Mellor falemos de música

VOTAREI POR E.T.A.

 Viñeta de Peridis en "El País" (23-05-2007). Pulsa nela para vela mellor.
votoaeta.gif
...e eu sen decatarme, pensando, paspán que sijo sendo, que ía votar para decidir quen gobernará en Ferrol nos próximos catro anos.

Pero o xefe do Palanganero, o palanganero de Bush fillo, acaba de proclamar onte que tódolos que non votemos PP, estaremos apoiando a E.T.A.

Así que o próximo domingo, cando meta a miña papeleta na furna, como non será do PP salvo que me leven fortemente maniatado e narcotizado e coa súa papeleta nos dentes, en realidade estarei votando a ETA... ¡Manda chover na Habana!

En realidade dixo tamén algunhas cousiñas máis, como que Zapatero está creando as condicións para provocar unha nova guerra civil, e cousas polo estilo. Foi en Calatayud e non sabemos se participara antes nunha cata ou dixo esas babosadas a pelo, sen dopaxe de por medio.

 Moitos diredes, e non vos faltará razón, que son mamarrachadas dun jilipollas que non sabe ben o que di, con cata previa ou sen ela...Pero eu, sempre me resisto a crer que o cerebro deste homiño presente permanentemente un encelograma tan plano. Ó contrario, síntome máis ben inclinado a pensar que calcula perfectamente o que di. É dicir: babosadas si, jilipolleces si, estupideces tamén, que non sabe expresarse doutro xeito como xa queda dito. Pero calculadas. Ou sexa, que o que verdadeiramente queda retratado é o seu pensamento real, a idea que ten dunha sociedade democrática.

Estamos pois, na miña humilde opinión, ante un homiño ó que a democracia non lle acae nada ben. Un prepotente nada recomendable. Un tipo perigoso.

Non direi eu que sexa un fascista ó estilo dos seus ídolos do pasado. Pero as similitudes son tan fortes e móstranse con tanta evidencia que será preciso un verdadeiro experto para que nos ilustre acerca das diferenzas que sen dúbida terán que existir.

Pero que pasan totalmente desapercibidas ós ollos dun profano coma min.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

7 Comentarios

  • By sarampelo, 2007-05-23 @ 1.33 pm

    Isto é intolerable, xa non teño palabras para expresar a miña indignación. Quixen poñer algo sobre este tema no meu blog, vexo que na maioría xa están a dar “brasa”, e xa non o fago; coido que non sería capáz de escribir todo o que tiña que dicir sobre este “sinverguenza”.
    Está para atar, e non hai ninguén que lle meta mano para levalo ao manicomio ou a unha clínica de desintosicación das dúas “botellas”.
    Este elemento había que xulgalo por xenocida, metelo nunha cela e guindar as chaves ao mar.
    Que se vaia “al carajo”

  • By Fror de toxo, 2007-05-23 @ 8.21 pm

    Coincido totalmente. Non é que confíe demasiado na súa intelixencia pero estou convencida coma tí que retrata o seu pensamento. É perigoso porque é un deses tipos vaidosos que pensan que están destinados a salvar o mundo (neste caso ssspaña) e pasar á historia por sempre xamais.

  • By Doutora Seymour, 2007-05-23 @ 10.32 pm

    O que non pasa desapercibido é o seu cabreo, e con razón, toda a razón do mundo.
    Agora ben… esa súa imaxe levado a votar polos axentes do PP, maniatado e narcotizado (fortemente), e coa papeleta nos dentes… é impagable!. Neste case seu só é imaxinación, mais según nos contan hai xefes que fan pouco menos cos seus empregados… e se queren manter o posto de traballo pois… uf, uf, uffff…

  • By ninsesabepuntocom, 2007-05-24 @ 7.44 am

    Miña querida doutora, como moi ben sabe vostede a realidade supera sempre á ficción. E no caso destes “chicos del PP”, de lonxe.

  • By susolista, 2007-05-24 @ 7.16 pm

    ESten claman por outro golpe de estado coma o que os fixo ricos a eles e a seus avós. Maldita transición.

  • By nieve, 2007-05-25 @ 6.58 pm

    Hola de novo. Si que estiven de vacacións e non me enterei nin desto nin doutras cousas polo estilo. Xesús, mira que irme de vacacións nestes días… Así que iste “chaparriño” volveu abrir a boca… Sorte que vive nun país democrático pq si vivera nun como el desexa, probablemnte isto costarialle “algo” careiro

  • By Nando, 2007-05-26 @ 2.30 am

    En este bendito estado que nos alberga, quedan cientos de miles de personiñas que, aun a día de hoy, pásmense, cada vez que escuchan a los “chicos del PP” vuelven a casa cavilando las palabras por ellos vomitadas y piensan con pavor que no les faltó nadiña para ser malos españoles y votar a la ETA, para romper la unidad nacional, para liberar a De Juana y que incluso hasta que les cargaran con el asesinato de la madre de Bambi.

    Y se (preocup…) acojonan y votan…

    Por otro lado, hay cientos de miles de personas que simplemente no cavilan. Ni piensan, vamos. Directamente aplauden y se manifiestan a la (ultra) diestra del PPadre.

    Y enchidos de orgullo votan…

    Cientos de miles vienen siendo millones y el PP lo sabe mejor que nadie. Y estos pobriños también tienen derecho a sus quince minutos de gloria sintiendo que el supremo lider se dirige personalmente a ellos para salvar la patria.

    Y van todos y votan…

    Que los dioses nos cojan bien peinados…

    Alapadedió
    El Fer

Outras ligazóns para esta anotación

RSS semente para comentarios a esta anotación. URI do trackback

Deixa un comentario

Ninsesabepuntocom is powered by Wordpress | WordPress Themes