O DISCO DA SEMANA SANTA: AVARÍAS INCÓMODAS

O día 19 pola mañá apurei canto puiden para deixarvos o rejalo de pascua no meu almacén.

A iso das 11 estaba arriba o post e marchei de vacacións coa sensación do deber cumprido.

Pero á volta vexo que non hai nada, e entérome do problema. Así que volta a empezar.

Falábavos eu dun músico turco de orixe armenia que coñecín fai un par de anos, por medio dun mozo de Vigo, Lois Atanes, de profesión profesor de Filosofía e locutor de radio por afección, que dirixe con tino un programa emitido por Radio Ecca chamado "O Recanto do Corcovado", absolutamente recomendable para quen poida sintonizalo (trátase dunha emisora de ámbito local en Vigo)

Trátase de Arto Tunçboyaciyan fundador e líder da Armenian Navy Band, curioso nome para un grupo de música que podemos definir como de raíces, dijo eu. Na miña opinión Arto, extraordinario percusionista, é dono dunha voz verdadeiramente especial, chea de naturalidade e autenticidade, que chega directamente ó corazón do que a escoita.

O disco que vos deixo no almacén compreino fai aproximadamente un ano, aínda que foi gravado no 2004. Trátase de Sound of Our Life - Part One: Natural Seeds .

Espero que vos guste tanto como a min.

Déixovos estes vídeos de YouTube para abrir boca.

En primeiro lugar, filmado como un documental, a banda interpreta Ararat. Aí podedes ver a Arto coa súa típica boina.

¿Que vos parece Arto como percusionista?

E por último, esta curiosidade

Para saber máis:

Chuzame! chuzame -

4 comentarios a “O DISCO DA SEMANA SANTA: AVARÍAS INCÓMODAS”

  1. Silvana

    É imposible deixar comentarios. Non deixa.

  2. Alberte

    Eu xa coñecía a este artista grazas á súa colaboración cunha das miñas bandas preferidas, o grupo de orixe armenia System of a Down. A verdade é que me gusta o tal Arto.

  3. bandini

    maravilloso músico, no conozco este disco en concreto. tendré que tratar de robarlo….

  4. vakastolas

    O directo parece tremendo. Unha aperta.

Escribe o teu comentario

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image