Dijo eu. ¿Ou non?

“NOS QUEDA LA PALABRA”

paco_ibanez.jpg
O venres pasado tiven a sorte de escoitar a Paco Ibáñez no programa La Ventana. Xenial Paco Ibáñez, coma sempre, comprometido, nunca neutral. "La madre que lo parió", dixo cando Juan José Millás lle comentou a idea de Rajoy de impulsar o chino no sistema educativo español. Recoméndovos escoitar a entrevista.

Ó final da mesma Paco interpreta, en galego, un precioso poema de Antonio García Teixeiro (do que incluirá poemas no seu próximo traballo, Vivencias)... e mesmo nos deleita cunha desas cancións de Jorge Negrete que cantaba el de pequeno e que, por certo, tanto me gustaba tamén "cantar" a min. Tamén conta como foi Brassens o home que lle marcou o seu camiño no mundo da música.

Como non comprara o País non sabía que tiña sido entrevistado pola mañán nese diario. Interesantísima tamén a entrevista de Rosa Mora con motivo da actuación do cantautor por primeira vez no Liceo de Barcelona (Nos queda la palabra), actuación que tivo lugar onte e que foi retransmitida por internet dende esta páxina.

Nun momento da entrevista do diario pódese ler:

Pregunta. Cuando usted canta A galopar, a galopar, ¿saben los jóvenes que es un poema de Alberti?

Respuesta. Si lo saben, mejor, pero si no el contenido de la canción les ayudará a pensar, a descubrir quién es el enemigo, quién nos quiere robar el alma, el corazón, la vida, la identidad, los tomates y las manzanas reinetas. Por ejemplo, ése que lleva bigote y que ahora se ha dejado melena y se pasea por Moscú haciendo negocios. Hay que repetirlo: "A galopar / a galopar / hasta enterrarlos en el mar".

A Paco Ibáñez gústalle ser "atizador de conciencias".

Que o sexa por moitos anos, para sorte nosa.

Chuzame! chúzame -

5 Comentarios

  • By Rafael, 2007-04-24 @ 10.17 am

    Pois a min, sempre pareceume que este home cantaba mal, mal, pero mal. Outra cosa son as cousas que canta o, coma ti dis, as que conta. Ahí si.
    Dijo eu ¿Ou non?

  • By xamentendes, 2007-04-24 @ 1.02 pm

    Dúas cousiñas: dentro da familia, o que cantaba as de Negrete era eu, cando o señor Víxtor viña pola noite a se afeitar, e mamá dicíame:
    -Francisco Luis, está aí o señor Víctor,…
    E iba eu e cantáballe cada unha que mandaba carallo; outra cousa era que cantara mal.
    E dúas:¿daste conta? Brassens, toujours Brassens…

  • By sarampelo, 2007-04-24 @ 9.06 pm

    Poucos hai como Paco co seu compromiso en tantos anos. O merece todo por ser como é sen trocar a chaqueta, como cantautor como persona e ser humano. Falei unha vez con el fai moito tempo e logo o ano pasado estiven con el en Santiago, o único que cambiara del foi os anos e as canas, pero nada con respecto ao seu compromiso, é el mesmo como sempre foi e iso nos tempos que corren de cobiza retrincada hai que agradecelo.

  • By Doutora Seymour, 2007-04-24 @ 10.36 pm

    Sempre fai falta xente coma el, quizais hoxe aínda máis, para sacudir tanta conciencia anestesiada. Un pracer pasar por aquí.

  • By nieve, 2007-04-26 @ 10.44 pm

    Totalmente dacordo con sarampelo e a doutora seymour

Other links to this post

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word

Ninsesabepuntocom is powered by Wordpress | WordPress Themes