Mellor falemos de música

VICENTE FERRER, UN HOME DE ACCIÓN

vicente_ferrer

Yo soy el hombre más humilde del mundo.

Yo no busco la felicidad, a lo más, trabajo por la de los demás. En realidad, no sé lo que es mi felicidad, creo que es un disparate, me parece excesivamente egoísta

Para mí, actuar es lo más importante, la última espiritualidad, y va más allá de la oración porque en tus actos buenos movilizas todo tu ser.

El dolor y el sufrimiento no están para ser entendidos, sino para ser resueltos.

El milagro del bien, ahora, tiene que avanzar.

Lo que yo quiero es que los demás sean felices.

Morreu Vicente Ferrer, o home máis humilde do mundo, como dicía el, o home máis importante do mundo, penso eu.

El cría en Deus.

Eu non. E en días coma hoxe  resúltame máis difícil que nunca crer. Porque se existira un ser así, xusto e todopoderoso, non permitiría que homes coma este morreran nunca.

Morreu Vicente Ferrer, un español, este si, universal.

Coñecendo o percal, estou seguro de que nunca o subirán aos altares.

Pero tamén de que non haberá nunca neles santo algún que lle chegue a sola das súas sandalias.

Morreu Vicente Ferrer.

Pero antes demostrou que outro mundo é posible.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

6 Comentarios

  • By Gustavo, 2009-06-22 @ 9.57 am

    La iglesia no sabía, en su estrechez de miras, que expulsaba a un santo, como tantas otras veces. Quizás, como hicieron con Tomás de Aquino, Joana D’Arc, Teresa de Jesús y tantos otros a los que hoy rezan el rosario los que ayer les hubieran quemado en la hoguera, mañana le nombren santo… Algo tarde.

  • By Alfredinho, 2009-06-22 @ 3.16 pm

    Unha mágoa para os que, como ben dis, pensamos que outro mundo é posible, e outro motivo máis, como tamén ben dis, para os que non cremos en Deus sigamos facéndoo.
    Mentres tanto, a igrexa seguirá ó seu, criticando o uso de calquera método anticonceptivo e pedíndolle ós “españolitos” que marquen a casilla da Declaración.

    Meus pais din que, ás veces, cando falo, son moi radical. Pode ser, pero dende logo nunca deixarei de pensar que durante a República, a pesares de que se queimaron moitas, quedaron tamén, por desgracia, moitas igrexas en pé.

    Un saúdo.

  • By Barreira, 2009-06-25 @ 6.59 pm

    Se todos fosemos un chisquiño do que foi este home non estariamos como estamos hoxe.
    Saudos.

  • By vakastolas, 2009-06-28 @ 1.13 pm

    Un gran home, deses imprescindibles. Mágoa que o seu recordo de Betanzos fora un campo de concentración…

  • By Mar e Lúa, 2009-06-28 @ 2.32 pm

    Un verdadeiro exemplo a seguir, un chisquiño de esperanza, unha proba de que si se pode facer algo para cambia-lo mundo.

    Por sorte (dentro do que cabe), creo que coa morte de Vicente nace un mito. Aquí non paran de poñer documentais e noticias sobre el, parece que a xente abriu un pouco os ollos… aínda que tarde

  • By Carla, 2009-06-29 @ 4.02 pm

    Pois aquí de documentais nada.
    Iso sí, imos chupar Michael Jackson na pila.
    Ca idea que lles levou sempre o carto parece mentira que dende o Vaticano non sepan amortizar tesouros como iste cando os teñen.
    Eche o que hai.

Outras ligazóns para esta anotación

RSS semente para comentarios a esta anotación. URI do trackback

Deixa un comentario

Ninsesabepuntocom is powered by Wordpress | WordPress Themes