“LIBERTAD VIGILADA”
Recordo que aquel día de principios de 1957 (aló van 50 anos) chovera moito en Corme. Cando sentín chamar á porta da escola e vin asomar a cabeza de miña nai soupen que tiña que pasar aljo importante. Miña nai tiña que estar naquel momento atendendo á barbería na Trabe, e meu pai na chatarrería. Calquera, ata un neno inocente e paspallán coma min, tiña que desconfiar por forza.
Don José Manuel falou un momento na porta, e lojo, todo serio, veu xunta de min e díxome sen que apenas puidese ouvílo que saíse un momentiño.
Alí estaban miña nai e meu pai, e uns homes todo traxeados que eu non coñecía de nada. Non viñeran no Plymouth nejro que por aquel tempo tiña meu pai, o coche érame descoñecido , e iso que eu coñecía tódolos coches que había na redonda, mesmo polo ruído. Que ás veces estaba na casa, sentía fora o ruído dun coche e dicía: "Ahí va el camión de Víctor". E non fallaba.
Meu pai abrazoume coas bágoas nos ollos e non recordo ben se me dixo aljunha cousa, pero miña nai si que me falou. Máis serea (miña nai sempre foi máis forte) díxome que meu pai tiña que irse de Ponteceso por un tempo, non sabía canto. Pero que non me preocupara, que só serían uns días. E, sobre todo, que estivese sejuro de que meu pai non fixera nada malo, que non tiña que averjonzarme de nada.
Pasaron moitos anos antes de que meus pais me contaran o que tiña acontecido. E entón souben que ó meu pai levárono para o cárcere, unha vez máis, como consecuencia das súas ideas e por culpa dun funcionario cabrón.
Meu pai sempre fora un home de esquerdas. Cando foi do golpe de estado non dubidou e poñerse de lado da República. Alistouse contra o fascio pero moi pronto caeu preso.
Como tantos outros foi condenado a morte nun Consello de Guerra acusado de "rebelión militar " e ingresou en prisión o día 23 de outubro de 1937. Pero safouse de ser fusilado e logrou que lle conmutaran a pena de morte pola de trinta anos de prisión.
En realidade meu pai non fixo nada para evitalo, porque non pudo, que á forza aforcan. Pero, xa vedes o que son as cousas, tiña un amijo. "Dios dé un amijo aínda que sea no Inferno", sentenciaba sempre Mamá-Lela. E tiña razón, claro.
É certo que o amijo era falanxista, pero resultou ser máis amijo que falanxista. Así que este bo home buscou a maneira de poder axudar ó meu pai. E atopouna, que cando as cousas se buscan con xenio acaba un dando con elas por moi ajochadas que estean.
Remexendo nun sitio e noutro conseguiu falsificar a acta de nacemento de meu pai para así poder demostrar que era menor de idade. E así foi como ese amijo falanxista lle salvou a vida ó meu pai, e jracias a eso eu podo estar agora escribindo esto e vos, se cadra, léndoo.
Lojo viñeron os anos de cárcere en Burgos, en Figueirido... e a pena foi rebaixándose ata cumprir "soamente" sete anos.
Finalmente, un bo día, meu pai foi posto en liberdade. En realidade foi posto en "libertad vigilada". E esa era a condición na que vivía meu pai na Ponte, aquel día que viñeron a verme a media mañá á escola de Corme.
Non había na Ponte outro caso coma o de meu pai, que eu recorde. Os pais de tódolos meus amijos eran, todos e cada un deles, "adicto al Régimen" como figuraba nunhas folliñas que había que presentar para entrar na escola. Estas folliñas penso que viñan cubertas do concello, non sei precisar o dato. Pero si o que recordo moi ben o que dicía a folla miña referida ó meu pai: "Indiferente al Régimen".
¡Indiferente al Régimen meu pai! ¡Manda carallo!
O caso é que a consecuencia práctica de estar en “libertad vigilada” viña a ser que meu pai tiña que presentarse cada quince días (creo recordar) no xulgado da Ponte para dar fe que alí estaba, que non escapara nin nada diso. O funcionario do xulgado, un mal bicho que atendía por Corval, era o encarjado de testemuñar a presenza de meu pai. Pero como se vían tódolos días chejou un momento que lle dixo:
-Carlos, no te preocupes hombre, yo ya te veo por aquí. No hace falta que vengas por el juzgado cada quince días. Ya te aviso yo de vez en cuando y arreglamos.
