CUESTIONARIO PROUST
Amablemente invítame Larvós (o home que xamais terá un blog), si me peta, a responder neste blog a un cuestionario. Trátase do cuestionario de Proust, un cuestionario que segundo parece foi pensado para ser respondido por escritores. Di Larvós que tamén podería valer para blogueiros. E polo tanto para o señor Ninsesabe, por exemplo, ó que (xunto con outros 4 blogueiros máis) lle lanza o órdago de cubrilo dende o seu blog. Ese que non terá xamais.
Así que para non facerlle un feo a Larvós o que subscribe acepta o reto e disponse a espirse espiritualmente diante de tódolos visitantes deste blog, que por outra parte tampouco son tantos. E ademais, polo que se vai vendo, están curados de espantos.
É curioso este mundo dos blogs. Pouco a pouco un vai relacionándose con persoas das que descoñece absolutamente todo, excepto aquilo que se deixa ver entre as liñas que escribe dende o seu curruncho. E deste xeito, ringleira a ringleira, vai fraguándose unha especie de complicidade e simpatía con vínculos moitas veces máis fortes dos que nos unen a persoas que vemos tódolos días.
E así, día a día, visita a visita, vai un empezando a coñecer á persoa que está detrás dos "posts", ás veces máis profundamente que se vivisen no 4ºB do noso portal. Seguimos sen coñecer o seu nome, nin os seus datos persoais, nin mesmo a súa cara: pero vamos coñecendo á persoa, e vamos colléndolle cariño. Ata tal punto que o día que non podemos visitalos parece como se nos faltase algo. E pensamos ¿que escribiría hoxe fulanito?
¿Non vos parece que é así?
En fin, despois de tan profunda reflexión, aló vou. E dende aquí lánzolle o reto ós seguintes blogueiros:
- Son Mar e Lúa
- Dorvisou
- A Pícara de Allegue
- Suso Lista
- No outro lado
- Blog de Carlos M. Abella
O CUESTIONARIO DE PROUST
- ¿O principal rasgo do meu carácter?
Posiblemente sexa a improvisación, a impulsividade, a irreflexividade. Unha vez un gran entrenador de xadrez co que tiven unha boa relación (Boris Zlotnik, Mestre Internacional de Xadrez) analizando unha partida catastrófica miña (como case todas) díxome: "Tú eres muy creativo, pero totalmente irreflexivo."
Creo que o que escribín en cursiva é válido tamén fora do xadrez para min.
Outro rasgo importante penso que pode ser a terquedade, a tozudez. Neste caso penso que foi amainando cos anos...Pero cando me poño en aljo podo chejar a ser moi terquiño, seino eu.
- ¿A calidade que prefiro nun home?
Se hai que escoller unha sola quédome coa xenerosidade para os demais.
- ¿A calidade que desexo nunha muller?
¿Por que tería que ser diferente a dun home que a dunha muller?
- ¿O que máis aprecio nos meus amigos?
Que me digan a verdade e que me acepten cos meus defectos, sen intentos de cambiarme.
- ¿O meu principal defecto?
Pois posiblemente a terquedade e a impulsividade, como queda dito.
- ¿A miña ocupación preferida?
Xogar ó xadrez, a informática, escoitar música, ler poesía, ver cine.
No verán bañarme na Arnela, bucear vendo os peixiños ó pé da praia e bañarme no medio das correadas.
- ¿O meu soño de dicha?
Acabar coa pobreza no mundo.
- ¿Cal sería a miña maior desgraza?
Volver a vivir como cando fun novo, nun país sen liberdades.
E tamén depender fisicamente dos que me rodean.
- ¿Que quixera ser?
O que son: mestre. Non pode haber no mundo traballo máis bonito.
- ¿Onde desexaría vivir?
Onde vivo: en Galicia. Concretamente gustaríame vivir no inverno a cabalo entre A Coruña e Corme e no verán en Corme.
- ¿A cor que prefiro?
O roxo.
- ¿A flor que prefiro?
A rosa roxa.
