Dijo eu. ¿Ou non?

INVENTARIO

Para os desmemoriados, para os que comulgan con rodas de muíño, para os que cren de boa fe o que lles contan, preséntolles o seguinte inventario de feitos ocorridos neste país que poden axudar a situar no seu xusto punto a decisión tomada polo Goberno en relación ó etarra De Juana Chaos.

  1. Iñaki de Juana Chaos foi condeado a máis de 3.000 anos de cárcere por diferentes asesinatos cometidos en atentados terroristas. Desa pena cumpliu en total 18 anos, en aplicación da acumulación de penas prevista no Código Penal de 1973, polo que foi xulgado.
  2. No ano 1973 no que se aprobou ese Código Penal, non gobernaba en España o PSOE, estábamos no final da dictadura franquista.
  3. Agora acaba de pasar á situación de "segundo grado" en aplicación do artigo 100.2 do Regulamento Penitenciario. Podes ler o auto completo do xuíz aquí.
  4. Entre as exencións á pena deste asasino destacamos as seguintes:
    • 175 días menos por escribir un libro, Días, no periodo 1999-2000.
    • 175 días no ano 2001 por actividades de "redacción y arte de escribir"
    • 73 días no ano 2002 por actividades de "redacción y arte de escribir"

  5. No libro citado o etarra narraba a súa estancia na cárcere, facendo públicas unha serie de opinións nas que atacaba a tódalas institucións do Estado.
  6. Neses anos, entre 1999 e 2002 gobernaba en España o Partido Popular.
  7. Un deses beneficios de 175 días foi anulado pola Audiencia Nacional en marzo de 2005. En España gobernaba o PSOE, e o ministro do Interior era Alonso.
  8. Foi precisamente esa anulación a que impediu a saída do etarra da cárcere nese momento.
  9. Cumplidos eses 175 días máis, cando ía saír da cárcere foi encausado por un delito de amenazas, por dous artigos publicados no diario Gara. Eses artigos son: Gallitzo e El Escudo
  10. O caso de De Juana Chaos non é único: entre 1996 e 2004 foron excarcelados un total de 64 presos etarras con penas de 30, 25 e 20 anos, en aplicación da acumulación de penas prevista no Código Penal de 1973.
  11. Se entras no enlace anterior verás como, por exemplo, o etarra José Ramón Artola Santiesteban foi condeado a 327 anos de cárcere. Ingresou en prisión o día 2 de setembro de 1996, e foi posto en libertade algo menos de 16 anos despois, o día 4 de agosto de 2002. O ministro do Interior era Ángel Acebes.
  12. Especialmente significativo foi o caso do etarra Iñaki Bilbao, condeado a 52 anos de prisión. A este terrorista foille reducida a súa condea a 30 anos, por efecto da acumulación de penas prevista no Código Penal de 1973. Finalmente cumpliu 17 anos de cárcere e quedou en liberdade. Tras salir da prisión (28-09-2000), o día 21 de marzo de 2002 asesinou ó concelleiro socialista de Orio Juan Priede Pérez.
  13. Entre 1996 e 2004 gobernaba en España o PP. Os ministros do Interior neses anos foron Mayor Oreja, Mariano Rajoy e Ángel Acebes.
  14. Entre 1997 e 1999 o goberno do PP excarcelou a unha decena de presos etarras, en aplicación do artigo 104.2 do Regulamento Penitenciario.
  15. Algunhas destas excarcelacións tiveron lugar no periodo de tregua declarado por ETA en setiembre de 1998.
  16. A Asociación de Víctimas do Terrorismo non protestou nin convocou ningunha manifestación contra a excarcelación dos etarras citados, nin contra dos beneficios penitenciarios otorgados polo PP.
  17. O PSOE apoiou sempre ó Partido Popular na súa política contra o terrorismo.

Cando xa ía darlle ó botón de publicar ocurríoseme ir pola Randeeira, coma tódolos días, e alí está esta viñeta. Ilustrativa.

Chuzame! chúzame -

7 Comentarios

  • By a randeeira, 2007-03-02 @ 7.32 pm

    inventario, balance, conta de resultados e aínda asi moita xentiña non quere enterarse

  • By Nando, 2007-03-02 @ 9.45 pm

    No, no quieren enterarse, no les da la real gana de enterarse. O lo que es peor, se enteran y creen que las cosas son así, tienen que ser asi, tienen que volver los tiempos de la paz y la tranquilidad, de cuando EL miraba por todos nosotros.

    Eso pedían los que acabo de ver en la tele en la multitudinaria manifa (una más…) plagadita de banderas preconstitucionales, de consignas de odio y rabia contra vosotros, contra mi, contra todo lo que no sea ellos. Van hacia delante sin frenos, ya no esconden nada, ya no se esconden de nada. Con una sonrísa cínica permanentemente puesta salen en los medios a quemar a todo lo que se mueva, a todos los que ellos no muevan. Son la derecha que estaba reclamando la ultraderecha que aun quedaba viva por algún lado. Y es que si no se apagan los rescoldos, el fuego se vuelve a avivar, y estos sinverguenzas están renaciendo de sus cenizas por no haberlos apagado cuando se pudo…

    Y cada día que pasa lo veo más claro, y me entra más desazón y más inquietud, y el convencimiento de que aqui va a pasar algo, que la derecha está cogiendo carrerilla y empuje, y son más los que créen sin pensar (vamos, los de ellos de toda la vida, para que pensar si ya lo hacen por ti, monigote de las…) que los que pensamos y no damos crédito a los telediarios de toooooooodos los días.

    Y me vais perdonar, pero acabo de llegar a casa hasta los huevos y lo primero que veo al sentarme es la puñetera manifa y se me han quitado las ganas de seguir en el sofá.

    Que asco de gente, coño.

    Alapadedió

  • By Nando, 2007-03-02 @ 9.48 pm

    Y aun por encima me salen caritas sonrientes en vez de lo que estaba escribiendo. Hay días que…

    Alapá

  • By ninsesabepuntocom, 2007-03-02 @ 10.10 pm

    Non sei que carallo pasa cos paréntesis ó cerralos, pero xa me fago cargo de que non estás ríndote…

  • By sarampelo, 2007-03-03 @ 4.13 pm

    O problema que temos neste reino unha cantidade de xente que non vé máis aló do que poñe as TV e os programas basura. Así nos vai.
    O gran problema é que moita xuventude está dentro desa cantidade que vive nun claustro sen analizar eses problemas. Me cago no carallo, a xuventude ten que ser revolucionaria, sempre foi.

  • By rifenha, 2007-03-03 @ 5.53 pm

    O cilindro achanda tudo ao seu paso.
    Os meios tem muito poder e hoje, são quem criam opiniões.
    Ainda bem que quedam moços que tem ideia de revolucionar o stablismernt, mas esses não saim nos meios masi que como delinquentes.

  • By Alex Fetcher, 2007-11-01 @ 12.14 pm

    Great site!46e022f01eda6d9263c536439c0fa5a7

Other links to this post

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word

Ninsesabepuntocom is powered by Wordpress | WordPress Themes