Debo engadir que, polo que souben despois, á miña nai nunca lle justou nada esa trécola e sempre lle dixo ó ancarés que fose polo xulgado como tiña que ser. Pero a meu pai custáballe moito recoñecer que cando el ía, ela xa viña de volta.
Así que a partir daquela conversa meu pai deixou de acudir periodicamente polo xulgado. Ata que pasou o que tiña que pasar.
Parece ser que o día que o denunciou Corval, estiveran xuntos no bar de Cruz, na Ponte, onde meu pai xojaba a partida de dominó. Sabía moi ben pois, que meu pai non escapara da Ponte, onde estaba casado e tiña xa dous fillos... Pero tiña a disculpa de que meu pai non fora a firmar e decidiu amolalo, non recordo ben agora por que motivo. Que, a fin de contas, era unha venganza persoal.
Corval era falanxista.
Coma o amijo que lle salvou a vida a meu pai e do que non sei nen o nome.
Xa vedes que por encima das ideas están as persoas. E ó marxe daquelas hai tipos miserables e persoas xenerosas e honestas.
Dijo eu.
¿Ou non?
chúzame - 16 Comentarios
Other links to this post
RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI


By a randeeira, 2007-02-21 @ 2.47 pm
Impresionante.
Non sei si liches cando falei do crego de Ribadeo López Galuá http://www.blogoteca.com/arandeeira/inde…), home fanático do réxime que tiña a costume de meterse na cadea do concello para evitar os “paseos” falanxistas de moitos veciños. Eu non vivín a historia, pero téñolle escoitado moitas veces á avoa da miña muller.
By Mar e Lúa, 2007-02-21 @ 3.18 pm
Ti si que tes cousas interesantes que contar, pero o mellor é que sabes contalas… E canta razón levas! Encantoume a historia :) Estaba lendo pegada á pantalla coma unha parva!
Moitísimas gracias outra vez, non sabes como che agradezo o apoio :) Non dis ningunha parvada, creo que de novo levas moita razón.
Unha aperta moi forte!!
By rifenha, 2007-02-21 @ 4.03 pm
Temos muito em comûm.
O meu avô e aos seus companheiros sindicalistas de Cee, foram fuzilados o dia 9 de decembro do 1936 no Campo da Rata.
Comecei a escrever um relato que não sou quem de rematar.
O cura da vila, Não quixo falar no seu favor diante do tribunal, a pesar de que, cada ano, tocavam na novena da Virgem da Junqueira, para lhe dar realce ao coro parroquial.
Mas , como dizia minha avoa, há filhos de muitos pais, de dereitas, de esquerdas e do meio…
By ninsesabepuntocom, 2007-02-21 @ 6.18 pm
Xa está correxido pero cometín un erro imperdoable; a denominación exacta era “libertad vigilada”, como acabo de comprobar…Disculpade.
By xamentendes, 2007-02-21 @ 7.31 pm
Meu santo, aquí está o das correccións:
Según me tiña contado mamá, non foi unha pena de morte a que papá tiña ó lombo. Eran dúas.
É certo que había feixistas de tódalas castes, pero eso eu xa o sabía dende que me enterei un pouco quen foi Dionisio Ridruejo.
Segunda corrección, e moi importante, pois en caso contrario ti, efectivamente non terías escrito esto, i eu non che estaría respondendo: a pena sustitutoria da cadea (que así se chamaba) era efdectivamente de libertade vixiada, con obligación de se presentar tódolos meses no xulgado, e con pena accesoria de desterro a 300 kms. ¿píllala? El veu para Malpica, onde vivía unha irmá do seu pai Pompilio, a tía Teresa, e despois liouse todo e acabou casando coa Roxiña de Corme. E aí estabas tí, en consecuencia, ese día de 1957. E máis teu irmán Pompilio. E MÁIS EU, CARPANTA DO CARALLO, que non preciso que me quiten anos, e tamén estaba; no berce, pero estaba.
Por certo, cando tivo que ir a Ancares para arregla-los papeis na igrexa, tivo que pedir permiso ó Goberno Civil, que lle concedeu un pasaporte para poder ir. O mesmo pasou cando foi con mamá pola primeira vez, a que ela coñecese ós seus sogros: según mamá, a partires de Vega de Espinareda, a viaxe era a lomos de burra.