- ¿O paxaro que prefiro?
Nunca pensei niso, posiblemente a andoriña. Por recordos de infancia.
- ¿Os meus autores preferidos en prosa?
Se tivese que elexir tres nomes quedaríame con García Márquez, Quevedo e Borges.
De neno paseino moi ben con Julio Verne.
Cando era mozo impresionoume un escritor noruego, Knut Hamsun, e concretamente un relato estremecedor: Hambre.
Houbo un tempo no que se me dou polos relatos de misterio, fantasía e ciencia ficción. Nese terreo paseino moi ben con Isaac Asimov, G. Orwell, Ray Bradbury, H.G. Wells, Arthur Conan Doyle, Edgar Alan Poe, Arthur C. Clarke, Lovecraft, Brian Aldiss...
- ¿Os meus poetas preferidos?
Por encima de todos Antonio Machado e Miguel Hernández.
Logo Quevedo, Espronceda, Neruda, Garcilaso de la Vega...
- ¿Os meus heroes de ficción?
De pequeno era O Zorro. Máis adiante Sherlock Holmes.
- ¿As miñas heroínas de ficción?
Mafalda. Pero sobre todo a nai de Mafalda...
- ¿Os meus compositores preferidos?
Non son un entendido no tema. O autor co que empecei a escoitar música clásica foi Vivaldi. Despois Mozart e Beethoven.
Gústanme moito Haendel e Tchaikovsky .
Tamén algunhas cousas de Smetana, Dvorak e Grieg.
- ¿Os meus pintores predilectos?
Non entendo nin papa de pintura, son un nejado para ese conto, pero sempre me admirou o realismo do pintor contemporáneo español Antonio López. De pequeno non era capaz de comprender como se podía pintar tan ben como o facían os clásicos como Velázquez, Rubens ou Tiziano, e sigo sin entendelo.
Posteriormente gustáronme Van Gogh, Sorolla e algunhas cousas de Dalí
- ¿Os meus heroes da vida real?
Se teño que escoller unha persoa a que admiro, esa é O Che.
Logo hai tantos e tantos heroes anónimos...
Na actualidade quédome con Vicente Ferrer.
- ¿As miñas heroínas históricas?
Do mesmo xeito, si teño que escoller unha muller á que admiro quédome con Marya Sklodowoska "Madame Curie".
E todas aquelas que tanto polos dereitos das mulleres, como as sufraxistas americanas de principios de século XX. - ¿Os meus nomes favoritos?
Carlos, Alba.
- ¿Que detesto máis que nada?
A falta de liberdade, a opresión, o abuso do forte sobre o débil...
- ¿Que caracteres históricos desprezo máis?
O despotismo, o militarismo, os fascismos, o fanatismo relixioso.
- ¿Que feito militar admiro máis?
A revolución dos caraveis en Portugal, a loita dos anarquistas españois contra o fascismo, a xesta do Che e Fidel en Sierra Maestra.
- ¿Que reforma admiro máis?
Todas as encamiñadas a conseguir a igualdade de dereitos e oportunidades.
- ¿Que dons naturais quixeras ter?
Saber escribir como Gabriel García Márquez.
Tamén saber bailar, sobre todo o tango; saber tocar algún instrumento, por exemplo o violín ou a guitarra.
- ¿Como me gustaría morrer?
De ningunha maneira. Pero se non queda máis remedio, de vello e de repente. Sen sufrir e sen facer sufrir ós que me rodean.
- ¿Estado presente do meu espírito?
Segundo de onde sopre o vento. Habitualmente non sufro de melancolía e adoito estar de bo humor. Case sempre son unha persoa compracente e pacífica.
Pero ás veces, cando perdo o control, vólvome verdadeiramente insoportable.
- ¿Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Aqueles ó marxe da lei protagonizados por eses pobres miserables desta puta sociedade, aqueles que están marcados dende o seu nacemento, ós que sempre lles foi negado todo... - ¿O meu lema?
