O BARBEIRO DE CORME
Ese que vedes na foto barbeando é me avó, Juan do Roxo, o Roxiño de Corme, barbeiro, reloxeiro e bardo como dixo del Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben-Cho-Shey) inspector de ensinanza primaria, periodista e escritor, con quen mantivo unha boa amizade dende o día que apareceu por Corme, lugar do que este bo home soubo por unha desas casualidades da vida, sejuramente cando menos o esperaba, pois, ourensán de nacemento, padecía a tortura do exilio aínda máis lonxe do mar, en Cáceres, sen máis culpa pola súa parte que a de pensar de seu.
Eu non coñecín ó meu avó, pero el a min si, e teño por certo que esa foi unha das maiores alejrías da súa vida, pois a morte xa chamaba á súa porta e fun eu, sen querelo, o primeiro dos 16 netos que tivo, se non me fallan as contas, e o único que chejou a ter no colo.
E como sei que lle justaría moito poder ler o relato que ten o nome desta entrada e que lle dedicou o seu amijo Ben-Cho-Shey no seu libro "Galicia no corazón", atrévome a subilo aquí como modesto homenaxe a eses dous homes dos que tanto oín falar dende pequeniño. Teño diante de min a fotocopia do conto mecanografiado, non sei ben por quen, sejuramente pola miña nai, ou por aljunha das miñas irmáns, así que paso a reproducilo tal como está escrito.
O barberio de Corme
Fai xa dez anos que paseando unha serán a miña morriña pola estrada que sae de Cáceres pra Salamanca vin arrombado á sombra duns eucaliptos un auto de liña sobre cuio fondo de sinople campaba este letreiro: "O Cotelo de Corme".
Unha capa de poeira cubriao por completo e ao velo calqueira diría que aquel vehículo tiña sede i estaba canso de rodar polas desoladas carreteiras extremeñas. Fiquei parado diante dil e déronme ganas de parodiar ao califa Abderramán, dicindo: "Tamén ti, ¡ou Cotelo!, eres e'quí forasteiro", ao ver a sua verde vestimenta que me lembraba as xugosas terras da lonxana Galicia.
Dende aquela data deica o remate da guerra casi todolos días nos atopabamos o autobús e mais eu, ollándonos con simpatía, como dous camaradas no exilo. Parecía como si tivera vida real e me falase do seu desexo de volar á terra.
Un día desapareceu "O Cotelo" do panorama cacereño e pareceume ainda mais moura a miña soedade. ¿Que sería feito dil?, matinaba eu. ¿Iríase por algún barranco ou escangallaríase contra dun albre itinerario? Ninguén me soupo dar razón do meu mecanizado paisano ata que niste vran derradeiro o descubrín outra serán no cruce estradense da vila de Carballo, e foi tan grande a ledicia que me produxo o atoparme co vello amigo, que me embarque nil, sin reparar na súa vellice, nin nos alifaces que os anos lle foron deixando, decidido a seguilo ata o final do seu roteiro.
A estrada lame amostrando as bariles perspectivas da terra de Bergantiños e unha vez pasado o repeito do monte de San Amaro, asomou aló no fondo a silueta de Buño, a Meca dos cacharros marelos, posta no cruce do camiño que levabamos co que dali sae pra Malpica.
Deixamos o centro alfareiro bergantiñán e ao pouco tempo xurdiu Ponte Ceso a veira do Allóns, gardando a preciada reliquia do pazo que sirveu de morada ao bardo Pondal.
Desde Ponte Ceso a estrada gabea por un outo en precura do magnífico mirador a culos pes se extende o maravilloso panorama daquil redente val salferido de pobos evocadores, como Niñóns, Brántuas, Cospindo e Nemeño, todos iles con evocadoras lembranzas do poeta inmorrente.
E ao descer diste cumio pasamos polo lugar da Aldea, antesala do porto de Corme, final e meta do viaxe do Cotelo.
A forte personalidade diste afastado i esquencido porto revelase dende denantes de chegar a il. As casas teñen un feitío característico e singular; as mulleres van ainda a misa de mantelo, i os mariñeiros xúntanse na torriña pra ollar o mar e ver como a soma dunha casa marca as doce nun penedo que alí hai.
