MEME: PASSION QUILT
Van a pensar Pablo e Silvana que a súa invitación caeu en saco roto.
Pero equivócanse radicalmente.
Antes ben ó contrario, levo xa uns cuantos días dándolle voltas ó conto dese meme de marras, porque, por non entender, non entendo nin o título (xa sabedes o meu nivelón de injlés). Pero o que ten que ser ten que ser, así que aí vai, e permitídeme escoller varias imaxes, que unha soa non é nada.

Nihil novum sub sole
O primeiro que quixera transmitir ós meus alumnos e que abandonaran esa idea, tan estendida como profundamente equivocada, de que estamos constantemente descubrindo o mundo, que o único importante é o moderno, e que os que nos precederon eran parvos de remate. Completaría esta reflexión enriquecéndoa cunha preciosa frase de Ambrose Bierce, escritor norteamericano que foi, polo que se ve, un home sabio:
Non hai nada novo baixo o sol, pero ¡cantas cousas vellas hai que descoñecemos!

Caminante no hay camino, se hace camino al andar
Dixo Machado, o mestre por excelencia.
Caminante, no hai camino, sino estelas en la mar
Quixera transmitirlle ós meus alumnos a idea de que, cando se enfronten a algo novo na vida, cando se atopen nunha encrucillada, moitas veces non terán ningún camiño marcado, e terán que aventurarse a iniciar un novo camiño. Así son as cousas, así teñen que ser, así deben ser.
Mi patria es mi infancia
Quería dicir Rilke, dijo eu, que a infancia ven sendo ese eslabón da cadea que engancha a nosa vida co noso pasado. Iso todo que fai que, a fin de contas, sexas quen eres e non outro calquera. A evocación da propia infancia fainos ser conscientes da nosa petenza a esa cadea que nos une ó pasado e que se prolongará, sejuramente, no futuro. No meu caso, a barbería da miña avoa, a escola de don José Manuel, os contenciosos Ribera-Jibaje, a Furna do Osmo, o camiño do Mal Paso, as pedras da Arnela, o calexón da Man Peluda, o Petón das Jaivotas, os cines de Virloto e de doña María, a Solaina, o petón Froito... A miña nenez en Corme, nunha palabra.
Eu penso que ese territorio sentimental é a verdadeira patria, e dende logo, a min é a única patria que me iteresa. As outras patrias, estados, territorios ou nacións, non espertan en min o máis mínimo interese e, se por min fose, desaparecerían do mundo bandeiras, himnos e fronteiras. E os mapas pintados de cores. Dito sexa todo isto co maior dos respectos para todo o mundo.
Dixo unha vez Vázquez Montalbán: "La patria de cada uno es la infancia en el sentido moral y cultural. En el sentido físico, las cuatros esquinas en las que se ha meado"
Pois iso.

Vuestros hijos no son hijos vuestros...
Vosotros sois el arco desde el que vuestros hijos,
como flechas vivientes, son impulsados hacia delante.
Este precioso, e preciso, texto de Khalil Gibran debería ser de lectura obrigada para tódolos pais do mundo, pero eu conformaríame con que o leran os pais dos meus alumnos. Se ese nutrido grupo de pais e nais, que se empeñan de xeito tan tenaz como inútil facer dos seus fillos unha mala fotocopia súa, chegasen a comprendelo e a asumilo, a educación daría un salto formidable , e todos saeríamos beneficiados: os fillos dende logo, os pais ainda que non o crean, e, de rebote, os mestres.
Pois aló foi. Traballo feito. E costou, non pensedes.
Pásolle o testijo ó Raposo, a Carlos, á Pícara de Allegue, a Dorvisou, e a Suso Lista, todos eles mestres ainda que non o sepan.
Normas do meme:
Postear unha imaxe ou facer/tomar/crear unha propia que capture o que máis TE APASIONE que sexa aprendido.
- Darlle á imaxe un breve título
- Titular o post “Meme: Passion Quilt”
- Enlazar esta entrada
- Incluir enlaces a 5 ou máis maestros ou persoas que transmiten coñecemento.
chúzame - 9 Comentarios
Other links to this post
RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI



By Pablo, 2008-06-06 @ 6.01 pm
Por ensinar que non quede, non? :-) Co do arco estou completamente dacordo. Por certo, tes outro no meu blog… é broma!!
Unha aperta!
By Silvana, 2008-06-07 @ 9.38 am
Fixeches bo cumprimento do encargo. Xa aprendín eu tamén. Un saúdo.
By Paco Penas, 2008-06-08 @ 3.46 am
Aprendiz, aprendiz, aprendiz e non de todo…
Mensaxe recibido e agradecido.
By vakastolas, 2008-06-08 @ 2.59 pm
O mar é moi recorrido. Vese que del todos temos algo aprendido.
By Hipatia, 2008-06-09 @ 1.26 pm
Tamén dou Bierce unha boa definción de educación no seu magnifico diccionario do diaño. Eduación: O que revela ao sabio e esconde ao necio a súa falta de comprensión.
By Zeltia, 2008-06-10 @ 4.09 pm
Gustaronme moito os varios memes comprendidos nun. Sobre todo ese de la infancia, y también el de los hijos. Creo que el primer favor nos lo haríamos los padres a nosotros mismos, por muchas razones, entre ellas que nuestros hijos serían más felices, por lo tanto nosotros nos ahorraríamos muchos dolores. Y, bueno, yo tardé en aprenderlo, y encima fué una de esas enseñanzas de “la letra con sangre entra”
:) (frase atribuía y divulgada por antiguos maestros) dijo eu, ¿ou non? ;-)
By vermella, 2008-06-10 @ 9.26 pm
Os recordos da infancia quedan para sempre e se son fermosos e de Corme pois por secula-seculorum,a reflexión dos fillos é a vida mesma,parabéns por unir tanta sensibilidade con tan boas reflexións.
un saúdo
By Gustavo, 2008-06-13 @ 10.23 am
Me encanta que hayas dirigido esto a tus alumnos, se ve que disfrutas con la enseñanza (e intuyo que tú mismo sigues siendo alumno, como lo somos todos). Con tu permiso, voy a enviarle este post a un amigo que anda comenzando con esto de la enseñanza, a ver si se anima un poco.
By Karlosman, 2008-06-16 @ 7.08 pm
… ao fin din resposta ao teu reto, non foi sen tempo…