9 DE DECEMBRO: DÍA DA CONSTITUCIÓN
Hoxe é, para min, o día da Constitución. Tal día coma hoxe, no ano 1931, o parlamento da República Española aprobou a Constitución máis avanzada da historia de España. Logo chegou a "longa noite de pedra" e, para sair dela, as esquerdas deste país aceptaron unha transición "modélica", en opinión de moita xente, profundamente negativa na miña opinión. Pero ese é outro tema, do que poderemos falar outro día.
Pasaron 75 anos, pero ¿É máis avanzada a Constitución do 1978 que a de 1931? Para min non cabe ningunha dúbida de que a resposta a esta pregunta é negativa.
(Para unha comparación en profundidade, visitade esta páxina.)
Na miña opinión, a Constitución do 31 supón, nos aspectos fundamentais, un salto cara adiante, e a do 78 un retroceso evidente. Xa non digo se situamos a Constitución Republicana no seu tempo, senón mesmo comparándoas sen máis.
- Salto cara adiante é o paso dunha moraquía a unha "república de trabajadores de todas clases", un réxime no que o pobo elixe ó seu Xefe do Estado. Retroceso supón a volta á monaquía, un réxime que elixe ó seu Xefe de Estado en función da xenética.
- Salto cara adiante é o principio de laicidad, moito máis aló da separación de Iglesia e Estado, propugnando a eliminación total da relixión na vida política: España convetiase, daquela sí, nun Estado laico. Retroceso supón a consolidación dos privilexios da Iglesia.
- Salto para diante é un parlamento monocameral. Retroceso, un parlamento bicameral.
En relación ó primeiro punto, prodúceme alborozo escoitar como algúns din que agora a Monarquía vai a ser máis "igualitaria", pois as mulleres poderán tamén ser raiñas... Así, din, non haberá esa discriminación en razón de sexo. Seguirá, eso sí, a discriminación en razón de xenes... E falan en serio, ainda que parecera que estamos de coña...Porque, ¿a min que máis me da que reine un home ou unha muller? En ambos casos é unha inxustiza, un privilexio, un despropósito. Ningún dos casos é un avance, unha igualación de dereitos; calquera das dúas posicións é profundamente retrógrada. Ás veces parecemos parvos.
Con relación ó segundo punto, recordemos o que dicía o artigo 26 da Constitución do 31: Todas las confesiones religiosas serán consideradas como Asociaciones sometidas a una ley especial.
El Estado, las regiones, las provincias y los Municipios, no mantendrán, favorecerán, ni auxiliarán económicamente a las Iglesias, Asociaciones e Instituciones religiosas.
Una ley especial regulará la total extinción, en un plazo máximo de dos años, del presupuesto del Clero.
Quedan disueltas aquellas Órdenes religiosas que estatutariamente impongan, además de los tres votos canónicos, otro especial de obediencia a autoridad distinta de la legítima del Estado.
Sus bienes serán nacionalizados y afectados a fines benéficos y docentes.
Las demás Órdenes religiosas se someterán a una ley especial votada por estas Cortes Constituyentes y ajustada a las siguientes bases:
1ª. Disolución de las que, por sus actividades, constituyan un peligro para la seguridad del Estado.
2ª. Inscripción de las que deban subsistir, en un Registro especial dependientes del Ministerio de Justicia.
3ª. Incapacidad de adquirir y conservar, por sí o por persona interpuesta, más bienes que los que, previa justificación, se destinen a su vivienda o al cumplimiento directo de sus fines privativos.
4ª. Prohibición de ejercer la industria, el comercio o la enseñanza.
5ª. Sumisión a todas las leyes tributarias del país.
6ª. Obligación de rendir anualmente cuentas al Estado de la inversión de sus bienes en relación con los fines de la Asociación.
Los bienes de las Órdenes religiosas podrán ser nacionalizados.
Cada un pode ter a opinión que queira sobre este artigo. A uns pareceralles ben, a outros excesivo, pero unha cousa está clara: España constituiase nun estado laico.
Agora, non. Ainda que se nos trate de "come-lo coco", o artigo 16, punto 3 di textualmente:
Ninguna confesión tendrá carácter estatal. Los poderes públicos tendrán en cuenta las creencias religiosas de la sociedad española y mantendrán las consiguientes relaciones de cooperación con la Iglesia Católica y las demás confesiones.
En canto á primeira frase, a que o poñente redactou para despistar ó personal, só faltaba que se recoñecera negro sobre branco o carácter estatal do catolicismo...
En relación co resto do artigo, dijo eu:
¿Que lle importan ós poderes públicos as crenzas dos ciudadanos?
¿En que sentido as terán en conta? ¿E ós que non creemos en nada, como se nos terá en conta?
¿Por que teñen que cooperar coas diferentes confesións relixiosas e, sobre todo, coa Iglesia Católica?
¿Non quedamos (Artigo 14) en que " Los españoles son iguales ante la ley, sin que pueda prevalecer discriminación alguna por razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión o cualquier otra condición o circunstancia personal o social"?
Si eso ten que ser así, ¿por que o estado ten que manter unhas relacións de cooperación especias con ciudadanos de determinada relixión? ¿Eso non supón discriminación para os españolitos que non profesan esa relixión?
Así pois: A Constitución do 31 propugnaba unha república laica; a de 1978, unha monarquía confesional. Non me confundín, non, sei o que digo: na practica, monarquía confesional-católica. Ou ¿alguén pode explicarme como o Xefe dun Estado que se declara aconfesional realiza tódolos anos, como tal, unha ofrenda ó Apóstolo Santiago? ¿Por que non unha ofrenda a Mahoma, para complacer ós mahometanos españois? ¿Como é posible que se manteña ese acto e se sosteña, ó mesmo tempo, que vivimos nun estado aconfesional (xa non se atreven a chamarlle laico. débelles parecer cousa do demo )?
Eso só por poñer un exemplo: podíamos falar un pouquiño tamén do Convenio Iglesia-Estado, claramente inconstitucional. ¿Para cando a súa derogación? ¿Ata cando o Estado vai contribuir, sustancialmente, o presuposto dunha confesión relixiosa?
En resumen, ¿vivimos nun estado laico, aconfesional ou confesional-católico?
En canto ó terceiro punto, levamos cun Senado que non serve para nada a friolera de 28 anos, e xa vemos o traballo que lles custa eliminalo. Na República, fai 75 anos, non había Senado.
Entenderedes por que é máis importante para min o día 9 de decembro que o 6. E por se fora pouco, tal día coma hoxe naceu Dolores Ibarruri, a Pasionaria, aló polo 1895, e no ano 1925 finou o ferrolán Pablo Iglesias, fundador do PSOE. En fin, un día para recordar.
Aljún día desandaremos o camiño, porque as sociedades evolucionan, e España volverá a ser unha República laica. Non o verán os meus ollos, tal vez nin os meus fillos. Pero ocurrirá, estou sejuro.
Entrementras, ¡Viva a República!
Páxinas de interese relacionadas coa República Española:
- La página de la República Española
- Descarga o credo republicano
- Cristianos por el socialismo
- Ciudadanos por la República
- Ateneo Republicano de Galicia
- Descarga o Himno de Riego
- Memoria Histórica
chuzame -

