A LEI DO PÉNDULO

Visitando os blogs amigos atopei, No outro lado, ese vídeo que podedes ver abaixo.

Recoméndollo encarecidamente sobre todo ós que vaian a ser pais e ós que se dediquen ó sufrido traballo de educar. O que fala é o xuíz de menores de Granada Emilio Calatayud Pérez e o que di non ten desperdicio, dijo eu.

Dicíalle eu á do Outro lado nun comentario que deixei alí, que o exemplo que pon este home da reacción dos pais, antes e agora, fronte a unha sanción do seu fillo na escola non me resultaba nada allea. Padecín como alumno, penso que afortunadamente para min, a reacción dunha nai das de antes e como profesor vin as reaccións dos pais de agora, dos modernos. E, como resumen, sempre dijo que neste país o que impera é a “Lei do péndulo”, pola que pasamos dun extremo a outro a toda velocidade. E así nos vai.

Sempre me acordarei do que me pasaba cando me castijaban na escola da Trabe, na de dona Teresa, que ás veces perdía a paciencia, e non porque tivera pouca, senón porque éramos nenos, e éramos moitos...Así que ela deixábamos castijados de 5 a 6, máis que nada como medida compensatoria e, supoño eu, para equilibrar a balanza. En todo caso totalmente asistida pola razón.

Claro está que chejaba pasadas as 6 a casa e miña nai era calquera cousa menos parva.

-¿De onde ves a estas horas, meu neniño?

-Verás, es que me castigó doña Teresa, pero es que...

-Nin pero nin pera. Pasa para a túa habitación e non te movas dela ata a hora da cena. Mañá vou falar eu con dona Teresa e logo xa falaremos ti e máis eu.

E así ocorría, ía falar con ela, o que, habitualmente, non resultaba nada benéfico para os meus intereses, pois, as máis das veces, asejúndabame deixándome sen saída o fin de semana, que era cando máis doía, por aquilo da feira dos sábados, futbolín do bar de Ramón do Barbeiro incluído, e do fútbol das tardes do domingo no campo de detrás do Axuntamento...Por non citar a película semanal (“Salón de cine A’Vieira”) que tanto me justaba…

E, claro está, con toda a razón do mundo pola súa parte.

E con todo o merecemento pola miña.

Dijo eu.

¿Ou non?.

Chuzame! chuzame -

10 comentarios a “A LEI DO PÉNDULO”

  1. Silvana

    Suscribo totalmente lo que expresa el Juez de Menores. Ya lo tengo visto en otras entrevistas en la televisión. Es el Juez de Menores más progresista de España, aplica la ley con total racionalidad (de la que muchos jueces carecen - sólo hay que ver muchas sentencias) y con un total “conocimiento del medio” (como dice él que se llama ahora a los profesores. En sus sentencias en vez de aplicar medidas restrictivas de la libertad, suele imponer medidas sociales como los trabajos en beneficio de la comunidad. No conozco, a priori, ningún juez que vaya tanto al caso concreto como éste. No sólo eso, sino que en su Juzgado hay una Asociación …. (no recuerdo el nombre)que “apoya” a los menores y coopera con el Juzgado y a la inversa, de manera que consiguen que muchos menores con “el perfil de delincuente” (como dice él)recuperen su vida.

    Repito, estoy totalmente conforme con lo que él expresó, además lo hizo de una forma coloquial y directa. Una de las mejores charlas que escuché (y voy a conferencias amenudo.

    Un saludo.

  2. vakastolas

    Cantas verdades todas xuntas e dillo unha que é xa nena postconstitucional pero como todavía non estaban desenroladas as leis do menor tiven que achantar con un par de cachetes que sorprendentemente non me deixaron ningunha secuela psicolóxica evidente.

  3. sarampelo

    Estou dacordo con que di o xuíz.Este home lle chama ás cousas polo seu nome sen andar por “ramas” como outros. Pouco se fala del nos medios. Para ser un xuíz estrela (como o que estou pensando neste intre)ten que actuar ao dictado político, ou sexa ao servicio do que está no poder.Quen vai crer na xustiza cando estáse a actuar a impulos políticos. O tufo político que conleva esas detencións da cúpula de HB e demencial. Tomando un pobo polas F.S sen deixar entrar nin sair aos cidadáns que nada tiñan que ver con elo. Deume a sensación que se está a aplicar o “estado de excepción” solapado, conctetamente nese pobo. E todo por intereses partidistas e electoralistas. Non teñen perdón nin dos deuses. España es diferente.

  4. Hipatia

    Unha visión distinta do xuez da nai e do fillo… :-D

    http://es.youtube.com/watch?v=6JOcNifptEc

  5. xamentendes

    Eu non sei que pensar: ao millor é dunha pescozada da Birolla (perdón, Dona María Luisa López Canedo), ou dunha chapeta de mamá, ou dunhas hostias que me dou Pallas un dí pola tarde, ou daquel balonazo que me dou a matar o besta brava de Picota cando con 11 anos me puxen a carón da portería e el botou o penalti fora… xusto onde estaba a miña cachola, ou dalgunha pele nas festas dos Mallos (que me mallaron un par de veces), …ou nacín así. O que non teño son comprexos, nin traumas, ni coloutros con Edipo,…pero claro, eu sempre fun mais de Wilhelm Reich que de Sigmund Freud.
    ¡Ala, a rañala!

  6. Ninsesabe

    Coño, Hipatia, menudo documento. Impresionante.

  7. Doutora Seymour

    Si, pasamos dun extremo ao outro… educar esixe ter asumido o termo pai nai, as súas obrigas, e hoxe semella que os adolescentes son fillos de adolescentes. Todo ao chou. Coido que se miramos polo ben dos fillos, non nos custaría tanto atopar o termino medio. Tampouco caimos na trampa de que todo o pasado foi mellor…

  8. ninsesabepuntocom

    Moi atinado, Doutora Seymour, non caiamos nesa trampa. No tocante a iso eu sempreen sempre lles digo os rapaces ós que tento educar que “calquer tempo pasado foi pior”. Dijo eu que terei razón. ¿Ou non?
    Pero aljunhas cousas pódense mellorar sen necesidad de empeoralas (je,je,je…).

  9. Paco Penas

    É dificil pasar por esta cova sen dicir nada. Pero hoxe despois de ler, ver e escoitar tantas cousas, prefiro retirarme, como pai de dos fillos, a cavilar.
    Agradecido.

  10. Ana Bande

    Vaia, veño de colgar eu tamén ese vídeo, pódese decir máis alto pero non máis claro. ¡apertas!

Escribe o teu comentario