Pro entre todalas cousas curiosas que garda Corme cecais sexa a millor a barbería da rúa Maior, punto de cita e reunión da xente moza e leda que leva unha cántiga nos beizos e unha ilusión dentro do peito. Das paredes do local penduran guitarras, bandurrias, violíns e toda clás de instrumentos pra formar unha rondalla. E namentralas fillas do barbeiro rasuran facianas e tousuran testas, xurden cantos enxebres de rexo sabor mariñán, misturados con outros barudos de terra adentro.
O Fígaro de Corme e un home de cara ridente, pelo rizoso e ollar cazurro, poseedor dun repertorio inacabable de contos, cantigas e refrás cos que decora a sua engaiolante conversa, mantendo a atención dos parroquianos. Galego de corpo enteiro, dende a Cruz do seu primeiro apellido ás Cousillas do segundo, ten vena de poeta fácil i é o autor das cousas que os mozos de Corme cantan nas comparsas de Carnaval e noutras festas da mocedade, arte herdada polas súas fillas, que improvisan cántigas coa misma facilidade co que rosan as espesas barbas de toxo dos rexos mariñeiros.
O barbeiro de Corme, vivo arquivo do folklor bergantiñán, garda no seo un tesouro de cortesía e de delicadeza posto ao servicio dunha simpatía natural, que lle fai ganar a vountada das xentes que por vez primeira acoden ao seu filarmónico local.
Eu débolle unha serán deliciosa pasada naquil grato ambente, e unha bondosa colleita do saber popular dos bravos mariñáns que viven ao abrigo da punta do Roncudo, coas albas praias de Laxe por diante i o mar infindo por fondo dun dos máis singulares paisaxes da fermosa costa galega.
Cando os anos decorran e as radios infesten a nosa terra de cantares flamencos e mexicanos, ainda ficará en Corme algunha velliña de mantelo e algún patrón farto de singladuras que, lembrando tempos da súa mocedade, canten mainiño as cantigas deprendidas na barbería de Cousillas que por elas ficará pra sempre incoroprado a i-alma do pobo como un anónimo e ben intencionado versolari.
chúzame - 6 Comentarios
Other links to this post
RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI


By Jorganes, 2008-01-16 @ 11.13 pm
Estou ledo de ver na túa páxina as lembranzas de Ben-cho-sei sobre Corme. Xa coñecía eu a historia, mais tíñaa incompleta. A túa irmá sabe algunha cousa máis das lembranzas de Ben-cho-sei sobre “O Barbeiro de Corme”
By Nando, 2008-01-17 @ 1.33 am
Bueno, parece que nos damos cita aqui la familia :)
Gracias a mi madre, que llenó nuestra infancia con los relatos de los recuerdos de la suya, esta historia no me es ajena, al igual que un gran montón más de ellas que nos iba contando de tal manera que casi podías visualizarlo todo como si estuvieras sentado en la barbería, en el Casino, en el cine de Birloto o en Borrachón, viendo a tiempo real lo que nos contaba.
A veces escuchándola (y leyéndote) me pregunto que historias voy yo a contar el día de mañana, porque tengo la extraña sensación de no haber vivido con tanta intensidad ni haber acumulado tal cantidad de vivencias, y sobre todo tan… como decirlo… entrañables, no se la palabra, como os pasa a vosotros. Serán los tiempos, la forma de vida o que se yo, o será el valor (sentimental) que yo le doy, pero el caso es que no le encuentro equiparación…
Vaya reflexión… :)
Alapadedió
El Fer
By bandini, 2008-01-17 @ 6.03 pm
ahora las barberías son salones de belleza unisex. yo tengo suerte ya que mi mujer me corta el poco pelo que aún me adorna la cabeza, porque por lo que veo por ahí, a día de hoy las peluquerias parecen velatorios.
brindo por Juan do Roxo
By xamentendes, 2008-01-18 @ 12.32 am
Home, si non me falla a memoria o teu avó era “músico, barbeiro e bardo”. O de reloxeiro para min é novo, pero bueno…
Calquer día cóntoche como, seguindo aqueles remites das cartas que con tanta frecuencia vía en mans de Mamalela ke presentei, cachazudo coma eu sempre fun para estas cousas, no domicilio madrileño de Xosé Ramón Fernández Oxea…
Pero deixámolo para cando veñas a Malpica, axudarme a valeirar unha botella de viño.
By Doutora Seymour, 2008-01-20 @ 8.08 pm
Parabéns por ter ese avó, Ninsesabe, é ben certo que o que se hereda non se merca, non teño dúbida de que de poder ler todo o que vostede escribe aquí estaría máis que satisfeito.
Un luxo poder dispor dese relato, grazas por compartilo.