YA ES NAVIDAD EN EL CORTE INGLÉS
Unha, dúas, tres, catro, cinco...
Contando sen parar a este ritmo, acabarías aproximadamente o 28 de marzo de 2008 pola mañá, máis ou menos a iso das 13:30...
Pero claro, iso non sería factible, que é preciso durmir, aínda que so sexa un pouco cada día, e levar a cabo unha serie de funcións fisiolóxicas de asimilación e desasimilación de nutrientes básicos para o organismo que tamén levan o seu tempo, e que nos impedirían seguir o ritmo marcado.
Así que, dedicando ó descanso 8 horiñas diarias e outras dúas ás funcións básicas xa citadas, acabaríamos o día 13 de maio de 2008 pola tardiña.
Estou falando de contar unha por unha os aljo máis de 8 millóns de bombillas que están funcionando dende o pasado día 25 na capital do reino. Como son de letras, propóñovos que sexades vos os que calculedes cando acabaríamos de contar todas as que se instalan neste puñetero país. E, polo tanto, a cantidade de enerxía dilapidada en tan corto espazo de tempo...E, de paso, as necesidades básicas que se poderían satisfacer cos recursos malgastados.
Nunca o entendín. Cada ano collo un cabreo superior ó anterior, o que xa vai resultando difícil. Semellante desperdicio de enerxía contradí as máis elementais normas que dita o sentidiño. Todo o ano tocándonos o zoco con que apajemos a caixa boba dende o botonciño do aparello e non co mando a distancia, para evitar o malgasto de enerxía que produce esa luceciña roxa todo o tempo prendida...¡e agora isto! E despois, veña campañas de concienciación, cuidadiño que ven o cambio climático, e veña 5 minutos a escuras un día de vez en cando...¡Hai que joderse!
E cada ano madrujamos máis, que antes so eran 10 ou 15 días e agora chejamos ó mes e medio... ¿E iso por que? Pois seica para celebrar de maneira axeitada o nacemento de Cristo...Que por riba din os estudados (que hai estudados para todo) que non naceu en decembro, e moito menos o 25, senón en outubro ou non sei cando, que ó mellor xa no me acordo ben.
Claro está que todo iso é mentira, unha porcallenta mentira, e todo o tinglado móntase, como é ben sabido por todos, coa única intención de fomentar o noso consumo, de facernos jastar a extraordinaria, a ordinaria e os aforriños que poida haber por aí adiante, que nunca serán moitos... Un consumo salvaxe e irracional. Nunha palabra, que se trata dun nejocio, dun enorme nejocio. Porque, hoxendía, nejociase con todo. E non queda nin Cristo fora da cesta da compra.
Pero, como case sempre, os principais culpables de todo somos nos, os curritos de a pe, parvos de remate, que entramos polo aro cunha paixón e unha facilidade digna de mellor causa, paspáns, que somos unha panda incorrixible de paspáns. E non se albisca a solución, antes ben ó contrario, porque cada ano facemos promesa de ter sentidiño e non caer na tentación, e cada ano participamos na desfeita con novos ánimos e redobrada intensidade.
Pois nada, a jastar enerxía, a comprar turrón, duro, brando e semipensionista, mazapáns, uvas, marisco, carne e todo tipo de manxares e viandas; e a mercar rejalos para todo dios, cantos máis e de maior inutilidade mellor, cousas a metade delas que lojo non saberemos onde poñer nin que coño facer con elas no resto do ano…
Veña, ánimo, a coller unha boa hiperglucemia, a embucharnos, coma se fosemos chourizos, de colesterol, triglicéricos, nutrientes parcial ou totalmente hidroxenados e jrasas varias, un día tras outro, ata rebentar as arterias. E, de paso, baleirar os petos, que a fin de contas queda a nosa VISA, que para iso se inventou, tremelicando, e non precisamente de frío…
Que non decaia o espectáculo.
¿Navidad, dulce Navidad? ¡Navidad, puta Navidad!
Dijo eu.
¿Ou non?
7 Comentarios
Outras ligazóns para esta anotación
RSS semente para comentarios a esta anotación. URI do trackback
By jorganes, 2007-12-08 @ 5.51 pm
Pois no Vaticano tampouco son moi ecoloxistas que digamos.
By Pablo, 2007-12-08 @ 11.16 pm
Vente pa Holanda oh! o consumismo non é tan descarado e luces hai as mesmas que o resto do ano, iso si, Rioja por aquí non cho hai… pero hai outros bos tamén. ;-)
By Mar e Lúa, 2007-12-09 @ 3.43 pm
Dis ben. A metade das parvadas que facemos por Nadal sobraban… É todo un despilfarro completamente irracional. Tanto cambio climático nos telediarios para logo acender 8 millóns de luces durante seis horas ó día un mes enteiro…
By Silvana, 2007-12-09 @ 9.06 pm
A min encántame facer o xilipollas no Nadal. Aínda que o fago todo o ano, ésta é a época do ano na que máis me gusta facelo.
By Zeltia, 2007-12-09 @ 9.31 pm
líchesme o pensamento. Cada ano a mesma leria. A min xa me farta hasta dicilo. Xa calo a boca. E mesmo farei o que os demais, total se vas contracorriente “es unha amargada”, e todo e “cuestión de actitude” e non sei que mais. Pero vexo as luces acesas e penso: a paquemerdaandamosadicirtodoodia o de aforrar enerxía. Lembreime de hai unhas semanas ca parvada esa de apagar os focos que iluminan a giralda e os edificios emblemáticos, porque non sería unha parvada se fosemos consecuentes, se os mesmos concellos que fan esa simboloxía do apagado-aforro fosen consecuentes, e por o menos, para empezar, como un sinal de que algo muda, dixeran “iste ano, imos poñer x centas bombillas menos que o ano pasado” así, unha parvada desas, e un diria, bueno, inda bo é… pero que va, a cousa vai a mais a mais de ano en ano, volvense tolos os comercios a facer o seu agosto, que iso entendese ben, e as firmas metendonos por os ollos con anuncios e demais, que tamen se entende ben que queiran seguir jañando ben cartos, pero o que non sse entende e que as nosas propias institucións, e nos mesmos fagamos cada ano parvadas mais desmesuradas.
Eu flipo.
By Hipatia, 2007-12-10 @ 10.00 am
La vida no me sonríe, me cago en la humanidad.
hace un frío de cojones
va a llegar la Navidad.
Y si nos queda algún diente
comeremos turrón.
Me estoy haciendo de vientre
dentro del corazón
Y no me importa
que los reyes ya no vengan para mí,
con que vengan los camellos
soy, bastardos, más feliz.
No…che de paz,
no…che de amor.
todos contra todos, me cagüendios
y del cielo una estrella vendrá:
es un cuete espacial.
No…che de paz,
no…che de amor.
¡Una tregua! me cagüendios
y del cielo una mierda caerá.
es un cuete nuclear.
By ninsesabepuntocom, 2007-12-10 @ 11.37 am
Ten o seu aquel o do Vaticano, Jorganes, si señor…Por certo, interesante blog.
Pablo, iso si que non, para viños quédome por aquí.
Tamén eu, Silvana, tamén eu fajo o jilipollas no Nadal e no resto do ano…
Eu tamén flipo, Zeltia, a colores.
Cando estaba escribindo, acórdabame dese villancico de Extremoduro, real como a vida mesma.