Un so non pode ser. Varios:- Un alleo, de Confucio: Sé moi esixente contigo mismo e espera pouco dos demais. Así aforrarás moitos disgustos
- Outro alleo, con humor, de Elbert Hubbar: Non tome vostede a vida demasiado en serio; nunca sairá vivo dela.
- Un propio: O máis seguro é que...¡quen sabe!
- E o resumen de todos: Carpe Diem
chuzame -
2007-04-29 at 11.20 pm
Ooooooh, moitas gracias, Ninsesabe! Será un honor para min seguir co test, aínda que co indecisa que son, a saber que sae…jajaja ¡Que iluuuu!
Por certo, iso que comentas das relacións entre os blogueiros é verdade, ou polo menos a min tamén me pasa :)
Unha aperta moi grande
2007-04-29 at 11.25 pm
Pois entre outros e outras pensaba precisamente en ti cando o estaba escribindo, podes crerme.
Moita sorte, miña rula.
2007-05-01 at 12.16 am
Encántame saber de xente que goza coa súa profesión, os mestres moi en especial, parabéns. Un test completísimo, e que saiba que lle roubo o seu lema e que o usarei indiscriminadamente, é redondo.
2007-05-01 at 2.23 am
Recólloche con moito gusto o “testígulo” pero como ben ti sabes, non son funcionario e mañan toca traballar. O cuestionario en tal paréceme moi interesante pero terei que preguntarlle certas cousas a minha compañeira, pois sempre presume de coñecerme millor que eu :-)
Concordo coas túas verbas sobor da idiosincrasía dos blogs.
Un aperta
2007-05-01 at 11.39 am
[...] Dicía el que son curiosas as relacións que se establecen entre os blogueiros, que sabemos tanto e tan pouco á vez un dos outros… Por exemplo, os que pasades por aquí máis ou menos a miúdo sabedes cousas de min que non sabe nin a miña nai. Pero, sen embargo, non poderiamos saudarnos pola rúa se nos cruzásemos. É gracioso… [...]
2007-05-02 at 4.34 am
Meu ben querido Ninsesabe Eamin Nonmepreguntes,
Agradézoche moito a invitación, e contestarei, contestarei. Non sei cando pero contestarei. Non son moi amiga destes inventos, porque grazas a eles é ben fácil amosar a miña ignorancia vital, polo que tentarei respondelo cando teña o ánimo suficiente para poñer parida tras parida e así ocultar a anteriormente citada.
Encántame o artigo. Encántame.
Un saúdo.
2007-05-02 at 11.16 am
Antes de nada, agradézolle que “secundase a moción”.
O que máis me gustou foi, sen dúbida, a precisa descrición das relacións “interblogueiras”; unha observación moi atinada. No tocante as respostas, resúltame admirábel a satisfacción co propio traballo (algo do que, por desgraza, eu ando moi afastado). Iso si, pola miña banda son incapaz de xogar ao xadrez. Tódolos meus intentos de aprender foron inútiles. En fin, se até me perdo no tute…
2007-05-02 at 11.36 am
Xa o fixen, pero dígalle o voso amigo Larvós que para a próxima faga un cuestionario onde se poda marcar a resposta con unha crus….:-)
2007-05-02 at 11.46 am
Larvós, toma nota da queixa de Paco Penas, que é un home moi ocupado…
2007-05-03 at 9.15 pm
encantoume a autoanálise…de vez en cando aínda se atopan tests interesantes…
2007-07-13 at 2.56 am
Waterstone’s,_Broad_Street,_Reading…
Friday Harbor, Washington Governor Furnas Arboretum List of people by name: name Ad Spalax Manual lymphatic drainage Nine mountain schools The Warlord: Battle for the Galaxy Ryk Spoor National Journal Orange lily …
2007-07-23 at 9.53 am
Drapes…
Josef II, Holy Roman Emperor Warm Springs, Virginia Dusan Kubias Uchraspred Llanfihangel-y-Pennant, Abergynolwyn Buckeye, AZ Kim Warp List of World War II weapons of the United Kingdom Cappadocian (vampire clan) John Brown (essayist) …