STAND-BAY (STAND-BY, veña lojo)

Xa sabedes que o meu blog quedou en branco, dame a min que por pura simpatía coa miña cahcoliña. Se fose un presuntuoso e soubese inglés, podería dicir que estivo o conto en stand-bay (stand-by, seica, xa veu meu fillo o máis vello tocalo nabo, cría corvos e terás moitos...), agardando a que alguén con coñecementos e paciencia o puxera de novo en marcha. E se ademais tivese un pouco de mala uva podería engadir que lle pasou aljo parecido ó PP despois do 9 de marzo…

O caso é que aquí estou para sejir escribindo parvadas mentres o PP sigue, pola súa banda e afortunadamente para as nosas meninxes, que ben merecido tiñan un descansiño, missing… (non sei si reparáchedes no meu dominio do inglés).

Xa haberá por aí algún mal pensado, non quero eu sinalar a ninguén, que esté decindo: Aquí temos de novo a Ninsesabe dándolle leña ó PP. Pero equívocase de parte a parte, porque o que sigue pretende ser un servicio público, ó estilo daqueles avisos a navegantes. O que vos quero dicir é que se sodes clientes de Telefónica pode que vos sexa o momento de cambiar de operadora, se podedes e queredes, e se non aló vos. O que avisa non é traidor, así que eu podo prognosticar, e prognostico, unha forte alza nas tarifas da devandita compañía.

¿E por que, se se pode saber, diredes vos? Pois porque dalgún sitio terán que saír os cartiños para contentar ó fluxo dos máis aleutos de entre os persoeiros peperos que pasarán e fila india, de dous en fondo, a engrosar o Consello de Administración do antigo monopolio. Seguindo o exemplo, claro está, do máis espelido de todos eles, o ínclito Eduardo Zaplana, que, a fin de contas, marchou da política polos mesmos motivos de puro altruísmo polos que se incorporou a ela.

Este tío é que cheira as borrascas de lonxe, ríome eu do calendario zaragozano.

En fin, que hai calma chicha na banda esquerda da ría, e mar de fondo na dereita. E Mariano empeza a sufrir nas súas carnes os inconvenientes e incertezas da tecnoloxía dixital aplicada á política partidista. Cando as cousas van ben, de puta madre. Pero lojo, pasa o que pasa.

A verdade é que o home parece outro, mesmo semella ter sufrido un ataque agudo de sentido común; supoño, claro está, que será unha doenza estratéxica e pouco consistente. Pero xa veredes como así e todo vaino levar á tumba...

E veredes tamén como sobrarán enterradores. E que non será preciso ir por eles ni a desiertos remotos ni a montañas lejanas...

Dijo eu
¿Ou non?

Chuzame! chuzame -

2 comentarios a “STAND-BAY (STAND-BY, veña lojo)”

  1. Nando

    Ya veo que estas de vuelta… como se suele decir, la mala hierba… :)

    Luego hay otras hierbas que prometen blogs y… yasesabe

    Alapá

  2. Karlosman

    Aiii carallo….!! Stand by, oh, stand by…. Pero ti sigue insistindo co injlés, que ao final o dominas, sejuriño que si…

Escribe o teu comentario

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image