Outro día falamos daquel outro feixista que tiña o mesmo nome que papá e que andivo tras del para o pasear por todo o Bierzo ¡Suerte que o colleron cruzando cara Asturias…!
By xamentendes, 2007-02-21 @ 7.36 pm
¡Ah! Esquecíame puntualizar que o funcionario fillo de puta chamábase José Corbal Sendón. Eu supoño que o de ti por Corval con “v” é unha lóxica consecuencia das “asociacións grafolóxicas subconscientes”: ¿el acordouche a corvo, non?
By ninsesabepuntocom, 2007-02-21 @ 8.11 pm
Efectivamente, efectivamente, Xamentendes…Tamén estabas ti, que boa lata que dabas, no berce pero estabas, sí señor… Precisamente por eso sejuramente foi que miña nai me mandou para Corme, pois a ela coa barbería, o neniño de 4 anos e o bebé recién chejado xa lle abondaba.
E isa foi, por outro lado, a miña sorte, porque así coñecín o paraíso de Corme, cando Corme era un paraíso.
By Pobreloko, 2007-02-21 @ 10.27 pm
Deuses! e ata agora xa che tiña en grande consideración como blogueiro, a partires de xa estás nun altar, manda carallo como escribes o que escribes…noraboa, de corazón!
By ninsesabepuntocom, 2007-02-22 @ 12.21 am
Gracias a todos polos vosos comentarios. Con xente así, da justo.
Randeeira, xa che deixei un comentario no teu bloge sobre o cura de que falas.
Rifenha, ánimo con esa historia, que ti sabes. Gostariama ler.
Xamentendes, xa te entendo.
Pobreloko, non te pases que eu non podo aprobarte…jejejeje
E, se mo permitides, un saúdo moi especial para MareLúa e moitos ánimos, que dentro de pouco darasnos a todos leccións de periodismo, tou sejuro.
By Natyara, 2007-02-22 @ 1.48 am
Vaia historia..lamentablemente iso sucedia en moitisimas vilas de galicia, en negreira, a vila da miña avoa hai moitas historias que dan medo da época franquista, a verdade, parece unha parte do lapis do carpinteiro…
Un saúdo
By Rifenha, 2007-02-22 @ 5.05 pm
Pois se quere ler, no escunchador”Mar e Terra, relato inacabado”
no apartado de páginas.
Os nomes tão mudados.
Não sou capaz de seguir, de momento.
Algúm dia, pode ser…
By bouzafria, 2007-02-22 @ 5.10 pm
Vaia, esa é a historia do avó dun compañeiro de equipo.
By ninsesabepuntocom, 2007-02-22 @ 5.17 pm
Daquela, bouzafría, ti xogas no Algalia e o teu compañerio chámase César. ¿A que sí?
By Nando, 2007-02-23 @ 10.26 am
Llego tarde (para variar) pero me sumo a los comentarios. La historia me la contó mamá hace años y era como escuchar algo que parece increíble que ocurriera, claro, desde el punto de vista de un crio y 40 años despues. Pero resulta que ocurrían esta y otros cientos de ellas.
Por cierto, mamá contaba la historia diciendo que al tio Carlos lo pusieron con más gente ante un pelotón de fusilamiento y pasó por delante de ellos un militar diciendo “tu si, tu no, tu si…” y que a él le tocó “tu no”, y así se libró. ¿Se confirma este hecho o es un lápsus argumental :)?
Alapadedió
By Prueba, 2007-02-23 @ 12.47 pm
Mensaxe de proba
By marinela, 2007-03-15 @ 7.04 pm
“Pero tiña a disculpa de que meu pai non fora a firmar e decidiu amolalo, non recordo ben agora por que motivo. Que, a fin de contas, era unha venganza persoal.”
pois túa nai dicía q o motivo era q ese tal corbal se puxera de acordo con faldra, o q lles arrendaba a casa na q vivían túa nai e teu pai; pq pensaban q, se el taba na cárcel, ela non iba poder sair adiante nin pagarlle a renta do mes…
pero túa nai tiña clientes de sobras e era ministra de economía!!
esa é a historia como a contaba ela…