LECCIÓNS DE DEMOCRACIA
Ao señor Rouco este conto dos crucifixos parécelle fatal.
E iso que aínda non sabemos ben como vai quedar a proposta que se votou no Parlamento, que nin eles mesmos se poñen de acordo, que xa dixeron que xo e que arre uns e os outros. E non se aclaran nin moito nin pouco.
Que si afectará soamente as escolas públicas, que si tamén ás que non o son (pero cobra de papá Estado coma se o foran), que si a todas, que si a ningunha. Como dicía aquela amiga miña de Bilbao, lo más seguro es que quién sabe...
Pero por si acaso, o señor Rouco apresurouse amablemente a ilustrarnos acerca do correcto funcionamento da democracia, non vaia selo demo que nos desencamiñemos ás primeiras de cambio:
“La democracia funciona con la libertad, no con la imposición; facilitando el que se pueden ejercer los derechos y no limitándolos”
Ante tamaña clarividencia, quen pode dubidar da iluminación do Espíritu Santo, polo menos?
Pero, ¿e logo o Parlamento?, poderíades preguntarlle vos, se cadra.
Pois xa volo digo eu sen axuda do Espíritu Santo nin nada: unha panda de roxos (e algún masón polo medio).
E a o Tribunal de Estrasburgo? , seguirá preguntando algún pesado por aí adiante.
Pois está claro que, ademais de todo iso, os seus sete xuíces son, un detrás do outro, miopes de solemnidade .
Se non fora porque un empeza a estar cheo destas caralladas resultaría mesmo entenrecedor escoitar aos dirixentes da organización máis facha e menos democrática do mundo, esa na que os xefes nomean ao seu antollo aos que posteriormente elixirán aos novos xefes, impartir leccións de democracia sen pestanexar nin mostrar manifestación externa algunha do máis mínimo rubor.
Claro está que porque non coñecen a vergoña.
¿Pero que carallo saberán estes tipos de democracia si na puñetera vida a practicaron?
Dijo eu.
¿Ou non?
¡Última hora!: un reportero de Ninsesabepuntocom infiltrado na Conferencia Episcopal está en condicións de filtrar a proposta que tan digna institución vai presentar ao Presidente do Goberno, en busca da concordia neste asunto (coma en tantos outros).
Vai ti a saber se aceptará ZP.
(Tomado de El chiste de Mel)
Comentarios recentes