contento, porque está san e salvo xunto aos seus, e non tódalas persoas que foron secuestradas neste país poden, desgraciadamente, dicir o mesmo.

E razoablemente tranquilo, porque si no futuro volvera a poñerse a fronte das máquinas dun  barco e tivera a mala fortuna de ser de novo secuestrado, este goberno, ou calquera outro, volvería a facer todo canto estivese nas súas mans por liberalo.

Mesmo que navegase baixo non se sabe moi ben que bandeira…

E aínda que optase, coma neste caso, por ir pescar moi lonxe da zona de seguridade establecida polas autoridades encargadas de protexelos, aumentando desta maneira os riscos, en aras duns maiores beneficios económicos.

Para ser máis exactos, dentro da Zona Económica Exclusiva de Somalia.

O que por certo ven sendo, nin máis nin menos, un acto de piratería…

Dijo eu.

¿Ou non?

10 Responses to “ XESTIÓN “ASQUEROSA” ”

  1. # 1 Jorganes Says:

    Pois eu non oíra as declaracións do Xefe de Máquinas, mais é ben desagradecido. Eu pensaba que o rescate pagárao a aseguradora do barco, mais hoxe teño case a certeza de que o pagou o goberno. O que non teño claro é si o barco estaba en augas da Zona Económica Exclusiva de Somalia. Eu lin en todos os sitio de que se atopaba a 400 millas da costa cando foi capturado. Tes ti outra referencia?

  2. # 2 Seymour Says:

    Para ser xustos habería que dicir que principalmente a este goberno o mobilizou en primeiro lugar a iniciativa e o tesón das mulleres dos traballadores do Alakrana, e en segundo lugar as manifestacións de apoio de de moitos cidadans aquí e en Euskadi.
    No resto concordo, hai moita escuridade…

  3. # 3 paco Says:

    Non sei que mais pódese dicir, que non se dixera referente a aptitude deste Sr. Xefe de máquinas do Alakrana. Unicamente apuntar outra lindeza deste Señor a que fixo con referencia a os militáres Españois ( creo eu que en plan despectivo) dicindo ou seguinte: os membros dá tripulación do buque de guerra do estado español, a pesares de ser militares, son boa xente. Eu xinto moito non poder dicir ou mesmo con respecto a sua persoa.Para rematar dicir que me gusta moito ou articulo

  4. # 4 marinela Says:

    Eu tamén concordo en q nós somos piratas de carallo. Bueno, nós e máis outros países europeos.
    Non é nada novo. África é un continente q está aí para estar espoliado…ou non? Iso parece, se miramos a historia. Fano os nosos barcos, e tamén o fan os nosos políticos. Ou, se non, dime a q ven tanta viaxe a Guinea Ecuatorial con tanta sonrisita, se non é máis q para conseguir petróleo barato barato dos bwanaminos. É así como Europa trata ao seu continente veciño. Os mariñeiros non ían ser menos…unha vergonza.
    Pero non mesturemos churras con merinas. O barco é de bandeira española. Ou, polo menos, figura no censo da flota española…:http://www.mapa.es/es/pesca/pags/flota/consulta.asp?cod=26547

  5. # 5 paco Says:

    Por suposto de acordo contigo, na parte que falas de que non hai que mesturar o tuziño coa velocidade ( colleita miña, ti usaches outra expresión). Pois non mesturemos as cousas. Que ten que ver o que fagan os politicos, sexan de onde sexan. os politicos a facer politica e intentar ” solucionar” e buscar alternatibas noutro paises. E os pescadores a pescar respectando as normas establecidad para cada momento. Pero non intentemos confundir, nada ten que ver unha cousa ca outra. Cada cousa non seu sitio. En referencia a bandeira/pebellón.Dende logo,non serei eu quen lle diga a ninguen que sobre este tema ou mellor a boquiña pechada.Non, non llo direi a ninguen. pero ou que se digo qe que hai que ser prudentes. Este barco ou Alakrana e Español, ninguen ou nega, agora ven, cando zarpou de porto Español a bandeira/pavillón que lebaba izada era a Española, pero en canto s emeteu en augas internacionais arriona e izou a IKURRIÑA. e Non digo nada mais. A bon entendedor poucas palabras bastan.

  6. # 6 NinseabE Says:

    Nacho: o barco navegaba totalmente fora da zona de seguridade, despois de advertillo reiteradamente. Non se sabe moi ben si dentro ou fora das augas de Somalia, entre outras cousas porque Somalia reclama fai tempo que a súa zona chegue ás 200 millas, ainda que non lle sexa recoñecido, non sei moi ben por que. En todo caso si que navegaba a moito menos de 200 millas da costa somalíe.E digo eu a ver por que Somalia non ten o mesmo dereito que outros países a ser dona de 200 millas do seu mar. ¿De quen é, logo, ese mar?
    Nela: eu non dixen que o barco non sexa español. Pero non está claro si navegaba baixo ese pavillón. Supoño que iso ten a súa importancia legal, cando o xuíz instructor quere saber a ciencia certa baixo que pavilló navegaba o barco. E así se desprende do artículo 92 do Convenio Internacional do Dereito do Mar, que di concretamente:
    Condición jurídica de los buques
    1. Los buques navegarán bajo el pabellón de un solo Estado y,
    salvo en los casos excepcionales previstos de modo expreso en los tratados
    internacionales o en esta Convención, estarán sometidos, en la alta mar,
    a la jurisdicción exclusiva de dicho Estado. Un buque no podrá cambiar
    de pabellón durante un viaje ni en una escala, salvo en caso de
    transferencia efectiva de la propiedad o de cambio de registro.
    2. El buque que navegue bajo los pabellones de dos o más Estados,
    utilizándolos a su conveniencia, no podrá ampararse en ninguna de esas
    nacionalidades frente a un tercer Estado y podrá ser considerado buque
    sin nacionalidad.

    Como vedes, a cousa ten o seu aquel…

  7. # 7 Barreira Says:

    Eu coido que cada un ten que responsabilizarse das decisións que toma. E ir a pescar a unha zoa perigosa, sabendo de anteman os riscos que se poden correr, e unha delas. Despois non podemos dicir ao resto do mundo que nos saque as castañas do lume, castañas que eles botaron.

  8. # 8 Zeltia Says:

    se o asunto está oscuro, moito mais para mín, que non o seguin de cerca. podo por iso contarvos que o que “a xente” recibe do que se fala por aquí e por acolá, e bastante confuso, e tal parecería que antes non houbera outros barcos retidos nesa zona,
    e tal parecería que non se pagaran outros rescates,
    e tal parecería que os somalíes son todos uns drogadictos secuestradores.
    si, si.
    pobriños nós.

  9. # 9 Artabria Says:

    Eu non entendo moito do tema, o que está claro é que a decisión non era moi doada. Por un lado cedes ao chantaxe duns delincuentes e por outra serás o “culpable” dunhas cantas mortes.

    Dende logo se estaban pescando fora do ámbito que lle toca, non poden esperar que logo sexa todo tan doado…..

    Tampouco creo que haxa que terlles moito en conta as súas palabras cando acaban de pasar por unha época de tanto estrés, medo….

  10. # 10 bandini Says:

    tes toda a razón e mais